O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manuel Arís



Manuel Arís Torres naceu en Poio o 26 de setembro de 1920, os nove anos emigra cos seus pais a Montevideo, fai estudos de torneiro e colabora no Centro Galego.Coñece ó cineasta uruguaio Daniel Spósito Pereira colaborando na realización de dúas películas: El pibe Carlitos (1950) e El desembarco de los treita y tres orientales (1952). Entre 1952 e 1973 coordinará o programa de radio ? Por los caminos de España?. Elabora documentais realizados nas viaxes a España e Galicia que terán grande éxito na poboación emigrante de Uruguai e Arxentina.Ten catalogadas preto de cincuenta documentais relacionados con Galicia. Os máis importantes son: CAMINO DE ESPAÑA EN EL URUGUAY(1954-1959) recolle actividades festivas dos emigrantes galegos en Montevideo, UN VIAJE POR GALICIA (1953-1958) guía audiovisual polas catro provincias con festas, romarías e espectáculos incluídos, POR LOS CAMINOS DE ESPAÑA (1959) escenas mariñeiras e agrícolas e vistas de distintas vilas comezando por Galicia e continuando por diversa provincias españolas, TIERRA DE NUESTROS MAYORES (1959) a película e un semidocumental, pois conta con varias escenas interpretadas por Amalia Sánchez Ariño e por Francisco Fernández.Ten como sipnose a chegada de América do fillo rico co obxecto de visitar a súa nai na Galicia, feito adornado con imaxes de paisaxes e vilas. O Concello de Poio fixo unha homenaxe a Manuel Arís consistente na proxección de dúas películas os días 10 e 11 de agosto de 1997.
No vídeo unha selección da longametraxe UNHA VIAXE POR GALIZA con imaxes da Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e Combarro. É pena a mala calidade da copia.
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 17-03-2013 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0