Antonio Feijóo é un pintor vigués que dende mozo domina a perfección a técnica da acuarela, o que ven demostrando con varias exposicións as súas costas.
O pobo de Combarro é un referente da súa obra onde expresa con consonancia e luminosidade tanto mariñas, onde destacan as chalanas sobre o mar, a praia ou ramplas, asi como as rúas e prazas. Feijóo fusiona equilibrada e artisticamente sobre o cartón a mestura de cores e auga destacando os fondos grises sobre cores cálidos, expresando así as escenas realistas de cotián do noso pobo.
Podes ver as súas acuarelas e contactar co pintor en : http://acuarelasfeijoo.blogspot.com/
Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo ? Combarro. Conxunto Histórico 1972 ? 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.
Salvador Rodríguez. Faro de Vigo 11 de Maio de 2012.
Artigo traducido da súa impresión orixinal en español.
É IMPERATIVO LER AS NOSAS NOVAS NO NOSO
Sesenta anos despois de ser inmortalizados en senllos retratos, FARO descobre, por mediación da asociación A Solaina, a Maruja Vicente e Antonio Besada, dous veciños que, en 1952, serviron como modelos a Carlos Maside. O que está considerado un dos máis destacados artistas plásticos galegos achou na pequena vila mariñeira o escenario ideal para a súa última eclosión creativa, inspirada en paisaxes e personaxes da Galicia tradicional.
O vestido tecérao unha irmá miña, que era modista. Tiña unha cor verde-mar bonitísimo. A pañoleta, moi colorida tamén, era unha das moitas que sempre nos traía papá cada vez que volvía de traballar en Bilbao. E a patela...bo, a patela púxoma el, porque seica fíxolle graza..E a min tamén, claro! Eu tiña só 12 anos cando me pintou, pero xa quería ser unha muller maior, quería ser como unha das señoras pescantinas que vendían na praza?. Maruja Vicente Pérez, con mans nerviosas pola emoción, revolve entre as fotos do seu pasado lonxe aquela que puidese ser a máis próxima ás datas en que pousou para Carlos Maside e converteuse en ?A Peixeira? (Combarro, 1952). Finalmente atopa unha, a que incluímos nesta páxina, na que se lle ve acompañada de tres amigas: ?Mirade: así era eu cando me pintou aquel señor. Acórdome porque ese traxe de lunares co que aparezo gustábame moito e estou segura de que era desa época ?. De seguro na foto, Maruja, máis que unha nena de 12 anos, semella entrar xa de pleno na adolescencia, pero se ela dio... ?Si, así era eu aos 12...bo,se cadra xa tiña 13!?. Claro que tampouco no retrato de Maside se atisban trazos de nena precisamente.
Hai xa algúns anos que vimos traballando sobre a estadía de Carlos Maside en Combarro -dinos Rafael Vallejo Pousada, historiador e directivo da asociación A Solaina- Case todos nós ouviramos falar dun pintor que estivera aquí a principios dos anos 50 do século pasado e do que case todo o mundo lembraba velo, pero menos xa o seu nome. Todo o máis, un don Carlos. Aos poucos, fomos recompilando información tanto de libros como de entrevistas persoais, e foi así como chegamos a identificar a algunhas das persoas que el retratou e a catalogar case 36 obras pintadas por Maside en Combarro. En realidade, cremos que hai moitas máis, que mesmo poden chegar a ser cen, pero de momento só podemos falar das que confirmamos?.
Ao Carlos Maside que convidado por Valentín Paz Andrade chegaba, no verán de 1952, a Combarro podemos definilo algo así como un creador recuperado para a arte e un home de regreso á vida. Tras a guerra civil, na que se aliñou e comprometido co bando perdedor, decidiu encerrarse na súa casa-estudo da rúa Vilar de Santiago, onde viviu en radical illamento voluntario até 1945. Entre a soidade, o desencanto e a pena por todos aqueles compañeiros asasinados ou que tiveran que exiliarse, o artista debeu sentirse tan intensa como dolorosamente só. Lonxe semellaban os tempos de eclosión galeguista, do descubrimento das vangardas en París, dos debuxos que entre 1924 e 1926 realizou para FARO DE VIGO, do Madrid atarefado da xeración do 27, onde, entre outros, estableceu amizade con Valle Inclán, ao que acompañou nos seus últimos días en Santiago... E dun decidido activismo político que, en 1930, xa lle deu o desgusto de ter que pasarse uns días encerrado no Cárcere Modelo acusado de conspiración.
Lamentablemente, ao ánimo que lle levou a suspender o seu exilio interior non o acompañaba a saúde. Enfermo de diabete crónica, a finais do ano 1950 tivera que renunciar ao cargo de director artístico da recentemente creada editorial Galaxia. A diabete, no entanto, converteuse nunha dos seus acenos de identidade entre os combarrenses, aínda que estes nin o sospeitasen: ?Quen máis e quen menos o relaciona cos caramelos que sempre levaba nos petos...En realidade, poucos sabían que os levaba por se tiña baixadas de azucre...?.
?É que el tiña por costume regalarnos caramelos aos nenos?, intervén Antonio Besada Rodríguez. Antonio é outro dos ?retratos que falan? en Combarro e foi unha testemuña privilexiada da estancia de Carlos Maside na vila pontevedresa: Antonio é o fillo de Celia Rodríguez, a dona da casa na que se aloxou o pintor, a que lle facía a comida (case sempre peixe branco),a que lle lavaba a roupa, a que lle enchía a tina de auga para que o señor puidésese bañar...?Ai se dona Celia acordásese? Pero a memoria de dona Celia, aos seus 97 anos de idade, perdeuse nun labirinto de escuridade que soamente rompe algunha vez para que os seus ollos brillen iluminados por unha copla picantona das idades en que foi moza. Tamén se perderon, di o seu fillo, as cartas que don Carlos envioulle cando xa se había ir de Combarro.
¡Ese son eu!
Antonio, digámolo xa, é ?O Neno?...Bo, un dos nenos do Combarro de 1952: ?¿Que se me mandou pousar?-respóndenos galaicamente preguntando- A min o único que me dixo foi que me sentase na banqueta e que me estivese quieto...Creo que non pasou nin media hora e díxome xa está! Deume un caramelo e funme a xogar cos meus amigos.Que eu lembre, nin el ensinoume o debuxo nin eu intereseime moito por velo?. O Neno non soubo que era o Neno de Maside en Combarro ata que ?esta xente -di referíndose aos da Solaina- viñeron á miña casa, ensináronme o cadro e entón, si....!Pois claro que ese son eu!?, confirmoulles coa súa rotundidade mariñeira forxada entre as mareas nos bancos de pesca das Rías Baixas e Suráfrica e os seus anos de emigrante ??nunha fábrica de produtos químicos de Alemaña?.
A Carlos Maside, Combarro non lle resultaba un lugar descoñecido. Xa na súa mocidade visitárao, e tanto lle impresionou o pobo que deixou escrito un eloxioso artigo sobre el. Seguramente xa se decatou de que aquela paisaxe de hórreos, mar e praia e aquela veciñanza de pescantinas, mariñeiros e cheiro a salitre era o ideal para plasmar nunha obra que habería reter a esencia de Galicia, a súa tradición, a súa raíz, a súa fondura....A ?Galicia nai?, que diría Castelao.
?Pois o meu foi moi diferente?, intervén Maruja Vicente tras escoitar a versión de Antonio. Durante ?polo menos 15 días?, Carlos Maside estivo a estudar e tomando apuntamentos dos trazos daquela nena na que o artista debeu ver reflectida á muller galega: ?Dicíame que pasease pola rúa, polo peirao, que me puxese de perfil, que fixese tal ou cal ou xesto... e despois dábame unha propina e íame?. E, así, dúas semanas da que foi a única experiencia como modelo desta muller á que, con todo, e nisto coincide con Antonio, don Carlos tampouco lle ensinou o cadro acabado: ?Non.-di Maruxa- A min só ensinábame as probas de cada día, pero o que é o cadro terminado non mo deixou ver nunca?.
Tiveron que pasar cincuenta anos para que Maruxa Vicente puidese, ao fin, ver o aspecto que tiña o ?dichoso cadro?...Foi por mor de chegar á súa casa un calendario confeccionado pola, naquel aquel entón, Caixa de Aforros de Vigo. Para a súa sorpresa atopouse con que, na portada do calendario, figuraba unha ?peixeira? na que se recoñeceu de inmediato: ?Pero se esta rapaza son eu!?...E entón removéronselle todos os recordos da infancia e daqueles días, ?entre a vendima e o berberecho? en que un gran artista elixiuna como musa.
Carlos Maside deu por terminado o seu traballo en Combarro entrado xa o outono de 1952. Pouco antes de irse, unha camioneta cargou con ?unha chea de cadros, debuxos e bosquexos? que levaba consigo e que, até a súa morte, tan só seis anos despois, probablemente dedicaríase a puír e perfeccionar na súa casa-estudo de Compostela.
Valentin Paz Andrade tivo familia en Combarro, unha familia con posibles pois dispoñía de varias casas nesta fermosa vila mariñeira da ría de Pontevedra, ademais dun almacén no que pode ser fixesen salga de peixe e, seguro, arranxo de aparellos de pesca, pois alí había varios píos para encascar as redes entón de algodón. Este vencello da familia dos Andrade con Combarro vén, ao parecer, dende polo menos o primeiro terzo do século XIX.
O avó de Valentín, Manuel Andrade Carlín, nacera na freguesía de Brandomés (Carbia), terra adentro. Pero casou ?cunha moza da mariña combarresa?,a avoa Rosario, muller de máis vitalidade da que tería o seu borne, según confesou o propio Valentín nunhas súas memorias. E posible que Manuel e Rosario se coñeceran nas festas de San Bieito de Lérez, pois ela vivía no convento daquela parroquia co seu tío Frei Xoán Arribas, prior da comunidade bieita ata a exclaustración da época de Mendizábal, alá por 1835.
Alí, preto do río Lérez, nacería a nai de Valentín, Matilde, e o seu reverenciado tío, Xoán Bautista, quen despertara nel o feitizo ?das letras e a paixón por Galiza.? Outras dúas tías súas eran Rosario e Pilar. Esta, que enviuvara, quedou vivindo en Cornbarro.As outras irmáns, Frei Xoán Arribas construíaralles cadansúa casa no barrio do Socorro, a pouco máis dun quilometro da ponte do Burgo en Pontevedra. Nunha desas casas foi onde naceu Valentín Paz Andrade en 1898 e onde finou a súa nai Matilde, sendo el moi novo, con apenas oito anos.
Descoñecemos cal foi a traxectoria vital de Pilar Andrade en Combarro. Pero o feito é que alí, pasada a Guerra Civil, quedáballe parentela, pois de Combarro era Carolina Vidal Muiños, unha muller do círculo afectivo dos Paz Andrade, de xeito que, con ela, Combarro formou parte da xeografía familiar frecuentada por Valentín. Carolina vivía nunha vistosa vivenda, con potiño cara o norte e solaina cara o sur, sobre os areos da Rúa e as pedras da Jurita, a vinte metros do mar. Tamén tiña casa con balcón e balaustrada barroca de cantería en fronte da igrexa parroquial de San Roque, e o citado almacén da Jurita -hoxe convertido en restaurante-, así como, ao menos, unha casiña alboio ao pé do seu fogar, que acabou comprando Pepe o Coto.
Ese emparentamento con Combarro foi o que trouxo aquí en 1952 aValentín Paz-Andrade, acompañado de Carlos Maside, co fin de proporcionarlle ao artista un aloxamento con aire de familia, para que pasara o que ía ser unha longa e fecunda estadía creativa, convivindo coas xentes do mar deste pobo. Esa estadía tivo lugar na casa de Celia RodríguezVidal. Celia, que hoxe ten noventa e seis anos, e apenas conserva fragmentos de lucidez,é unha das mulleres cos olIos azul-verdoso rnáis luminosos, máis transparentes que eu poida lembrar de Combarro. Alegre e festeira como poucas. Memoria viva, cando a conservaba ben, das tradicións e do folklore, das cantigas de Combarro. E muller de fala amable, persuasiva, engaioladora. Paz Andrade non se dirixira á casa de Celia por un acaso. Ela era sobriña de Carolina Vidal. Fora Carolina quen criara a Celia, sendo esta nena; e era Celia quen entón coidaba a Carolina, sendo esta maior. Morreu na casa, contáronme a propia Celia e Antonio, o seu filio.
Cando Paz Andrade lle chegou con Maside, Celia, ao principio, ofreceu algo de resistencia e unha restra de dúbidas: como ían coidar, na casa, daquel home pintor? Pero non Ile fixo falta insistir moito a Valentín. Ao pouco, Maside estaba asentado na de Celia. E deixou fonda amistade, fonda pegada. Antonio o de Celia, que entón tiña uns nove anos, lembra que se cartearon tras deixar aquel a casa, á que volvería en 1953 e nalgún outro momento.
Era un home exquisito, tenme dito Celia de Maside: sempre pulcro, sempre ordenado, cos seus papeis, cos seus lapis, cos seus pinceis, co seu inseparable block de apuntes, traballando a cotío, desde a mañán moi cedo, e, no seu cuarto, sempre coa súa aquela xiringa disposta para tratar a diabete. Esa imaxe quedáralle moi gravada. Maside era un home de pouca saúde. Un home que, nos seus meses de estadía, identificouse tanto co ambiente e coa xente do lugar que se fixo un máis de Combarro.Acabou tendo no pobo unha familiaridade semellante a de Valentín Paz Andrade. Porque Valentín constituía, directa ou indirectamente, unha figura familiar para moitos combarreses. Era relativamente frecuente que os patróns de Combarro se aprovisionasen de redes e doutros aparellos de pesca nos efectos navais que os Paz Andrade tiñan en Vigo. Cando de comprar ao fiado se trataba, era a parente Carolina quen servía de fianza. Bastaba decir que se viña de parte de siña Carolina ?a de Muiños?. A fianza da confianza.
Así pois, Carolina Vidal Muiños ligaba aValentín Paz Andrade con Combarro, de xeito parecido que este, á súa vez, ligou a Maside co pobo, a través da sobriña daquela, Celia Rodríguez Vidal. Foi deste xeito como en 1952, hai agora sesenta anos, quedaron vencelIados, para sempre, os nomes Combarro e de Carlos Maside, un dos máis excelsos artistas galegos contemporáneos, por medio dun dos forxadores da contempo neidade galega,Valentín Paz Andrade. Redes humanas, redes territoriais, redes ao fin afectivas, trenzadas das neste caso por dúas mulleres significativas na densa e estreita vida local, Carolina Vidal,xa difunta, e Celia Rodríguez, aínda viva que queremos moito porque ela foi, coa miña aboa Carolina e miña nai Carme, unha das mulleres que me axudaron a coñecer, a entender e a amar á vila de Combarro, a miña patria da infancia.
Artigo escrito por Rafael Vallejo Pousada
Faro de Vigo 15 de abril de 2012
vallejo@uvigo
Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo ? Combarro. Conxunto Histórico 1972 ? 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.
É moi probable que as dúas imaxes sexan obra de Joaquín Pintos, aínda que só este firmada polo autor a inferior (Entallada. Combarro 1918). Ambas están feitas dende a Pinela en Combarro e recollen a modo de documento a actividade da entallada, o cal e lóxico que o autor fixera imaxes en preamar e en baixamar. Sábese tamén que fotógrafos que visitaron Galiza contratados pola Hispanic Society of América (inscrición na foto superior), ademais das propias, ampliaron os seus arquivos con fotos compradas a fotógrafos galegos de renome,como Francisco Zagala, xa comententado no post Nosa Señora a propósito de Ruth Matilda Anderson, fotografa e investigadora americana que plasmou en imaxes a Galiza no 1925.
A entallada é unha arte de pesca, hoxe en desuso, que consistía nunha rede de aproximadamente 100 a 200 brazas de largo por 10 de alto que se sostiña sobre varas espichadas na area e colocábase coa marea chea en esteiros co fin de que coa baixamar quedasen mallados os peixes nela ou sobre as charcas e area da praia. O peixe mallado e mais o que sobre a superficie da praia queda a dúas brazas de distancia da rede era para os mariñeiros que traballaban a entallada e o restante era para quen o apañara.
A etimoloxía da palabra Combarro pode estar ligada a esta ancestral arte de pesca. O étimo Camboa/Comboa fai referencia segundo Eladio Rodríguez González (1958-1961): Dicionario enciclopédico galego-castelan, Galaxia, (Vigo) a un esteiro, pequeno lago artificial que se forma na beiramar e que se enche o subir a marea, quedando en seco na baixamar. Ademais Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución ao dicionario galego, Alvarellos, (Lugo), define Camboa/Comboa como pesqueira na beiramar con estacada ou parediña de pedras, onde quedan presos os peixes cando baixa a marea.
A Exposición Iberoamericana de Sevilla no 1929 tiña como obxectivo a modernización de cidade, promover a reforma urbanística, promocionar o turismo e impulsar a mellorar as relacións cos países americanos. No Pavillón de Galiza había proxeccións cinematográficas, fotografías, folletos e carteis para dar coñecer monumentos e paisaxes co fin de promover o turismo. O director artístico foi o pintor Francisco LLorens que encarga a dezaseis artistas outros tantos carteis, dos que só se conservan dez en distintas Deputacións e Museos galegos. Tratase dun conxunto de temperas sobre papel de 125 cm x 100 cm cunha imaxe a cor co nome dun pobo ou cidade galega. Libremente cada quen escolleu o seu, así, Camilo Díaz Baliño fixo o do Cebreiro, Carlos Maside o de Vigo, Suárez Couto o de Mondoñedo, Martín Echegarai o de Baiona, Carlos Sobrino o de Pontevedra, Arturo Souto o de Betanzos, Francisco LLorens o de A Coruña e Federico Ribas o de Combarro. A importancia destes carteis radica no reto que supuxo para os artistas, xa que por primeira vez os nosos monumentos ían ser vistos por milleiros de persoas máis aló das nosas fronteiras. Era a primeira vez que Galiza promocionabase turísticamente. Sobre o autor do cartel que nos ocupa dicir que Federico Ribas Montenegro naceu en Bouzas, Vigo no 1890. Foi un dos máis importantes artistas gráficos e publicistas do panorama galego e español. Viviu en Bos Aires e posteriormente en París onde se dedicou o debuxo e a decoración traballando para distintas revistas . Cando a 1ª Guerra Mundial trasladase a Madrid onde colabora coas grandes revistas da época. Seus anuncios e carteis para as campañas publicitarias da industria de perfumería Gal, realizados a partires de 1916, sentaron las bases de la publicidade española. Tamén o contratan importantes editoriais como portadista de libros. En 1929 é director de unha grande empresa de publicidade. Durante a Guerra Civil exiliase en Bos Aires colaborando co grupo de Luís Seoane. Volve a España no ano 1949 e vive en Madrid, viaxa as veces a Galiza e pinta acuarelas co mar como tema, colabora con Faro de Vigo e coa revista Vida Gallega ata a súa morte en 1952.
CARLOS SOBRINO BUHIGAS" [Pontevedra 1885 - Vigo 1978]
Debuxante, acuarelista e ilustrador de libros e carteis. As paisaxes, costumes e retratos supoñen a temática relevante do artista todo elo cargado de gran expresionismo. Gusta da pedra labrada, do antigo, e de pintar recunchos históricos ( rúas, cruceiros, hórreos, casas etc..) polo que non é de estrañar que elixira o pobo de Combarro para exemplarizalo como representación da arquitectura popular galega. A fotografia superior pertenece a unha obra de Sobrino, propiedade da Fundación Novacaixagalicia, titulada xenericamente ?Pueblo Gallego?, cando en realidade debería ter nome propio, ó ser un recuncho de Combarro, como o demostra a inferior de recente edición.
Angel Nuñez Sobrino , profesor de filosofía, fixo un excelente traballo de investigación sobre a figura do artista chamado ? Carlos Sobrino, el rigoroso mundo de la anotación? do que copio, tal é, un apartado titulado: CARLOS SOBRINO DESCUBRIDOR DE COMBARRO
CARLOS SOBRINO COMO DESCUBRIDOR DE COMBARRO
Si hay un pueblo (marinero) unido a la obra de Carlos Sobrino, ese pueblo es Combarro. Coinciden en él una serie de factores muy positivos y significativos.
Helos aquí:
1º/ Muy probablemente conoció Combarro por su cercanía con Pontevedra, y su noticia, como de un lugar pintoresco y atractivo, bien le pudo llegar por gentes que se allegasen a la casa paterna, y contasen cómo era aquello, y tanto clientes de su padre - que era médico- como gentes que por diversas razones se acercasen a la casa familiar.
2º/ Por informes de la Sociedad Arqueológica de Pontevedra, directos, gráficos, amplios y positivos, y muy en primer lugar por boca de su propio padre, quien, dándole estímulos, le hablaría de lugares atractivos.
3º/ Combarro, además, le proporcionaba una doble lectura referida a lo arqueológico/ arquitectónico mismo: el conjunto edificado y el detalle, un edificio entero y una particularidad
salida de él, acaso como un ornato en primer plano. De esta manera, Combarro se convierte en
enunciado y cifra.
4º/ Además de ser Combarro un pueblo lleno de atractivo por su piedra labrada, tenemos
que considerar que es un pueblo -en la evocación que nos interesa- vivo con su interesante
pulular de gentes, lo que nos llega de inmediato a la consideración del traje popular gallego.
5º/ Combarro como un pueblo con oficios de mar, y, también, con escenas de mar, con
dedicación humana al mar. Al respecto, y en gran formato, es obra maestra suya al tríptico que
representa escenas de pesca, un patín encalado, unas cerámicas que representan la mejor
tradición de Zurbarán y de Zuloaga, y un espléndido paisaje de ría... desde Combarro mismo;
también supo atender con plenitud lograda a la figura humana, y en este caso es su hija
Mercedes quien ha posado para tal escena.
6º/ Combarro se nos presenta como motivo y verdad para el paisaje, sin duda alguna. Conocemos un lienzo al óleo que es un paisaje de playa, tomado en posición desde una loma
cercana a Combarro: la plástica sugerencia de la luz. Podemos dar un año para la elaboración
seria de sus series de Combarro: 1912, pues tal es la fecha de un cuadro que regaló a su
hermano Ramón en 1914. Combarro también es para Carlos Sobrino lo opuesto a la
espontaneidad: fue siempre elaboración. Como una suite con resultados atrayentes