A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Combarro no arquivo Pacheco |
|

O Arquivo Fotográfico Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos sobre a cidade de Vigo en particular e sobre Galicia en xeral de titularidade pública. Consta de placas de cristal, negativos, positivos e outros materiais en diverso formato ata un total de 100.000 imaxes entre os anos 1900 e 1970. A autoría das fotografías corresponden a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia. A adquisición prodúcese por contrato de compra aos herdeiros dos fotógrafos, en maio de 1991.
Na imaxe gif, unha serie de 6 fotos entre os anos 1930 e 1961 pertencentes o arquivo fotográfico do diario ABC ( levan marca de auga ) e 1 da praza da fonte datada en 1925 que é copia dun cromo.
|
|
|
|
Salteamos na sartaña. Receitas de outono. |
|
 Variado de setas con mazá sobre leito de masa filo.
Salteamos na sartaña as setas despois de limpas e media mazá cortada en anacos, en metade de aceite e manteiga, nesta ocasión utilicei lepiota procera, cantharelus cibarius, lactarius deliciosus e lacaria amatista. Salgamos.
Enfornamos un molde con pasta filo, e cando comeza a coller color a pasta, engadimos un ovo batido o revolto e extendémolo no molde ata acabar a cocción. Agradábel é o padal o crocante da pasta misturado co revolto.
Tartaletas de boletos e langostinos.
Salteamos na sartaña os boletos e os langostinos con manteiga e sal ata que estean ao punto. Retiramos e deixamos arrefriar. Misturamos cun ovo e batemos ata conseguir unha masa uniforme.
Estiramos a masa follada previa desconxelación e cortamos en círculos para adaptalos ao molde das tartaletas. Enfornamos, a media cocción, reenchemos coa masa. Deseixamos ata que adquiran unha cor tostada. Pódese xantar frío ou preferiblemente quente. Para esta receita podemos utilizar os boletos que pola súa textura sexan menos agradábeles ao padal, como por exemplo, os boletos baios.
Tostas de níscalos, arenques e queixo de Palo Santo.
Salteamos na sartaña os níscalos para sacarlle o auga e retirámolos; na mesma sartaña botamos media culler de aceite e quentamos os arenques ( mal chamados, xa que son xoubas salgadas e os arenques son outra especie de peixe). Limpamos os arenques das escamas e espiña. Na hora de comer, misturamos níscalos, arenques e queixo na sartaña ata que se funda o queixo , presentando sobre unha rebanda de pan previamente tostado.
|
|
|
|
Coral de Ruada |
|
 Xabier Prado Rodríguez ?Lameiro?, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla reúnense nunha casa da avenida de Zamora, propiedade deste último e chamada ?Villa Joaquina?, para fundar o CORO DE RUADA. Era o 5 de outubro de 1918.
|
|
|
|
|
|