A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha foto de Carlos |
|

Camila vendendo algún souvenir
Praza da Fonte. Combarro. 1977
Unha foto de Carlos Valcárcel
Carlos Varcálcel Gay ( Lugo 1929 ) é o fotógrafo lucense máis premiado da historia fotográfica en Lugo. Sesenta a anos de actividade e miles de negativos fan deste autor un imprescindible para a comprensión da evolución etnográfica e patrimonial de Galicia da segunda metade do século XX. Formou parte da Agrupación Fotográfica Lucense, fundada en 1958, xunto os seus grandes amigos Luís Rueda e Hipólito Galán, dende a cal desenvolvíanse neses anos numerosas actividades coma cursos, concursos, exposicións e faladoiros fotográficos na cidade de Lugo.
En 1998 formou parte da exposición colectiva "Da Agrupación Fotográfica ao Grupo Fonmiña" 1958-1998 (40 anos de Fotografía en Lugo). celebrada no Museo Provincial de Lugo. Patrocinada pola Fundación Caixa Galicia realiza unha exposición individual en 2003 da que se publica o catálogo. "Carlos Valcárcel Fotografías (1969-2001). Actualmente 70 imaxes da súa obra están expostas permanentemente na Facultade do Profesorado da U.S.C de Lugo.
En decembro de 2017 ano colabora con vinte e nove fotografías na ilustración do libro-cd " Terra e Alma " de Moisés Quintas Suárez de Editorial Canela. Dous meses antes recibiu o "Premio Fotógrafo Histórico" concedido pola Deputación da Coruña , como mérito a súa traxectoria profesional.
«Eu só sei falar coas fotografías», dixo Valcárcel para aclarar a brevidade do seu discurso nese acto de recoñecemento.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|