O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O cartel

Xa está na rúa o cartel, formato papel, que conmemora o 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A reprodución dun cadro temático de Combarro do pintor Carlos Maside e os logotipos das empresas colaboradoras dan un novo colorido o precedente.

Así describe Ánxel Fole a Maside

Maside é un gran pintor de Galicia. A súa Terra esta na súa obra como zume e como atmosfera, imponderablemente. Por iso os seus cadros rebosan galeguidade. Súas escenas,súas composicións, seus paisaxes; seus debuxos, seus óleos, seus gravados. Galicia fala en toda ela como natureza e como historia. Maside tivo sempre a intuición radical da súa Terra. As veces parécenos case un pintor folclórico sen folclorismo....Sempre ?soubo? a Galicia. Sóuboa ?par coeur?, que é sabela de memoria. Con gran memoria estética e poética. E dicir, de lembranza, de corazón, como o mesmo Valle, Castelao, Otero Pedrayo ou Cabanillas. Como o gran galego representativo que el foi.
Ánxel Fole ( Obra literaria completa. Volume 3 )

Deixo tamén o enlace do artigo ?Un pintor para unha terra? publicado o 20/05/2012 no suplemento do xornal La Opinión da Coruña onde se reseña a relación entre o pintor e Combarro contendo ademais a ilustración dun bonito cadro do pobo.

Un Pintor para unha Terra
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-07-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0