O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carmela de Combarro

"Carmela de Combarro" é unha postal editada por P.P.K.O de Vigo propiedade do escritor e empresario galego José Cao Moure, resultante da fotomontaxe dunha modelo de triste face mariana con pano na cabeza e chal tradicional sobre unha imaxe do cruceiro da Praza da Fonte da autoría de Jaime Pacheco.
Dende o inicio da fotografía ata a actualidade os fotógrafos sempre retocaron as imaxes, coloreaban,iluminaban, facían desaparecer as engurras ou diminuír o perímetro abdominal das mesmas.Noutras ocasións utilízanse varias placas para facer realidade a montaxe fotográfica. A fotomontaxe utilizábase para incluír algún falecido, ou algún ausente pola emigración no retrato de familia. Tamén para crear retratos de vodas moi a posteriori das mesmas. En Galicia, a familia Pacheco, sobre todo Augusto Guedes, foi pioneira na creación da fotomontaxe, proba delo é que nos estudios de Pacheco en Vigo había retratos de noivas descabezadas con diferentes vestidos para que a cliente elixira a seu gusto.
Grete Stern, (1904-1999, deseñadora e fotógrafa xermana, nacionalizada arxentina) define fotomontaxe como a unión de diferentes fotografías xa existentes, ou tomadas con ese fin, para crear con elas unha nova composición fotográfica. Desta maneira urxen numerosas posibilidades para a composición, entre elas a de xuntar elementos inverosímiles.
A diferencia da "colaxe" que utiliza materiais de diferentes naturezas, a fotomontaxe utiliza fotografías coa mesma tipoloxía co obxectivo de xerar unha nova de aspecto similar.
A fotomontaxe analóxico realízase mediante técnicas que combinan diferentes negativos para a creación dunha imaxe única, o seu primeiro uso foi para resolver limitacións técnicas, mais pronto aparecen autores que ven nesta técnica unha forma de expresión como o fotógrafo sueco Oscar Gustave Rejlander ( 1813-1875)
A principios do século XX o mundo da arte rompe coas formas tradicionais e prodúcese unha revolución dos movementos vangardistas, ate o de agora a creatividade do fotógrafo dependía das súas cualidades, da luz e do encadre. Cos novos movementos, primeiro co Dadaísmo e posteriormente co Futurismo, Construtivismo e Surrealismo redúcese o espazo entre a fotografía e as formas pictóricas, grazas a montaxe e a "colaxe".
Roger Fenton (1819- 1869) foi un fotógrafo de guerra británico, que realizou o primeiro fotomontaxe coñecido da Historia chamado ? O val da sombra da morte? durante a guerra de Crimea en 1855.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-07-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0