A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Descricións combarresas I |
|
.jpg) Si a pluma de D. Ramón Otero Pedrayo na súa Guia de Galicia (1926),representa a máxima exaltación descritiva de Combarro como pobo; pareceume non menos importante a realizada por Carlos Martínez Barbeito na guia chamada Galicia (1957) de editorial Destino, ilustrada por Ramón Dimas.
"Na mesma marxe norte da ría, hai un pobo, Combarro, no que unha inspiración anxélica parece que guiou a man de campesiños e mariñeiros que trazaron as súas rúas e construíron as súas casas. Pedra e cal, en perfecta harmonía, logran uns efectos inesperados de graza única. Patíns,balaustradas, soportais, balcóns,galerías desarróllanse acorde cunha movida liña barroca, do máis autóctono, espontáneo e popular barroquismo; o mesmo trazado das pequenas rúas irregulares, congostras, pavimentadas algunhas , con grandes pedras, acredita un instinto de beleza que obriga a quitarse o sombreiro aos petulantes arquitectos que se desfollan sobre os tratados e as láminas. Un elemento de singular poder decorativo proporciónano os graciosos hórreos na mesma beira do mar. Poucas veces o arte popular chegara alcanzar tales cumes de intuitivo bo gusto. Toda a mariñeira e campesiña vila, transcendida do olor a pino,a mariscos e algas, atrae con un encanto irresistible".
Traducido do orixinal en español. Foto: Redeira. Ramón Dimas
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|