O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Binario
Premo o botón que emerxe do lado inferior do rectángulo e asiña acende unha luceciña verde. As letras deseguido aparecen pegadas baixo o liso cristal. ¡ Caramba! - dixo Firmino-, ¿como se pode dicir que non che gusta unha cidade se non a coñeces ben? Non tiven a oportunidade da lembranza inmediata do título da obra e o seu autor, xa que quedaron agachados nunhas tapas que non existen. Era ilóxico. Unha verdadeira falta de espírito dialéctico.Luckács sostiña que o coñecemento directo da realidade é un instrumento indispensable para formular unha opinión crítica. Non había dúbida. Por iso Firmino entrou nunha gran libraría e buscou unha guía. Sosteño o rectángulo entre o dedo índice e polgar da man dereita e percibo incomodidade, unha especie de cansazo que fai que troque de man unha e outra vez, o pouco tempo doume conta que estou agarrando o rectángulo coas dúas mans.- Si ten unha botella de viño que sobrara da comida ? dixo Firmino- dígalle a Dona Rosa que a tire, non soporto as botellas de viño a medias, tal como se estila en algunhas pensións, provócanme melancolía. Deslizo o polgar polo ríxido marco de cor negra e tamén polo cristal da pantalla decatándome da falla da rugosidade a que me tiñan acostumado os libros ata hoxe. Un clic na parte lateral do rectángulo fai avanzar as palabras seguindo unha numeración porcentual que indicada nunha barra na parte inferior da pantalla impide que as páxinas se mostren na orde na que foron escritas. Circuítos electrónicos,010101, frases e máis frases, unha biblioteca no bolso, ¿mellor, peor? - ¿ vostede cre que o Universo é binario? soltou de repente. Firmino ollouno perplexo. -¿ en que sentido? - preguntou. ? Si é binario como a Terra ?repetiu o avogado- , na súa opinión ? é binario como a Terra? Firmino non soubo que responder, así que pensou en darlle a volta a pregunta- -¿Vostede que cre? ?Non o creo- respondeu o avogado-, espero que non, digamos que espero que non.Fixo un xesto á criada sinalándolle o vaso baleiro. Premo sostendo o mesmo botón de acendido e a luz verde palpádea un mínimo tempo, despois as letras desaparecen.
Hoxe é o cabodano de Antonio Tabucchi . A cabeza perdida de Damasceno Monterio foi o primeiro libro en formato electrónico que lin. ?Binario? é unha lembranza ó autor de ?Sostiene Pereira?.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2013 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0