O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trembra un neno


Hoxe celebramos o 175 aniversario de nacemento de ROSALÍA DE CASTRO " A poeta nacional".A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e varios concellos galegos súmanse a iniciativa de proclamar o 24 de febreiro como Día de Rosalía.

Abe Rábade o seu grupo e a cantante Gaudi Galego interpretan un verso da poeta contido no seu disco Rosalía 21.
O pé da porta únese a iniciativa e a promoción deste disco.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 24-02-2012 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Joaquín Pintos

Gaiteiros en Combarro.1955 - Joaquín Pintos
Joaquín Pintos (Vigo 1881 - Pontevedra 1967) Fotógrafo pontevedrés, comezou a traballar no ano 1894 como aprendiz de Francisco Zagala e posteriormente nos estudios de Atienza, Carames e Carlos Fuentes. Os dezaoito anos monta o seu propio estudio na rúa Michelena. Participa na Exposición Rexional de Santiago en 1909 cunha reportaxe sobre un hotel- balneario do que se editaron postais. Máis tarde faría outras de temática variada. Pintos era un home participativo na sociedade pontevedresa, gustaba da música e do deporte. Participou nas revistas ilustradas ?Galicia Moderna? e ? Vida Gallega? e traballa en varias publicacións como corresponsal dos principais eventos sociais da provincia. Coa obra ?Gitana? acadou a medalla de ouro no Primeiro Salón Internacional de Fotografía celebrado en Madrid no ano 1921. Tamén foi premiado por un traballo de fotos sobre o libro Aires da Miña Terra de Curros Enriquez. En 1929 as súas fotos participan en Bos Aires xunto coas de Luís Ksado nunha mostra de pintura galega
Pintos foi un retratista formidable de mulleres, sendo a súa máis grande especialidade pero tamén retratou a Castelao, Quiroga, Montero Rios etc. Pintos fotografía a visita da raíña María Cristina e o seu fillo Alfonso XIII a Marín, a do Rei en 1927. a do presidente Alcalá Zamora, etc... Da época da Guerra Civil fotografía desfiles, mitins, orfos e enterros e fai reportaxes sobre as minas de wolfran de Silleda ou dos frades mercedarios do concento de Poio, as inundacións de Padrón e diversos aspectos costumistas do rural e do mar de importantísimo valor etnográfico.
No 1949 nun concurso da revista madrileña ? Sombras?, Joaquín Pintos e considerado o mellor fotografo de España. Xubilouse en 1965, e foi mestre do excelente fotógrafo José Veiga Roel.
Comentarios (1) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 22-02-2012 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Ridículo

No restaurante unha flor para agasallar ao amor, logo paseando a sobremesa por prazas e rúas decoradas con cartóns corazóns facían da vila de Caminha a lembranza mercantilista do San Valentín. Baixo a Torre do Reloxo, unha rapaza convídame a escribir algún verso de amor nun cartón vermello, eu escéptico e ridículo, mentres ela bota man dun libro da mesa de exposición da que é responsable, e le non sen antes presentar ao poeta. - Vou ler un poema de Fernando Pessoa ? di.
Tódalas cartas de amor son
ridículas.
Non serían cartas de amor si non fosen
ridículas.
Tamén escribín nun tempo cartas de amor,
como as demais,
ridículas.
As cartas de amor, si hai amor,
teñen que ser
ridículas.
Mais, ao fin e ao cabo,
só as criaturas que nunca escribiron
cartas de amor
si que son
ridículas.
Quen me dira no tempo en que escribía
sen darme conta
cartas de amor
ridículas.
A verdade é que hoxe meus recordos
de esas cartas de amor
si que son
ridículos.
(Tódalas palabras esdrúxulas,
como os sentimentos esdrúxulos,
son naturalmente
ridículas).





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Expo 1929



A Exposición Iberoamericana de Sevilla no 1929 tiña como obxectivo a modernización de cidade, promover a reforma urbanística, promocionar o turismo e impulsar a mellorar as relacións cos países americanos. No Pavillón de Galiza había proxeccións cinematográficas, fotografías, folletos e carteis para dar coñecer monumentos e paisaxes co fin de promover o turismo. O director artístico foi o pintor Francisco LLorens que encarga a dezaseis artistas outros tantos carteis, dos que só se conservan dez en distintas Deputacións e Museos galegos. Tratase dun conxunto de temperas sobre papel de 125 cm x 100 cm cunha imaxe a cor co nome dun pobo ou cidade galega. Libremente cada quen escolleu o seu, así, Camilo Díaz Baliño fixo o do Cebreiro, Carlos Maside o de Vigo, Suárez Couto o de Mondoñedo, Martín Echegarai o de Baiona, Carlos Sobrino o de Pontevedra, Arturo Souto o de Betanzos, Francisco LLorens o de A Coruña e Federico Ribas o de Combarro. A importancia destes carteis radica no reto que supuxo para os artistas, xa que por primeira vez os nosos monumentos ían ser vistos por milleiros de persoas máis aló das nosas fronteiras. Era a primeira vez que Galiza promocionabase turísticamente. Sobre o autor do cartel que nos ocupa dicir que Federico Ribas Montenegro naceu en Bouzas, Vigo no 1890. Foi un dos máis importantes artistas gráficos e publicistas do panorama galego e español. Viviu en Bos Aires e posteriormente en París onde se dedicou o debuxo e a decoración traballando para distintas revistas . Cando a 1ª Guerra Mundial trasladase a Madrid onde colabora coas grandes revistas da época. Seus anuncios e carteis para as campañas publicitarias da industria de perfumería Gal, realizados a partires de 1916, sentaron las bases de la publicidade española. Tamén o contratan importantes editoriais como portadista de libros. En 1929 é director de unha grande empresa de publicidade. Durante a Guerra Civil exiliase en Bos Aires colaborando co grupo de Luís Seoane. Volve a España no ano 1949 e vive en Madrid, viaxa as veces a Galiza e pinta acuarelas co mar como tema, colabora con Faro de Vigo e coa revista Vida Gallega ata a súa morte en 1952.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-02-2012 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0