A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Combarro darling |
|
Praza da Fonte ( Combarro ). Unha das ilustracións que contén o libro Spain Revisited: A Summer Holiday in Galicia, editado en 1911, de Catherine Gasquoine Hartley.
Catherine Gasquoine Hartley , escritora e periodista. Naceu en Antananarivo, Madagascar, foi a segunda filla do reverendo Richard Griffiths e de Catherine Hartley Gasquoine . Educada en Liverpool, traballa por primeira vez no ensino. En 1894 convirteuse en diretora na Babington House School en Kent, Inglaterra, un carrego que mantivo hasta aproximadamente 1903, cando comenzou a súa carreira como escritora en Londres. Despois de escribir unha novela, decidiu adicarse o periodismo e a investigación.
Hartley contribueu como analista de arte con varias revisions publicados en libros como: retratos na Galería Tate (1904),un rexistro de Pintura Española (1904), sobre Velázquez (1907) e o Greco (1908), As Catedrais do Sur De España (1913). Foi critica de arte de artistas británicos - como Charles Shannon, Sir Lawrence Alma Tadema, y John Collier. Posteriormente a partir do seu segundo matrimonio con Arthur D: Lewis troca o seu rumbo literario e escribe varios libros sobre a muller e a maternidade, o matrimonio, os nenos, a educación sexual etc.
Hai documentadas tres visitas de Hartley a Galiza, a primeira en 1902, e as outras en 1910 e 1911 tralas cales publicou os libros: Spain Revisited: A Summer Holiday in Galicia ( traducido en 1999 como Un verán en Galicia ) e The Story of Santiago de Compostela. Estas visitas foron promovidas pola Asociación londinese para o Fomento del Turismo en Galicia co obxeto de ver e coñecer o modo de vida adaptado a modernidade do século XIX nunha sociedade culturalmente tradicional.
A mesma foto tamén está incluida no libro de Anette M.B Meakin: Galicia, The Switzerland of Spain, editado este, no ano 1909.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|