A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Historia dunha fotografía.Virxilio Vieitez (Forcarei 1930 - 2008) |
|
 A nai encarga un retrato a Virxilio para enviarlle o seu fillo emigrado en América, confirmando así o recibo do agasallo deste, a radio, a vez que lle expresa a soidade e que o bota en falla. O fotógrafo ordea muller pasar o brazo polo respaldo da cadeira a modo de abrazo, creando unha simbioses radio-fillo. A maxia acaba de ser creada.
Esta foto despertou en Keta, a súa filla menor,o interese polo arquivo de seu pai e intentou sen éxito que as institucións se interesaran por unha exposición para dar a coñecer a obra de Virxilio. Aínda así, Keta ampliou un centenar de fotografías para realizar unha exposición comarcal en Soutelo de Montes,de onde é oriúndo Virxilio, anunciándoa con carteis suxeitos os postes da luz da estrada. Foi a casualidade que Manuel Sendón do Centro de Estudios Fotográficos de Vigo se detivera diante dun dese carteis. A maxia acaba de ser descuberta.
Manuel Sedón xunto con Xosé Luís Suárez Canal foron os que demostraron verdadeiro interese pola obra de Virxilio Vieitez integrándoa na VIII edición da Foto-bienal en Vigo no 1998. A maxia comezaría a ser coñecida internacionalmente.
Virxilio foi un retratista rural, nunca se considerou un artista. Era un fotógrafo por encargo, non facía serie de fotografías, senón que retrataba aquelo que lle ían a pagar, engrosando un arquivo na súa totalidade.
Nos anos 60 e 70, nas vilas e pobos de Galicia, traballaban como fotógrafos homes da mesma condición que Virxilio. Son exemplos próximos: Alfonso "O escaravello" de Dorrón, Florentino de Combarro, Manolo Estevez de Raxó, Gerardo e Olimpio de Sanxenxo. Cos dous primeiros tiven a inquedanza de preguntarlle antes de que falecesen polos seus vellos clixés. Non os conservaron. Aínda que nunca se dedicou a fotografia por encargo, non podo deixar de mencionar a Francisco Vidal veciño de Combarro, autentico impulsor do audiovisual e autor dun arquivo fotográfico da zona da máxima importancia.
|
|
|
|
|
|