O sen nome ou Led Zeppelin IV, na súa versión USA, agasalloumo Cristina nun dos vrans que pasou en Galiza. Escaleira o ceo voltou este ano a ser ouro,o tema, foi escollido para a coreografia do equipo feminino español de natación sincronizada pra gañar o campionato do mundo. En boahora, o kasachov morreu, viva escaleira o ceo.
Metro e medio a dereita ou metro e medio a esquerda ilumínao unha luz de pila, pero dende a terra o ceo, só o sol e a lúa teñen esa competencia. Cleóbulo, un dos sete sabios de Grecia (os7sabios) que gobernou Lindos, na illa de Rodas, ala polo ano 600 a de C, defendía o aforismo que dicía ?aceptar a inxustiza non é unha virtude senón todo o contrario?. A maldade como concepto que vai en contra do xusto, forma dualidade co ben e ámbolos dous están integrados no ente do ser humano, polo que a desobediencia a unha lei inxusta que permite un beneficio a un cidadán a costas da perda de outro, escurecería o delito e converteríase nun premio para a espiritualidade, entendida como realización humana. Refraneando, non hai mal que por ben non veña, fai pensar nas oscilacións que o ser humano sufre durante a súa cíclica vida pero tamén en sentido relixioso pode ser entendido como un desafogo ante o mal. A Cleóbulo tamén se lle atribúe a máxima ? A moderación é o mellor ? pero claro, iso foi fai dous mil seiscentos anos, hoxe que o sabemos todo, prevalecen varias que serven de ensinanza para perpetuar a ignorancia,?! Que pasa Nen?.Que che pego leite?que se senten cona?e iso doe?? tremenme as pernas?.¿quen me pon a perna enriba para que non erga cabeza??.e outras. Eu sigo.