O 19 de novembro de 2002,fai xa 15 anos, afundía o petroleiro "Prestige" despois de estar desprazándose polas nosas costas durante seis días vertendo 80.000 toneladas de petróleo. Evidenciada a pésima xestión que os responsables políticos do momento tiveron desta catástrofe, materialízase nunha marea negra que afectou a 300 Km das nosas costas con unha repercusión medio-ambiental e económica sen precedentes.
A empresa Hijos de Rivera realiza unha campaña publicitaria de promoción turística a través de postais, que distribuídas coa compra dos seus produtos, servirían para enviar a familiares e amigos residentes fora de Galicia, coa intención de facelos partícipes de un sorteo consistente en 1000 estancias durante un fin de semana en Galicia. A campaña chamouse " Galicia con vida",estas son algunhas das postais da mesma.