O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Louco Mundo

Alo vai o 2009, deixádeo ir, diría o tolo ós ciudadans que aínda lles queda un anaco de tempo para facer análise crítico dos feitos ocorridos no derradeiro mes do ano na sociedade que en sorte para algúns e en desgracia para outros nos tocou vivir ,sociedade baseada no vello e multiorganicamente ferido capitalismo pero máis enfurecido se cabe e na moderna e adolescente globalización da que aínda non somos coñecedores das súas futuras consecuencias. Dinnos os informativos que un tolo, louco ou enfermo mental partiulle a cara a Berlusconni, representante do poder político dun cacho da sociedade deste planeta. Uns días despois, neste caso unha tola, asalta a Benedicto XVI, xefe este do poder divino. Ante os tolos, xustifícanse estes persoeiros e as súas circunferencias mediáticas, non hai blindaxe seguro, non será máis ben que os seus curriculums vitae, seus feitos e verbas agreden a esencia do ser humano. ¿ Qué feliz ano novo lle dexesarían ó presidente de Aircomet cada unha das persoas que desesperadas, vendo frustradas as posibilidades de arrexuntarse cos seus, escóitano dicir nos mesmos televexos do aeroporto, no que xa nada esperan, que el non voaría coa súa aroliña ? Centenares de tolos. Mentres as carencias de recursos aumentan no planeta, estráganse millóns de euros nunha reunión de xefes e señores con jets privados, coches blindados, grandes banquetes e festas, apertóns de mans, bicos por aquí e por acolá, para non conseguir nin un mínimo acordo na cume sobre o troco climático en Coppenage, iso si, a globalización danos as novas, noticias, refírome, ó correr, miles de tolos na rúa.
Un referendo a escala mundial cuestionaría: ¿ Pensa vostede que Obama, rei do pais máis poderoso, guerreiro e opresor do mundo é merecedor dun premio en relación coa Paz ? O non de millóns de tolos.
A verdadeira loucura quizais non sexa outra cousa que a sabedoría mesma que, cansa de descubrir as vergoñas do mundo, tomou a intelixente resolución de voltearse louca.
Heinrich Heine

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2010 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0