A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Entallada na Seca |
|

A entallada é unha arte de pesca coa que se faenaba dende os meses de maio a setembro, pero eran xuño e xullo os meses máis frecuentes. Practicábase esta arte en marismas e enseadas de pouco desnivel ao fin de abarcar unha superficie máis ampla. Na cabeza da Ría de Pontevedra existían estes lugares, entre os principais estaban a Seca de Santa Clara e o da Santiña, ambos desaparecidos por modernas obras, tamén o de Lourizan e o dos Praceres ou Quitapesares. Pero a máis importante foi a da Seca , de Combarro, baixo o convento de Poio Grande, antes de beneditinos e agora de mercedarios.
O Atallo ou Entallada formase entre dous puntos equidistantes a uns 750 metros e arranca dunhas árbores a xunto a cruz de pedra de Labarcán e termina cruzando a Illa das Ratas, nunhas árbores ou rochas pertencentes a Campelo. Nos primeiros tempos solíase botar o antevéspera das festas de San Xoán e San Bieito, e as veces nas festas de San Pedro.
A posición do sitio ou Posta tomábase presentándose alí un barco con rede e durante tres días só podía pescar o primeiro que chegaba, posteriormente, sobre o ano 1915, xa se pedían permisos as Autoridades de Mariña.
O arte componse de 6o pezas de rede de 9 a 10 brazas da largo cada unha por 2,5 de alto con mallas, chouso ou laso (ríxido ou frouxo), estreito ou ancho, de entre 10 a 19 mallas ou claros en palmo ou cuarta. Os panos das pezas fanse ou proceden doutras artes
"Amistóranse" ou cósense as pezas unindo os seus bordes; amarrase o conxunto con dous fortes cabos chamadas trallas ou relingas. A superior a da cortiza e a inferior a da pedreira ou chumbeira. No centro leva 1 ou 2 vituróns, ou sexa, uns copes ou sacos acoplados a rede principal, de unhas dúas brazas de largo e cunha xareta na boca.
Sabedores de que os muxes buscan comida pola zona, o véspera, avísanse aos mariñeiros dos portos que acostuman en participar na entallada. Envíase o barco e as redes a Posta. Ao día seguinte, a ?hora de rir a alba? , como din as antigas Ordenanzas do Gremio de Mareantes concorren os demais mariñeiros con botes, gamelas, redes, varais, cabos e estacas.
Xa reunidos, en baixamar, dedícanse a unir as pezas, colocar os vituróns e a repoñer as pedras pandulleiras que quedaren de anos ou séculos anteriores, unhas desaparecidas, outras enterradas ou cubertas pola area e todas forman como uns pasos en liña a través do mar.
Bótanse as redes fora dos barcos e lévanse nun carro de bois ou nos varais sobre os ombros, vanse deixando caer ao lado das pandulleiras o longo da praia e colócanse as trallas e o conxunto en forma de rolo ponse debaixo das pandulleiras de forma que quede ben suxeita a tralla inferior e algo o corpo da rede e a tralla superior. Os extremos deste conxunto amárranse composto por ambas trallas, amárranse as árbores ou as rochas. Os barcos quedan en seco e baleiros. Nisto consiste a primeira parte da faena trala cal os mariñeiros retíranse a almorzar e descansar.
Ao subir a marea acoden os peixes a comer e gozar da maior temperatura da auga e o momento de recorrer a liña da entallada cos barcos dando pequenos tiróns co fin de liberara a tralla superior e o corpo da rede, coidando de que a tralla inferior continúe ben suxeita ao fondo; constituíndo así o tabique que impidirá saír aos peixes entrados. Para impedir que os peixes salten por riba da rede, colócanse os varais atados en cruz, cravados no fondo e por parellas a un lado e a outro da arte e sobre a atadura sostense a tralla superior, quedando así como un metro sobre o nivel do mar. Esto chámase ?aforquetar coas xangadas?
E por temor as correntes, os imprevistos augacentos, colócanse estais e dicir cabos dobres que por un extremo amárranse a pequenas estacas fixas na area e polo outro as distintas trallas. Tamén colócanse cabos que van dun lado a outro da arte para asegurar a estabilidade da tralla superior. Os extremos suxetanse a fortes estacóns. Para o mesmo obxecto utilízanse os risóns dos barcos cos seus respectivos cabos.A entallada xa quedou pegada.
A terceira e última faena consiste en vixiar dende os barcos e dende terra a entallada por si algunha acumulación de algas fan forza contra a rede ou algún imprevisto movemento de pedras que puidera comprometer o éxito. Segue a baixar a marea, os muxes intentan atravesar a rede, moitos quedan nos viruróns, estes son erguidos e volteados os copes, previa abertura da xareta, dentro das embarcacións. Na baixamar e o momento de máxima animación, dende os lugares circundantes acude a xente a praia descalzos e arremangados armados de paus para matar aos muxes coa intención de levar algún aínda que sexa agachado.Voces,berros,xuramentos, empuxóns, é un ir e vir pola praia sobre todo nas zonas onde queda algo de auga, buscando cos pés as camas das sollas e dos chocos. Pouco a pouco vaise recollendo o peixe que queda ao lado da rede e levase aos barcos próximos. A clase de peixe recollido son muxes nas súas diferentes variedades denominadas como de albores de pinta amarela na cabeza; negróns de lombo escuro; galudos e atens, que son os que máis saltan; tamén algunhas rabalizas, chocos e sollas.
Só falta desamarrar as pezas, recoller as redes e transportalas da mesma maneira aos barcos, xunto cos varais, trallas,estais e rizóns para coller rumbo os portos respectivos. A xente próxima regresa a pé.
A operación non se realiza ata dentro de días xa que onde se botou ou pegou a entallada quedan limos e fresquío dos peixes a baterse entre eles, pudendo isto alertar os peixes.
Si a Entallada foi organizada polos mariñeiros da Moureira, son encargadas as mulleres dos patróns, As Amas, da venda do peixe. O produto repártese da seguinte maneira: cada mariñeiro unha parte, cada bote ou lancha outra, cada chalana ou gamela, media;cada pano de rede, media; cada viturón, tres cuartas partes; o home do carro de bois e os axudantes que contribuíron ao lance,dáselles unha parte de peixe máis grande ou pequena segundo a cantidade tomada, o bastante como para unha caldeirada.Os da Moureira tamén fan caldeirada nunha casa ou na taberna despois de desamarrar e secar as pezas, levalas a súas respectivas adegas e de recoller e repartir os varais, cabos etc..a seus donos. Na entallada en Combarro había personaxes con alcumes como ?O Maleta? ou ? Salgueiro o torto? que tiñan fama de mal augueiros cando participan nela.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|