Praza da Fonte.Combarro.1964
Tarxeta Postal.Edicións Arribas. Zaragoza
Edicións Arribas foi fundada por Manuel Arribas Andrés nun local da rúa Torre Nueva en Zaragoza no ano 1905 e converteuse nunha das editoriais máis importantes do primeiro cuarto do século XX. Manuel Arribas foi reporteiro gráfico na guerra de África e a partires de 1930 adicouse a contratación de fotógrafos para realizar reportaxes sobre as posesións españolas en África.
Ao regreso da guerra comezou a fotografar vistas de Aragón e editou tarxetas doutras poboacións, ademais de reimprimir fotografías doutros editores.
Arribas tiña un perfecto modelo de negocio co que logrou obter unha gran cantidade de material gráfico que posteriormente usaba para a edición de tarxetas postais. Este modelo consistía en poñerse en contacto cos fotógrafos máis representativos de cada cidade que visitaba e mercarlle negativos que xa tiveran feitos, encargándolle novas tomas de novos lugares.
Zaragoza, trala Guerra Civil, converteuse na cidade base para a edición de tarxetas postais grazas a editores como García Garrabella e Edicións Arribas que por aquelas datas era dirixida polo fillo de Manuel, Mariano Arribas Fuentes, quen continuou co negocio familiar, posteriormente faríao o seu neto José Luis Arribas Castillo. En 1992 saíu a venda a editorial e o seu fondo, composto por máis de 50 000 negativos, que foi adquirido por distintas institucións culturais.
Postal Color CYP Faenas de pesca no peirao. Anos 50.
Antonio Campañá i Brándanas (Arabices, 1906 - Barcelona, 1989) iníciase na fotografía con tan só dezaseis anos, e pronto anuncia a venda dos seus traballos a catro pesetas media ducia de positivados e doce a seis pesetas. Influído especialmente por Claudi Carbonell (Barcelona, 1891-1970) desarrolla o pictorialismo e perfecciona a técnica do bromóleo. Vinculado ao mundo do xornalismo traballou para El Día Gráfico, Vida Deportiva, Dicen,( do que foi co-fundador en 1950) ou La Vanguardia, onde colaborou como fotógrafo durante máis de corenta anos, primeiramente como reporteiro gráfico no bando republicano da Guerra Civil na que plasmou escenas importantísimas da contenda e posteriormente dedicouse ao reportaxe de carácter técnico e histórico.
Foi membro da Agrupación Fotográfica de Catalunya desde 1928. En 1939 figura en el «The American Annual of Photography» como un dos fotógrafos máis prolíficos do ano.Foi fotógrafo oficial de SEAT (Sociedade Española de Automóbiles de Turismo) dende 1950.
En canto a Joan Puig Ferrán, ( Bellanes,Lleida 1904 - Barcelona 1982) Aos vinte anos comezou a publicar en El País así como a colaborar con outros xornais da época, nacionais e internacionais. Realizou reportaxes fotográficos para a Exposición Internacional de 1929 e traballou no campo da fotografía documental. En 1934 fundou a axencia Garfinform para o intercambio de material gráfico con axencias estranxeiras. Como reporteiro durante a Guerra Civil, publicou traballos nos suplementos gráficos de La Vanguardia e a partir de 1945 comezou a traballar en exclusiva a fotografía industrial. En 1952 asóciase con Antoni Campañá e Joan Trouchot para editar tarxetas postais turísticas. A empresa chamábase Postales Color CYP.
A mediados dos anos 70 os dous amigos e socios deciden dividir o negocio, de tal forma que os fillos de Campañá continúan coa edición de postais da zona dos Perineos, a costa levantina, dende Barcelona ata o sur da provincia de Alicante, as Canarias e a illa de Ibiza; pola súa parte, o fillo de Joan Puig, Andrés Puig Vicente, centrase na edición de postais de Barcelona, a Costa Brava e a illa de Menorca.
Edicións A. Campañá continúa en mans de Margarita Campañá, filla de Antonio Campañá dedicándose á edición de postais e libros no número 28 da rúa Alcalde de Móstoles, Barcelona. A empresa da familia Puig en 1986 xunto a Miguel Abadías e Miguel Fuster se convértese en PIC (Postales Internacional Color), en 1992 Abadías e Fuster mércanlle a súa parte a Andrés Puig e continúan coa edición de tarxetas postais.