A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza. |
|
.jpg)
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Combarro no arquivo Pacheco |
|

O Arquivo Fotográfico Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos sobre a cidade de Vigo en particular e sobre Galicia en xeral de titularidade pública. Consta de placas de cristal, negativos, positivos e outros materiais en diverso formato ata un total de 100.000 imaxes entre os anos 1900 e 1970. A autoría das fotografías corresponden a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia. A adquisición prodúcese por contrato de compra aos herdeiros dos fotógrafos, en maio de 1991.
Na imaxe gif, unha serie de 6 fotos entre os anos 1930 e 1961 pertencentes o arquivo fotográfico do diario ABC ( levan marca de auga ) e 1 da praza da fonte datada en 1925 que é copia dun cromo.
|
|
|
|
Combarro. Arquivo Chamoso Lamas |
|

A Real Academia Galega de Belas Artes conta entre o seu patrimonio con un magnífico fondo de fotografías pertencente á colección particular de D. Manuel Chamoso Lamas, antigo presidente da Academia. Esta colección adquirida pola Academia, co fin de comezar a recuperación de fondos gráficos da historia do Patrimonio monumental i etnográfico de Galicia, compónse de 10826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4814 fotografías positivadas, o que supón un total de unhas 15000 imaxes.
Podes ollar as fotos de Combarro incluidas no fondo fotográfico no enlace: http://www.academiagallegabellasartes.org/galeria.asp |
|
|
|
Combarro no Bildarchiv Foto Marburg |
|
Bildarchiv Foto Marburg, fundado en 1913 polo historiador de arte Richard Hamann, forma parte da Universidade de Marburg e do Centro de Documentación da Historia do Arte Alemán. Con preto de 1,7 millóns de fotografías, é un dos maiores arquivos de imaxes do arte e da arquitectura europea.
O seu obxectivo e a recopilación, procesamento e distribución de fotografías de arte europeo e arquitectura, así como o estudio da historia mediante o patrimonio cultural visual, explorando os procesos de transformación dos medios, almacenando os coñecementos de forma visual, dando suma importancia a recordar a cultura da sociedade por medio de imaxes.
Por outra banda Foto Marburg apoia o traballo de documentación nos museos, nas oficinas dos monumentos, bibliotecas e centros de investigación. Coa publicación de datos de imaxes e con 80 institucións asociadas, o centro de documentación xermánico prestase a facilitar información a editores, directores, investigadores e a calquera persoa interesada.
A presentación das fotos de Combarro pertencentes o Bildarchiv Foto Marburg son obra do fotógrafo alemán Walter Schröder que fotografou durante os anos 1950-1971 obras de arte e arquitectónicas en moitos países do mundo.
O pé da porta tamén en Faceboock https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca
|
|
|
|
Combarro. Entre Pedras |
|
Andrés, Diego e Milucha fálannos da tipololoxía das vivendas de Combarro e da súa rehabilitación no programa "Entre Pedras" que dentro do espazo "Vivir Aquí"foi emitido pola TVG o día 3 de maio de 2014. Podedes ver o programa enteiro en TVG a carta na páxina web da TVG.
O programa ven a mostrar a importancia do patrimonio como testemuña da evolución do noso pobo e a maneira en que debemos, individual e colectivamente, implicarnos na súa defensa. Tendo en conta que nós mesmos, o paso do tempo e os desastres naturais son os únicos agresores do patrimonio cultural, debemos concienciarnos de facer unha actuación proteccionista, desta forma garantimos a continuidade da nosa identidade, a nosa orixe e asegurámonos de que así se transmita as futuras xeracións. Coidar o noso e unha máxima, non debemos esperar a que os de fóra nolo recorden, polo que as institucións máis pretas tamén teñen ao obriga de velar pola protección,conservación e difusión do patrimonio ( independentemente da propiedade)
O patrimonio cultural somos nós, manuscritos, gravacións, películas, fotos, pinturas, esculturas, artesanía, gastronomía, conxuntos históricos e arqueolóxicos, monumentos, paisasxes, a fala, os costumes, tradicións, lendas e mitos, música e festas populares e máis e todo. Mira por el.
|
|
|
|
Combarro de Jean Dieuzaide |
|

Jean Dieuzaide ( Francia, 1921- 2003) foi un dos fotógrafos estranxeiros que se detiveron en Combarro para inmortalizar coa súa cámara escenas dos nosos recunchos e integralas, xunto con outras, en exposicións por todo o mundo, recoñecendo a Combarro como pobo de singular arquitectura popular galega.
Levou a cabo distintas viaxes por España dende principios da década dos cincuenta até os primeiros anos sesenta, por encargo da editorial francesa Arthaud. En Galicia estivo en 1958 e 1961, e realizou un extenso traballo por todo o seu contorno xeográfico. Percorreu cidades e aldeas, costa e montaña, para plasmar o que consideraba o máis auténtico da nosa terra e conseguiu o que agora se pode considerar como un traballo plástico e documento, fundamental para a nosa memoria visual e para nosa historia.
Facendo uso da definición máis xenérica da fotografía humanista, retrata a vida dotando á imaxe de unha estética que a aproxima o excepcional máis que ó meramente colidíano. Ollaba la fotografía como un medio para entrar en contacto col mundo,coa xente". Era un fotógrafo polifacético, interesáballe todo.
Jean Dieuzaide, posuidor dos máximos galardóns outorgados en Francia relacionados coa fotografía (premios Nadar e Niepce, entre outros) e a cultura (Oficial da Orde das Artes e as Letras), fundou en Toulouse en 1974 a galería Chateau d´Eau, un dos centros institucionais de difusión fotográfica máis destacados de Francia.
A súa obra está presente en coleccións da talla do Museo Ludwing (Colonia), da Biblioteca Nacional de Francia ou do Metropolitan Museum (Nova York).
Ademais de varios libros sobre España e Portugal (o primeiro editado en 1953) . As fotos sobre o texto son do ano 1961, e no mesmo publicou en París The Ways to Santiago.
|
|
|
|
Combarro 1929 |
|
Escenas de Combarro pertencentes a película Un Viaje por Galicia 1929
A mediados de 1929, o debuxante, fotógrafo e cineasta Luís R. Alonso, emprende unha viaxe por Galicia, por encargo das catro deputacións, para filmar as súas paisaxes e editar un documental para ser exhibido na Exposición Iberoamericana de Sevilla. Non remata o traballo, xa que morre catro meses despois, deixando o material sen montar polo que non se mostra na citada Exposición. É a longametraxe máis antiga e completa da paisaxe galega, única da preguerra. A película foi restaurada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en 1991. Ten unha duración de 105 minutos sen refugos.
No 2010, Pablo Gallego retornou aos lugares de filmación de Un viaje por Galicia? (1929), de Luís R. Alonso, e filmou Unha viaxe por... 1929-2009, en colaboración con el Colexio de Arquitectos.
|
|
|
|
Realidade ou montaxe |
|

Tiña está foto gardada no meu ordenador dende fai algún tempo. Cada vez que vexo a expresión do rostro da muller sinto a tristura que ela transmite.Parece ser unha modelo polos panos de festa e estando de festa ninguén pode ter esa cara,salvo as tallas dos santos ou santas neste caso. |
|
|
|
Lotaría nula |
|
 O debuxo pertence o tema monográfico que ilustrou os décimos da lotaría nacional nos anos 1991 e 1992 chamado Arquitectura Popular Española.
Este sorteo constaba de doce series de 100.000 billetes cada unha, ao prezo de
5000 pesetas o billete, divididos en décimos de 500 pesetas, repartindo en total 329.500.000 pesetas. Premio especial de 246.000.000 de pesetas para unha soa fracción dun dos billetes agraciados co premio primeiro.
Como curiosidade o sorteo foi declarado nulo por orde ministerial publicada no BOE con data do día anterior ao sorteo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|