Atopei unha terceira imaxe deste singular hórreo, esta vez sen cabazas no tellado, que estaba situado na Granxa, Sanxenxo. Coñecín moi ben este, pois estaba lindando cunha finca que era propiedade da miña avoa, onde se cultivaban uvas e patacas, a cal eu acudía con moita frecuencia acompañando a ela e a miña nai mentres facíamos as labores que estes cultivos requirían.
Das dúas imaxes anteriores que se poden ollar en http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=137643, non sabemos moito, a superior e do fotógrafo Joaquín del Palacio, coñecido coma Kindel e ilustra o libro do ano 1973 en formato de guía turística "Pontevedra Rías Bajas" con textos de Alvaro Cunqueiro da Editorial Everest. Da inferior non sei nada foi estaba a venda nunha páxina de internet sen ningún dato.
Desta terceira, sabemos algo máis. A foto, co nº 232, atópase no nº 18 ( novembro 1945 )da revista fotográfica "Sombras" editada en Madrid ente xuño do 1944 e novembro de 1947. Comprando esta revista os afeccionados tiñan a ocasión de enviar as súas fotos a unha sección da revista chamada "Crítica de fotografías". Angel F. Costa de Santiago así o fixo. Copio literal o texto crítico que acompaña a foto: "Hórreo Gallego" - Pétina (?) 1:3,5 - Diafragma 1:8 - 1:50 seg. Nos hallamos en presencia de otra equivocación de punto de vista. El hórreo ha perdido toda su importancia por estar tomado desde arriba. En cambio, le han adquirido un tejado y unos arboles, que hubiera sido mejor eliminar. El cielo es muy blanco por la falta de filtro.
Quedou claro que ao crítico non lle gustou a foto de Raxó dende A Granxa, na contra de miles de persoas que paran no miradoiro para fotografar o pobo e a ría.
Fotos das Festas do Carme de Dorrón en 1951 do fotográfo pontevedrés Joaquín Pintos.
Todas en : https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2671835596435987&set=pcb.2671837786435768&type=3&theater
Crónica das Festas do Carme en Dorrón, traducido de "El áncora : diario católico de Pontevedra : Num. 891 (26/07/1900)"
Cun día fermoso celebrouse nesta parroquia a tradicional festa á Virxe do Carme. A misa celebrada na gran carballeira próxima ao Santuario, resultou magnífica. Oficiou o divino sacrificio o señor cura párroco de Samieira e a orquestra que tan acertadamente dirixe o Sr. Salvador, acompañou na misa con gusto admirable,sobresaíndo o Sr Mercadillo que, coma sempre cantou coa voz fermosa que o distingue. A sagrada cátedra, ocupouna o distinguido profesor do seminario compostelán Sr. Sánchez, quen, con maxia palabra e galadura de estilo, cativou a atención do auditorio por espazo de corenta minutos.Rematada a misa verificouse a procesión que foi moi lúcida.
Houbo gran concorrencia de romeiros, entre os que ollamos a o ilustrado médico municipal de Sanxenxo, noso especial amigo D. Manuel Martínez Barros, Don Ramón Calviño párroco de Sanxenxo, Sr Radio de Pontevedra e outros moitos que non recordamos neste momento.
Nosos parabéns o cura párroco de Dorrón pola lucidez que súo imprimir a esta festa relixiosa.
José Sueiro. Portonovo
Foto en albúmina. Sociedade Electro Fotográfica. Quiroga. Colección propia
Antonio M. Quiroga, tiña que ser, con certeza, un personaxe galego ; foi fotógrafo cun ambicioso sentido comercial, un ambulante a gran escala capaz de establecer unha rede de estudios por boa parte da xeografía española, a cal dirixía dende unha casa central. No principio,en 1889 estaba activo en Bilbo e en Lleida. En 1890 instalouse en Oviedo e xa no ano seguinte en Xixón. En 1893 introduzo cambios na súa estrutura empresarial, nomeándoa "Sociedad Electro Fotográfica", con sede central en Xixón e iniciando un proceso de apertura de novas sucursais, o que hoxe coñeceriamos como franquías. . Pouco despois abriu estudio en Madrid, o que lle serviu para a renovación de maquinaria e instalacións do establecemento xixonés, dotándoo de novos aparatos. Logo abre novas sucursais en Galicia: A Coruña, Lugo, Ferrol Ourense (1898) e León. En 1899 Quiroga abandonou definitivamente Xixón, trasladando a sede da "Sociedade" á sucursal da Coruña. Mais non contento coa dirección das delegacións creadas, Quiroga idea o "coche artístico", un estudio fotográfico ambulante, entre microbús e vagón de tren que lle permitiría facer propaganda o seu traballo percorrendo varias vilas e cidades da península.
O 7 de xullo de 1929, puidera ser a data da primeira "corrida de touros goyesca", e tería a praza de touros de Pontevedra como sede de tal evento, polo de pronto foi unha das primeiras con toda seguridade. A corrida goyesca está composta por matadores de touros, banderilleiros e picadores, todos eles vestidos con "traxes goyescos", unha vestimenta urxida no Madrid do século XVIII e utilizada ata o século XIX pola burguesía para, posteriormente, estenderse o seu uso ao resto de España. Na web "eldiestro.es" posteado do 3/04/2017 de título :" Origen de las corridas goyescas", pódese ler, "Según cuentan los entendidos, la primera Corrida Goyesca se celebró en el año 1929, para conmemorar el primer centenario de la muerte del gran pintor Francisco de Goya y Lucientes. Y se le ocurrió este homenaje a Eduardo Pagés, fundador de la empresa que lleva su apellido.Y se dice que la primera Corrida Goyesca se celebró en la Plaza de Toros de Murcia un 15 de septiembre. La Plaza se adornó con tapices, hubo un desfile de calesas, pero gran parte del público salió contrariado, pues el espectáculo no fue como se vendió?" Pois non, con anterioridade foi celebrada en Pontevedra o 7 de xullo de 1929.
A foto de arriba é a dixitalización dun negativo 8x10 que recuperei no mercadiño de "antigüidades" que se celebra os domingos en Pontevedra. A película foi revelada no laboratorio fotográfico de Natalio Sanchón, abicado en Policarpo Sanz nº 9 de Vigo ao nome de Manuel Hidalgo que concorda no tempo co político vigués Manuel Hidalgo Rodríguez que fora alcalde de Vigo no 1936. O sobre que contén o negativo da información da data da corrida de touros, así como do fotógrafo e laboratorio de revelado. Na foto apreciase varios paneis sobre as gradas de "escenas goyescas" e un de grandes dimensións coa representación do pintor maño. Touros cero.
Os irmáns Cachafeiro diante dun panel onde se escenefica a Igrexa de Samieira e a Ría de Pontevedra, obra do artista e pensador galeguista Camilo Díaz Baliño.
Retrato de Julia, Luisa e Camila
Ramón Barreiro Barcala. Pontevedra
Ramón Barreiro naceu en San Cristovo de Remesar, cerca de A Estrada, emigrou a Estados Unidos e de alí foise a Cuba. Na illa caribeña, formouse como debuxante e traballou como ilustrador de imaxes en varias tabaqueiras decorando as caixas de puros. Despois, instalouse en México e abriu un estudio de fotografía na cidade de Puebla, onde fixo fortuna. Viña a Madrid con frecuencia e casou con Feliciana Vázquez coa que tivo tres fillos varóns, Enrique, Ramón, e Laureano, nados en España e unha filla, Carmen, nada en México. Coa revolución de Emiliano Zapata abandonaron México e instaláronse en Pontevedra no ano 1910, onde abre un estudio de fotografía na praza de A Ferrería, no mesmo local que ocupara o fotógrafo Francisco Zagala, unha fermosa vivenda, chamada a Casa das Caras.
Nos anos seguintes, Ramón Barreiro firma con Joaquín Pintos varias das mellores testemuñas gráficas da historia da cidade, mentres transmite os seus fillos o amor pola fotografía e o instinto pioneiro que o fixera saír de A Estrada décadas atrás. Ramón Barreiro Barcala finou en Pontevedra o 19 de setembro de 1930.
O seu fillo Enrique Barreiro (1899-1983) mostrase moi interesado na distribución de fotografías de forma masiva e iníciase na técnica do fotogravado. Despois interesaríase polo cine e polas imaxes en cor, desarrollando dúas patentes. Coa técnica cinecromo fai a súa primeira película, co argumento da teoría de Colón Galego. O estreo de "Pontevedra, Cuna de Colón" foi o 2 de maio de 1927 no Teatro Principal. Represaliado polo réxime franquista, trasládase a Madrid no 1940 onde monta un estudio fotográfico, regresando a mediados dos cincuenta a Pontevedra onde continua dedicándose a fotografía, pintura e escritura. Seu irmán Ramón Barreiro (1906-1981) montou con Enrique e o pintor Ramón Peña a produtora "Folk" coa que rodarían varios noticiarios entre eles "Por unha Galicia Nova" en apoio ao Estatuto de Autonomía. Por problemas económicos e familiares marcharía para Madrid en 1935, onde faría algún traballo para o bando republicano, rematada a guerra compensaría isto realizando o libro "Metralla blanca del Madrid rojo", tamén fixo varias películas documentais na década dos corenta. Dirixiu seu primeiro longametraxe, "El sobrino de don Búfalo Bill"en 1944 e tamén fixo varios programas para televisión.
O curioso deste "post" é que busquei en internet algún retrato tomado por Ramón Barreiro, para ilustrar a súa biografía e non atopei ningún. Julia é a miña bisavoa