A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Jaime,Jesús,José,Juan |
|
 Rapaces xogando no peirao de Combarro.ca 1931. A foto é de J. Castro, fotógrafo afeccionado de Lugo, colaborador de Jaime Solá en Vida Gallega.
"Vida Gallega"
Foi unha revista fundada en Vigo en 1909 por Jaime Solá Mestre ( Vigo 1874-1940 ), onde apareceron fotografados os máis importante acontecementos sociais, culturais e políticos de Galicia e da comunidade emigrante galega. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números. Tivo unha segunda época de 1954 a 1963.
Durante a longa existencia de Vida Gallega, foron moitos os fotógrafos que publicaron imaxes na revista, a destacar, tanto pola súa permanencia como pola súa calidade, Chigarro, Ksado ( Compostela );José Pacheco (Ourense); Jaime Pacheco, Gil, LLanos, Irmáns Sarabia (Vigo); Barreiro, Pintos (Pontevedra); Sellier,Ferrer,Cancelo Blanco (A Coruña);Caamaño(Muxía); Pernas (Mondoñedo) etc...
Mais en "Vida Gallega" colaboraron máis de douscentos fotógrafos afeccionados polo que a documentación das imaxes é as veces dubidosa; o nome do autor moitas das veces só é sinalado coas iniciais, coincincidencias dos apelidos e distancias non concordantes entre as imaxes e o lugar onde traballaban, son algunhas das dificultades que se atopan a hora de documentar unha imaxe.
|
|
|
|
Yo amo a Galicia como el que más |
|
 ?Yo amo a Galicia como el que más? Velaquí o tópico o clixé, a frase estereotipada conque tódolos malos galegos queren disimular a súa falla de conciencia patriótica.
Cando un señor calquera ceiba estas verbas hipócritas: ?Yo amo a Galicia como el que más? é seguro que, de palabra, de pensamento ou de obra, vai cometer unha traizón contra da súa Terra.
As verbas ?Yo amo a Galicia como el que más? denuncian ao verdadeiro galeguista, a presencia indubidable dun inimigo de Galicia.
Agora coma sempre, pero máis neste instante álxido e cheo de perigo, está aberta a loita entre nós e os ? aman a Galicia como el que más?
O centralismo ten o preito perdido en Cataluña e máis en Vasconia, pode que o perda tamén en Andalucía. Non pode por menos de acugular todo o seu esforzo en Galiza, única esperanza que xa lle queda. Para vergoña nosa,aínda pode contar aquí o centralismo con fundadas esperanzas: conta con un só home, cos que "aman a Galicia como el que más" . A loita está aberta; se triunfamos nós, a verdade farase patente e os que " aman a Galicia como el que más"ficarán expostos a eternal vergoña. Se triunfan eles, como pode acontecer, nós teremos a conciencia do deber cumprido, e eles, os hipócritas, os descastados, seguirán amando a unha Galiza probe,humildosa, esquecida, sen liberdade, sen dignidade, sen prosperidade.
Galiza morrerá para sempre afogada polos que " aman a Galicia como el que más"
VICENTE RISCO
|
|
|
|
A Rúa 1948 |
|
 Entre os fotografos profesionais da postguerra española que captaron o tipismo das casas, hórreos, embarcacións e rúas de Combarro para espallar a súa importancia como conxunto etnográfico foi Juan Pando.
Juan Miguel Pando Barrero (Madrid 1915-1992) foi un fotógrafo español que iniciou unha nova forma de reporterismo de guerra. Discípulo de Mariano Moreno, coñecido fotógrafo madrileño, foi contratado pola axencia Associated Press, para a que traballou en exclusiva, realizando magníficas fotografías durante a Guerra Civil, que foron publicadas no ABC de Madrid y nos xornais Ahora e La Voz.
Terminada a guerra, Pando fundou una axencia gráfica que levou o seu nome, na que encontraron traballo algúns profesionais da prensa perseguidos nesa época. Ao concluír a II Guerra Mundial, volveu Pando a súa traxectoria artística, que ampliou coa industrial e publicitaria. En vida foi máis coñecido pola súa labor como fotógrafo de arquitectura, arte e industria que pola extraordinaria labor etnográfica, monumentalista y paisaxística.
Pando no publicou ningún libro y só montou unha gran exposición: «Fotografía, Luz y Vida», en 1968. Seu arquivo, ampliado cos traballos do seu fillo, foi adquirido polo Estado en 2003 consérvase no Instituto do Patrimonio Cultural de España, no Árquivo Pando, con sede en Madrid e constitúe unha dos principais testemuñas gráficas de España entre 1936 e 1993; e de Marrocos entre 1949 e 1977. Juan Pando estivo en Galicia no ano 1948.
|
|
|
|
|
|