O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Páxina 119



Só facendo uso dunha páxina do seu libro A viagem do Elefante, José Saramago, escribe este impresionante relato sobre a vaca galega.

Esta, si, foron doce días e doce noites nuns montes da Galiza, con frío, e choiva, e xeo, e lama, e pedras como navallas, e mato como uñas, e breves intervalos de descanso, e máis combates e ataques, e ouveos, e muxidos, a historia dunha vaca que se perdeu nos campos coa súa cría de leite, e veuse rodeada de lobos durante doce días e doce noites, e foi obrigada a defenderse e a defender o fillo, nunha longuísima batalla, a agonía de vivir no limiar da morte, un circulo de dentes, de fauces abertas, as arremetidas bruscas, as cornadas que non podían faltar, de ter que loitar por se mesma e por un animaliño que aínda non se podía valer, e tamén esos momentos en que o terneiro procuraba as tetas da nai, e mamaba lentamente, mentres os lobos achegábanse,có espiñazo tenso e as orellas aguzadas. Subhro respirou fondo e proseguiu.
O fin dos doce días a vaca foi atopada salva, máis o terneiro, e foron levados con triunfo para a aldea, nembargantes o conto non remata aquí, a cousa seguiu dous días máis, ó fin dos cales, porque se convirteu en vaca brava, porque aprendeu a defenderse, porque ninguén podía dominala ou aproximarselle, a vaca foi morta, matárona, non os lobos os que vencera durante doce días , senón os mesmos homes que a salvaran, talvez o propio dono, incapaz de comprender que, aprendendo a loitar, aquel antes conformado e pacífico animal non podería deterse nunca máis.


- 119 -
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0