O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Indignado

Unha bonita foto para outro desastre natural máis. Hoxe Combarro amañecía así. Os veciños de Fragamoreira, Liñares, O Muíño e todos nós perdiamos espazo natural do que estamos tan necesitados. Quero pensar que non haberá intereses financeiros, senón a indignación non tería fin. A estas horas aínda persiste o lume. ¿ e mañá ?
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2011 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Micetismos



Descripción dos síndromes e imaxes das principais setas tóxicas con música inspirada en micoloxía do compositor Dirk Brossé



Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 05-10-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Bricks de Cantharellus Cibarius e langostinos

Limpamos os cantharellus e os langostinos coma sempre. Aproveitamos as cabezas dos langostinos para facer o fondo onde guisaremos as setas. Para o fondo ou fumet poremos 2 culleres de aceite de oliva nunha tarteira e engadimos as cabezas de langostinos machacadas, medio porro, media cebola e dous dentes de allo; refogamos todo, engadimos uns 50 ml de auga, deixamos reducir a lume lento. Colamos e reservamos. Os langostinos fritímolos un pouco enteiros e cortámolos transversalmente. Necesitaremos tres medios langostinos para cada brik. Reservamos.
No fondo que tiñamos reservado guisamos os cantharellus, deixando consumir a auga, atendendo de que non collan unha textura moi branda, neste momento, retiramos un pouco do caldo e misturámolo con maicena e engadímolo ó guiso co obxectivo de espesar un pouco a salsa. Preparamos coa pasta filo os paquetiños ou briks cos cantharelus e tres medios langostinos e poñémolos no forno prequentado a 180º durante 10 minutos. De veras, un pouco de traballo pero moi saboroso.
Comentarios (1) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 03-10-2011 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0