O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nosa Señora
.
En agosto de 1925 Ruth Matilda Anderson e o seu pai parten da Galiza cara os Estados Unidos con 5000 fotos propias e 2800 máis adquiridas a considerados fotógrafos da época. Para ampliar o arquivo fotográfico encargado pola Hispanic Society of America, onde traballa, volta a Galiza en decembro de 1925, esta vez acompañada de Frances Spalding, que será a súa compañeira de labores fotográficas ata maio de 1926, data na que retornan os Estados Unidos con 2300 fotos novas con motivos de xentes, lugares e costumes da Galiza daqueles anos. É nesta etapa na que se detén en Raxó e realiza dúas fotos, supostamente o 21 de febreiro de 1926.
No ano 1939 publícase en Nova York o libro Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña cunha selección de 682 fotos produto daquel traballo.
A Fundación Caixa Galicia esta a facer unha expoción itinerante na Coruña, Vigo e Ferrol chamada ? Ruth Matilda Anderson.Unha mirada de antano? con fotos inéditas procedentes do arquivo neoiorquino da investigadora, ademais da edición dun libro co mesmo nome, documento biográfico da mesma e ilustrativo da súa obra.
Copio literalmente o apéndice da páxina 427 do libro fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia:
Raxó ? Pontevedra
5927. Escena industrial nunha tarde de domingo de labor de investigación etnolóxica. Deixabamos o coche na estrada mentres subiamos un outeiro onde tiramos as dúas fotografías. No camiño de volta vimos que Nosa Señora se convertera no centro dun activo interese por parte dunha multitude de nenos, mozos, mozas, vacas e ovellas. Desde esta distancia e difícil xulgar quen é o investigador e quen é o investigado, xa que ambos lados observaban e cuestionaban.
É unha lastima que esta foto non este incluida na selección do libro, certo é nesta ocasión que unha imaxe vale máis que mil palabras.
Ese mesmo día, domingo 21 de febreiro de 1926, Ruth retratou a un home que leva na man unha pequena rede cun polbo ( foto seleccionada no libro. Escena 5928 ) e os datos ubican a foto nun lugar de Pontevedra con interrogación, que ben podería ser Raxó.
Fai noventa anos sería coma se hoxe unha nave espacial aterrara na estrada diante da Central e dela saíran dous humanoides cuns instrumental nunca visto e se dirixiran subindo os outeiriños a ollar como os barcos descargan peixe na fabrica de salgadura ou como os mariñeiros están a tirar das artes dende a praia.
Nuestra Señora, abreviatura de Nuestra Señora de la Santisima Concepción é o coche de segunda man co chasis dun Ford e a bateria dun Chevrolier reformado e adaptado para transportar con comodidade o material de traballo de Ruth e Frances.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2010 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0