O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro 1909
Comentario que sobre Combarro fai Anette M.B Meakin no libro Galicia, The Switzerland of Spain, editado en Londres no ano 1909.

A uns dous quilómetros de Pontevedra esta a fermosa vila de Combarro que ten uns catrocentos veciños. Creese que é moi antiga e que o seu nome ven da palabra grega ?χαµπτο??amputo?. Deixamos que o noso transporte baixara dando tombos polas rúas empinadas e estreitas de pedra coas súas casas de granito cos seus tellados de tellas roxas.
Algúns dos balcóns estaban pintados de verde, outros de azul, mentres que a maioría das paredes estaban pintadas con cal. O pobo cubre unha superficie escarpada que baixa ata o mar e a maioría da xente son mariñeiros. Os veciños de varias casas convidaronos a visitalas e todos eran moi probes. Na porta dunha das casas apareceu de súpeto unha muller duns 45 anos, deixaba ver fíos de prata no seu groso pelo negro, pero a súa cara, aínda que tiña unha ou dúas engurras, aínda era fermosa. Dirixíusenos en tons de apaisanado fervor, movía as mans e erguías ao ceo, balanceaba o seu corpo como un bambú axudado polo vento e o fin estalou a chorar. ¿Que é todo isto? Preguntei os meus amigos, porque a muller falaba en dialecto galego e tan rápido que eu so entendía unhas poucas palabras. ? Estanos a falar de tódalas durezas que ela e os seus veciños teñen que soportar? dixo un amigo. Di que todos están arruinados polos duros impostos que o goberno aplica os produtos da súa industria e as grandes rendas dos caseiros. ?Vivimos moi apertados e todo o que gañamos co suor do noso corpo váisenos en pagar impostos e rendas. Non podemos sequera comprar pan para os nosos fillos a causa da opresión dos ricos. Hai moito diñeiro nestas terras e moita comida, mais non para nos, estamos sendo asfixiados e asesiñados por duros e inxustos impostos e nada nos anima a traballar, non temos esperanzas para o futuro. Oh! é terrible, terrible.
Un século despois en plena crise socioeconómica sabemos ou deberiamos que somos máis probes do que uns anos atrás pensabamos.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 04-02-2011 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0