O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Federico Rivas



Federico Rivas en O pé da porta, a propósito de Combarro http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=109283
Expo 1929
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2019 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
"diolosdeixeir"

Fabiola saudando dende o peirao de Raxó
16 agosto 1961. Foto Rafa


Os reis de Bélxica, Balduino, que ía para cura e Fabiola que soñaba con ser a monxa máis rica dun convento de clausura, casaran en decembro do ano 1960 sen o mundo coñecer o seu noivado, Franco o ditador, dende O Pardo, déralles a bendición. Chegaron a Compostela o 11 de agosto do ano despois, hospedándose no Palacio de San Lorenzo, onde o primeiro que fixeron foi rezar na capela do mesmo. Continuaron ao día seguinte rezando no Mosteiro de Poio, viaxe que fixeran en coche dende A Toxa para escoitar a Salve Sabatina, seica se detiveron na praia de Areas para adaptarse ao horario da Salve, quizais rezaron. O 13 despois de rezar na celebración da misa na capela, desprazáronse a Portonovo onde embarcaron en iates acompañados dos condes de Saltés, tamén católicos, navegaron pola Ría entre Areas e as Ons pescando e rezando. Visitan a Catedral, rezan.
O 16 despois de orar na capela, Balduino viaxa en coche ata Moaña, embarca no iate "Pinzón", propiedade de Adolfo de la Peña xunto co Conde de Saltés, Marqués de Salinas e outros familiares, todos católicos, apostólicos e romanos, rumbo a praia de Liméns na ría de Vigo; síguenos de cerca o tamén veleiro "Santa Isabel" de Luís Roquefort e o "María Reyes" .Despois de xantar e rezar, embarcan todos no "Santa Isabel" dende onde se entreteñen co curricán que lles reporta varias pezas de robalo da Ría de Pontevedra. Desembarcan a última hora da tarde no peirao de Raxó, onde os esperaba a raína Fabiola e outros familiares, así como Luis Rocafort Martínez, Hermida Vidal e Adolfo de la Peña de Andrés Moreno, oradores todos. Momento este que recolle a foto de Rafa que ilustra esta crónica. A última hora da tarde trasládanse en coche de volta a Santiago. Acoden á Catedral, rezan. Visitan Salvora e tamén Ribeira. O 17 Balduino, despois de rezar, practíca esquí pola Ría, visita O Grove, el e os seus navegan ata Vilagarcía onde alí lle esperaba Fabiola para xuntos facerlle unha visita aos Duques de Torres, tamén católicos.
Volverían a Sanxenxo o día 19 e 20, navegando polos arredores de Marín, Tambo e Ons , onde presenciaron as competicións de motonáutica organizada polo Club Náutico de Sanxenxo e tamén o seguinte 21 onde Siorty saca unha reportaxe fotográfica que sería publicada ao día seguinte no xornal "El Pueblo Gallego"con texto de Manuel Tourón. O día 22 abandonan Galicia, non sen antes rezar, con destino a Zarauz onde ían pasar uns días, facendo unha parada de camiño en León para rezar. "diolosdeixeir"

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2019 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0