O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Guías de Galicia.Editorial Everest



A Editorial Everest foi fundada na cidade de León por Luis José Antonio López, recen comezados os anos 60. En 1961 saia a súa primera publicación, un Diccionario Básico de Lingua Española, e no ano siguinte un Manual de Cociña Práctico, que tivo moito éxito e do que se publicaron varias edicións. Con máis de 4.000 referencias publicadas a empresa chegou a converterse nunha das editoriais de referencia.
O Grupo Everest chegou a estar constituido por cinco marcas distintas: Editorial Everest, a insignia do grupo; Edicións Aizkorri Argitaletxea, dedicada á publicación de literatura infantil e xuvenil en euskera; Edicións Cadí, co mesmo obxetivo en lingua catalana; Everest Editora, con sede en Portugal, publicaba en portugues, libros de cociña, manuais, guías turísticas e literatura infantil e juvenil; e o quinto, Everest Galicia con sede en A Coruña, encargada de publicar en galego literatura, diccionarios, libros de texto e recetarios de cociña.
As guías turísticas foron unha das publicacións máis destacadas da editorial, estas, nacen aparelladas a promoción turística impulsada polo Ministerio , dunha España necesitada de lavar a mala cara do franquismo e de estimular o primeiro dos recursos económicos cos que contaba nesa época.
Everest editou guías das principais cidades e vilas galegas, entre elas, polo número de edicións e traducións a outros idiomas, así como polos autores dos textos , destacan a de Ourense con textos de Ramón Otero Pedrayo e fotografías de Salas-Perla,Francisco Díez, Carlos Carrasco, Oronoz, Ciganovic e axencias; Vigo e a súa ría e Pontevedra, Rías Baixas con textos de Alvaro Cunqueiro e fotos de Oronoz, Catalá-Roca, Kindel, Magar, Arxiu Mas, Bene, Marqués de Sta. María del Villar, Ocaña, Ciganovic, Zubillaga, Juan M. Ruiz e axencias; Lugo con textos tamén de Alvaro Cunqueiro e fotos de Francisco Diez, Oronoz, Juan José, Arcadio e Paisajes Españoles; A Coruña con textos de Miguel González Garcés e fotos Manuel Ferrol, Carlos G. García Santiso, Arxiu Mas, Catalá- Roca e arquivos de axenciás e institucións. Ademais Everest publicou guias de O camiño de Santiago,O Parador Conde de Gondomar e Hostal dos Reis Católicos,Tui, Ferrol. E xa nos anos 80 e primeiros dos 90, outras tantas de Monforte,Vilalba Betanzos,Portomarín, Celanova, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Lalín, Paradela, Pantón, Palas de Rei.....
En 2015 tras medio século de historia a editorial Everest foi declarada en concurso de acreedores.
.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0