O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

13 de Novembro

Hoxe, 13 de Novembro, sopra o vento en Galiza, como o mesmo día de fai xa sete anos, atemorizado amosase na miña mente o desenrolo e consecuencia da catástrofe. Aínda me dura o duelo, que se faría máis doado, si tivera o convencemento de que existen medidas preventivas activadas para evitar, patexando de novo e berrando ! sempre, nunca, nunca máis!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Unha casa portuguesa

A cervexa tal cal un iceberg perdido no mar do Caribe estimulaba agradablemente as nosas gorxas nun día soleado outonal. Na praza a sombrilla do bar facía a función de perfecta aliada da antiga e popular bebida.Falabamos dela. O xantar, foi no típico Cortiço, presunto e queixo do pastor, chouriza con morcilla frita na sartén, bacalhau podre empodrecido na adega e pato asado. Ela deixouse entrever no marxen dunha pintura que prendía, da parede dun dos rincons do comedor, probemente enmarcada, carecía a primeira vista de interese artístico, o cadro, formaba parte da decoración do local que xunto con todo tipo de recortados papeis, abundando as servilletas, onde a modo de posit en paredes e teitos, os comensales dan manga solta as súas ideas agudizadas ou entorpecidas polo xerro do viño do Dao, como si de unha sobremesa literaria se tratase para escribentes, nobeles ou non, coa seguridade da súa publicación inmediata.
Ela é de tres andares e baixo, cada un deles diferente pero seguindo a mesma harmonía arquitectónica balcón de ferro a todo ancho con motivos sinxelos a modo de oito e porta central de acceso o mesmo con ventas laterais a ámbolos dous lados de cristais cuadriculados sobre madeira pintada de branco, destacando ademais na fachada azulexos con motivos de cor azul. O meu relato non quedou en Viseu, continuou pola Serra da Estrela que antes de atravesar de este a oeste detivémonos de obriga en Belmonte, pobo natal de Pedro Alvares Cabral, descubridor do Brasil no 1500, pobo con castelo, sinagoga e rabino con unha comunidade importante de xudeus que labraron a súa historia no pobo dende o S.XIII, comunidade que foi secreta durante séculos e que hoxe legal seguen as normas do Torá. En Belmonte viviu dende 1939 a 1940, segundo el o ano máis desgraciado da súa vida, o poeta e cantante José Afonso, home de corazón nobre con unha sensibilidade humana e visión social do seu pais sobre todo, pero tamén de Africa e do resto do mundo, home a quen eu admiro e a quen lle adico este relato, rematándoo cuns dos seus versos.


Amigo
Maior que o pensamento
Por essa estrada amigo vem
Não percas tempo que o vento
É meu amigo também

Em terras
Em todas as fronteiras
Seja benvindo quem vier por bem
Se alguém houver que não queira
Trá-lo contigo também

Aqueles
Aqueles que ficaram
(Em toda a parte todo o mundo tem)
Em sonhos me visitaram
Traz outro amigo também
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0