O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Flipper o golfiño

Dentro da sección do blog adicada aos máis pequenos, Flipper o golfiño e un agasallo de Reis cunha dobre intencionalidade por unha banda dar a coñecer a realidade dunha serie televisa baseada na catividade de animais, neste caso de arroaces, e pola outra por de manifesto a actividade de organizacións ,como CEMMA, que se contrapoñen a esta actividade.





Flipper foi unha serie para TV estreada en USA en 1964 e que foi emitida pola TVE catro anos máis tarde. Os rapaces ollabamos a película semanalmente e quedabamos abraiados da intelixencia do cetáceo. As aventuras do arroaz desenvolvianse nun parque one vivía a familia de Porter Ricks da que formaban parte Sandy e Bud, os seus fillos, que mantiñan con Flipper unha relación mascota salvaxe co obxectivo de defender o parque de intrusos con malas intencións. Na realidade, Flipper non era un só arroaz senón cinco arroaces femias capturados e entrenados por Richard O´Barry na catividade do Seaquarium de Miami exclusivamente para a filmación das diferentes escenas dos capítulos da serie. Actualmente O´Barry é un activista anticatividade e traballa para o grupo francés de protección animal "One Voice".





A Ría de Pontevedra e a de Arousa contan coa segunda poboación de arroaces máis abundante de Europa. Esta especie sofre as ameazas das actividades humanas: Captura accidental en faenas pesqueiras. A caza nalgunhas partes do mundo. A captura para exhición en espectaculos.Contaminación química e acústica. Destrución do hábitat. Sobrepesca. Acoso e persecución por embarcacións de recreo. Impacto da navegación.
Debense eliminar ou minimizar estas ameazas para garantir a continuidade da especie. CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños ) impulsa un proxecto para a conservación das especies de cetáceos coa colaboración de entidades ambientales como : AMBAR, CEMMA, CEPESMA, e EIBE. Podes visitar a súa páxina web en: http://www.cemma.org/



Video realizado por Miguel dende a súa embarcación e cedido desinteresadamente como complemento deste post.


É unha marabilla da natureza poder seguir observando cada verán estes peixes nas nosas Rías. Os gobernos e as institucións coas normativas correspondentes e nós mesmos conscientes de que os arroaces non están moi lonxe, no que a mente se refire, da escala evolutiva do ser humano; debemos coidar o hábitat sen perturbalo para que os nosos descendentes sigan a gozar da beleza deste espectáculo mariño en liberdade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2014 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0