O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apuntes sobre "Combarro no cine"

Fai uns ano editei un vídeo con imaxes de películas rodadas en Combarro titulado " COMBARRO NO CINE" que incluia imaxes de "EL Hereje" de Francisco Borja (1957), Botón de Ancla (1948) de Ramón Torrado e "Os caballeros do Botón de Ancla (1974) dirixida igualmente por Ramón Torrado e producida como a anterior por Cesáreo González. Non tiña imaxes de "Botón de Ancla" (1961) de Miguel Lluch, en color, protagonizada polo Dúo Dinámico nin de "La casa de la Troya"de Lugín. Deixei fora dese vídeo "Dagon": a secta do mar" (2001) dirixida por Stuart Gordon e protagonizada por Ezra Godden, Raquel Meroño e o gran Paco Rabal por ser doutra época e do que faría outra recopilación de imaxes.( ver aquí ).Lembro moi ben a rodaxe do film.Curiosamente a produtora de película contactou connmigo para poder filmar unha escena dende a miña casa, dita escena foi filmada finalmente en Pontevedra. Este post de " Apuntes sobre Combarro no cine" ben a complimentar aquel do ano 2009.

«La Casa de la Troya» é unha película española, adaptación da novela do mesmo título do escritor Alejandro Pérez Lugín.
Ambientada na Compostela universitaria de finais do século XIX, a casa da Troya, ven sendo unha pensión de estudantes, tunantes e moinantes. Ata aí chega un novo inquilino que pronto lle bota o ollo a Carmiña, unha ben feita moza galega, da que namora; ela, rexéitao para casar ata que este finalice os estudos.
A primeira versión muda rodada durante o ano 1924, foi estreada no 1925 por Troya Film, producida e dirixida polo propio Lugín e Manuel Noriega. Ademais de en Combarro a película foi rodada en A Coruña, Santiago, Os Ánxeles(Brión), Betanzos, Pontedeume, Sada, Marín e Vigo. Os protagonistas foron Carmen Viance, Clotilde Romero, Luis Peña, Pedro Elviro, Florián Rey e Juan de Orduña. O Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña -CGAI-, restaurou a película en 2003. No 1930 a Metro Goldwyn Mayer faría a súa versión particular.
En 1936 dirixida por Juan Vilá Villamala e Adolfo Aznar rodouse outra versión pola produtora Vilá Films. Estreouse en 1939 no cine Rialto na que interviren Tony D?Algy e Isa de Navarra.
A versión mexicana de ? La casa de la Troya? (1947) foi dirixida por Carlos Orellana.
A versión de 1959 foi a máis exitosa e popular, rodada en color, dirixida por Rafael Gil e protagonizada polos autores españois máis famosos da época como Arturo Fernández, Pepe Rubio, José Isbert ou Ana Fernández.

ODIO a novela de Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña 1885 - Madrid 1964) levada o cine no 1933 por Richard Harlan (Lima 1900-California 1968) director da Pan American Pictures Corp. (unha compañía fundada con capital norteamericano que facía películas en Cuba) foi unha superprodución española, producida por Stard Orphea cun reparto que se podería considerar de superluxo daquela, no drama participou como actriz principal María Fernanda Ladrón de Guevara ademais de Manuel París, Antonio Plana, Jesús Navarro, Raquel Navarro, Pedro Larrañaga, Patrocinio Rico, Pedro Terol, Manuel Arbó e Fernando Fernández de Cordoba. A música é do mestre Patiño ( Cadíz 1829-1902)considerado o gran clásico da guitarra flamenca.
Así descríbese o film no tríptico propagandistico do estreo: Toda a gama de múltiples paixóns, nobres unhas, e execábreis outras, que aniñan nos plegues da alma dun pobo, palpítan a traves das vibrantes escenas de "ODIO, que unhas veces co seu tráxico realismo e outras coa intensidade das súas doces emocións, firen constantemente a sensibilidade do público.
Crónica do xornal "La Vanguardia 2/08/1933. FILMANDO << UNA PELÍCULA>>: Hasta altas horas de la madrugada estuvieron miles de personas en el inmediato y pintoresco puertecito de Combarro, presenciando la filmación do la película de Fernández Flórez, por Fernanda Ladrón de Guevara y otros artistas. Centenares de autos ocupaban algunos kilómetros de la carretera. El espectáculo nocturno, iluminado por grandes reflectores, resultó fantástico, pues Fernanda aparecía rodeada de pescadores auténticos, que con grandes antorchas recorrieron las seculares callejuelas del Comercio, al pie del mar. Todo el vecindario marinero toma parte estas noches en la película hasta las cinco de la madrugada, para defenderse del calor y de la aglomeración del gentío, que por el día harían imposible el trabajo. Esta noche se simulará el incendio de un poblado, que se disponen a presenciar desde las playas inmediatas y muelles de Pontevedra muchos curiosos.
Crónica do xornal "La Vanguardia 30/10/1933. FILMANDO «ODIO» Siguiendo las normas del cinema ruso, Richard Harlan ha improvisado gran número de los actores que intervienen en «Odio», entre los propios aldeanos del lugar donde ha localizado las escenas. Solamente en Combarro, humilde pueblecito pesquero de la costa gallega, movilizó tal cantidad de gente que no quedó vecino que no haya intervenido en la película. Pero Richard Harlan no contó con la huéspeda, que en este caso es la moda. «Odio» es un film francamente dramático, cuya segunda mitad se desarrolla entre gente de la más humilde condición, en un pueblo misero donde aun no ha Irrumpido el progreso. Como es lógico, al director de la película le estorbaba todo cuanto significara lujo y todo aquello que desvirtuase el ambiente característico de una Galicia de ayer. Por eso, su asombro llegó al espanto cuando empezó a descubrir entre las «extras» contratadas multitud de muchachitas con el pelo cortado a lo «Manolo» y hasta con medias de seda. Los gritos debieron oirse en Hollywood: ?Esto no es Galicia: estas señoritas no son aldeanas. Yo quiero muchachas con el pelo largo como esa que está ahí. Y señalaba a una soberbia rapaza, con el pelo trenzado, que le caia magnífico sobre la espalda. Hubo que suspender la escena y dedicarse a buscar chicas con el pelo largo, en lo que se invirtió no poco tiempo, teniendo que recurrir, incluso, a las aldeanas próximas. Pero, aquí viene la segunda parte. Estas otras muchachas creyeron que se las llamaba para comprarles el pelo. ¡Y hay que ver las cantidades que pedían algunas !

Non existe copia da película, ao menos eu non a atopei, nin no Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña -CGAI-, nin na Filmoteca Española.

Con MAR ABIERTO ( 1946), inicia Ramón Torrado (A Coruña 1905 - Madrid 1990) con argumento e diálogos do seu irmán Adolfo, unha serie de películas que teñen coma modelo o melodrama rexional, propaganda da época franquista que deriva na preocupación do director pola Terra que o viu nacer e polas prebendas do film que o seu produtor, Cesáreo González ( Vigo 1903 - Madrid 1968) espera conseguir co clientelismo emigrado en América do Sur.Torrado describe a Galicia mariñeira folclórica de gaita e pandeireta, traxes rexionais, mariñeiros nobres, labregos coas roupas sempre limpas, mulleres santas e melandros maliciosos todo elo acompañado de cantigas do coro Ruada e coa Virxe como protagonista milagreira dende o principio ao final da cinta. Bebemos, xantamos e bailamos durante toda a película. O reparto : José María Lado, Maruchi Fresno, Jorge Mistral, Fernando Fernández de Cordoba, Rosario Royo, Xan das Bolas, Gabriel Algara, Félix Fernández, Carlos Casaravilla, Fernando Fresno, o propio director e outros. A película foi ben recibida pola crítica e tratada como categórica. Desarróllase nun idílico pobo mariñeiro galego chamado Costa Nova con escenas de Ourense, Ría de Vigo, Cangas, Bouzas,Bueu.De Combarro recoñécese a fotografía da Praza de San Roque nos créditos de inicio da película. Polo de agora, non penso volver a revisar a película.

Combarro no cine
Dagón: La secta del mar (escenas Combarro)
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-01-2017 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
¿E por que non?

O Patrimonio Marítimo ten a súa orixe nos homes e mulleres que obteñen os seus recursos do mar, eles xenérano e eles constrúeno. As institucións teñen a obriga de xestionar o patrimonio dende diversos ambitos, sociedades, concellos, deputación e museos ¿por que non?. Sempre, tendo en conta para elo a opinión dos colectivos humanos que traballan no mar, que son os verdadeiros protagonistas da cultura patrimonial mariñeira. Precisamente para evitar a marxinación o esquecemento e o desinterese do PATRIMONIO sería o MUSEO do MAR o ente máis próximo encargado de xestionar o mesmo.
O Museo do Mar de Combarro estivo a punto de ser unha realidade. "En 1969 acordouse a creación dun Museo de Artes e Costumes Populares do Mar en Combarro por Decreto do 25 de setembro. A súa finalidade era: ?exhibir adecuadamente, además de las muestras representativas de la vida colectiva y pública y de la vida familiar de la Galicia costera, las distintas variedades de utensilios empleados en las artes de pesca?. Adquiriuse un edificio na propia vila, situado no conxunto histórico declarado, de traza singular pero pouco adaptado ás necesidades propias dun museo. De feito, o museo non chegou a entrar en servicio e a recollida das coleccións a penas comezou (as recollidas deberon pasar ó Museo de Pontevedra) pero a súa análise serviu para unha aproximación global ó tema dos museos de Galicia e unha proposta inicial de articulación dun museo do mar cun carácter máis participativo no que se incorporasen posibilidades de aprendizaxe, concentrado agora cara ó ocio e ó deporte, abrindo novas perspectivas en relación cos problemas da dinámica museográfica. A pesar da disposición legal, e quizais como consecuencia da inadecuada situación e falta de estudio previo, o museo non se converteu en realidade e segue sendo unha serpe de verán".
Texto de: A MUSEALIZACIÓN DO MUNDO DO MAR EN GALICIA: APROXIMACIÓN Ó SEU PROCESO
Francisco Fariña Busto

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-12-2016 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro En Portada



A ilustración da Praza da Fonte por F. Iglesias foi portada do nº 22 da revista Céltiga, editada en Buenos Aires o 25 de Novembro de 1925.



Céltiga foi unha revista que se editou en Buenos Aires entre 1924 e 1932.Subtitulada Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades, apareceu o 30 de setembro de 1924. Publicación quincenal fundada e dirixida por Ramón Peña, Domingo Rial Seijo era o director-xerente, Eliseo Pulpeiro e Adolfo Vázquez Gómez foron os directores literarios. Despois foron directores literarios Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo.
Revista cultural ilustrada. As seccións informativas estaban en castelán, pero incluía gran cantidade de textos en galego que procedían dos autores galegos máis coñecidos do momento.
En 1927 chegaron a un acordo con José Ramón Lence, director-propietario de Correo de Galicia para mancomunar a súa administración en mans de Rial Seijo e Lence pasou a ocupar o cargo de asesor literario de Céltiga. Cesou a súa publicación o 1 de xullo de 1932.


Máis sobre Céliga, http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=138595
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-11-2016 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro nas tarxetas postais IV

Praza da Fonte 1966.FISA - Escudo de oro

Empresa fundada en 1956 como Fotografía Industrial Fisa Escudo de Oro. A tarxeta postal turística foi o primeiro dos seus produtos, á que seguiron, nos anos 60, libros e guías turísticas Escudo de Oro.
Estas postais son facilmente identificables xa que se diferencian doutras grazas ao logotipo que da nome á colección, un escudo de bordes dourados -ou amarelos, en edicións máis recentes- dentro do cal reprodúcese, de forma máis ou menos precisa, a representación heráldica da poboación en cuestión. Este escudo aparecia en calquera das dúas esquinas superiores da postal, as veces en algunhas composicións situábase en algún outro lugar da mesma.
En cuanto ao dorso xunto co logotipo de ?Postales Escudo de Oro? figura como empresa editora Domínguez, de Madrid. Esta situación cambiaría co tempo dado que, aínda que a marca, sigue existindo, a empresa é hoxe diferente.
No que respecta as datas de edición, tan só contamos coa referencia do depósito legal. As postais a partir de 1958, levan na parte posterior, o número do Depósito legal e o ano de edición; ou no seu defecto, un número romano, tomando como ano cero, precisamente, 1957. É dicir, si a postal leva un "I", a imaxe foi impresa en 1958 e si leva unha "V" sería 1962, e así sucesivamente, xa comentado no post " As postais falan"
O grupo FISA-Escudo de Oro dispón de máis de 350 títulos en libros e mapas das zonas máis importantes e visitadas do mundo, Tódolos seus títulos están traducidos a varios idiomas. O grupo, que ten a súa sede en Barcelona, pose filiais de distribución en Barcelona (Comercial Escudo de Oro), Mallorca (Escudo de Oro Baleares), Londres (Fisa GB) e San Juan de Puerto Rico (Escudo de Oro Caribe).
En 2007 o grupo austríaco Smiley, importador e propietario de tendas de souvenirs en Austria, Alemaña, Suíza, Hungría e a República Checa, que era cliente de Escudo de Oro, inverteu 600.000 euros a cambio do 30% do capital. Así, a empresa incorporou a seu catálogo novos produtos como bolsas, imáns, figuras decorativas? ?que compensaron a caída do 25% das ventas de libros nos últimos cinco anos?.
Agora, están enfocando tódolos seus esforzos nunha política de expansión ao mercado exterior, buscando introducirse naqueles países, cidades e monumentos turísticos nos que aínda non están presentes.
II
III
I
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-10-2016 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Visite Galicia

Visite Galicia é unha colección de cromos de pequeno tamaño editada durante os años trinta polo fotógrafo Luís Casado Fernández,"Ksado" En 1929, Luís Casado realiza unha viaxe por toda Galicia en compañía do xornalista vigués Xosé Seijo, patrocinados polo xornal El Pueblo Gallego. Durante esta viaxe toma máis dun millar de fotografías que serviron de base para as series de cromos tituladas Estampas de Galicia (1935) e Estampas compostelanas; así como da serie de cromos de pequeno tamaño ou selos en color marrón e sepia Visite Galicia y de outra serie en branco e negro sobre Santiago. A impresión dos selos foi realizada na Imprenta Arte de Bilbao. Son poucas as coleccións coñecidas, por perda , xa que se utilizaban para pegar nos peches das cartas como propaganda turística.A Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC conserva esta colección incompleta de 316 cromos que foron atopados dentro dun Tratado de anatomía patolóxica de Isaac Costero, editado en México en 1946 pola editorial Atlante. No correspondente a edición de " Visite Galicia" sobre imaxes de Combarro é coincidente coa editada en Estampas de Galicia. Ver Combarro no "Estampas de Galicia"
Visite Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-09-2016 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro de Prieto Nespereira

Combarro 1943. Prieto Nespereira. Augaforte 60x50 papel Creysser. Unha tinta .

Julio Prieto Nespereira (Ourense, 7 de decembro de 1896 - Madrid, 5 de agosto de 1991) foi un pintor e gravador galego. Fundou xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo, entre outros, a Coral Ruada. O mesmo Otero Pedrayo escribiu a súa biografia.
Realiza a súa primeira exposición de pintura ó óleo en 1912, na súa cidade natal. Chegou a Madrid en 1917 ,onde recibe clases de Álvarez de Sotomayor. Colaborou en revistas galegas como Alfar e Nós.
Dende 1922 centraría o seu traballo na técnica do gravado, que lle reportaría grandes éxitos en todo o mundo. Prieto Nespereira, coñeceu o gravado na obra de Bramguym e continuou a tradición figurativa iniciada por Castro Gil; non é ata 1955 cando evoluciona á pintura abstracta , ata entón o seu estilo era barroquista e figurativo, conseguindo numerosos premios e galardóns internacionais. En 1966 presenta por primeira vez as súas famosas series,« Hombres de mar», «Mujeres del campo gallego» e «Peces rotos», nunha exposición antolóxica do Museo de Arte Moderno de Madrid. Presidiu a Asociación Española de Artistas Gravadores e impartiu clases na Escola Nacional de Artes Gráficas. . O Museo Provincial de Lugo dispón dunha sala monográfica do artista e a cidade dedicoulle unha rúa. O Museo Municipal de Ourense desenvolve a función de conservación e custodia da maior parte da obra do artista. Foi nomeado fillo predilecto da cidade de Ourense en1984 e fillo adoptivo da vila de Pontedeume en 1986.
Castro Gil
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-08-2016 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexionemos !!!

As veces remexendo nos libros, aparecen imaxes do pobo, de fai non moito tempo, con chalanas na rampa, barcos de baixura no peirao e veciños que xa non están connosco. Dan a pensar o lixeiro que pasa o tempo engadindo ao no noso particular cemiterio mental, as nosas xentes, mais tamén o noso patrimonio marítimo. ¡Reflexionemos pois!
Chousa.Combarro. 1989. Foto de Fernando Ramajo.
En Facebook
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 29-07-2016 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Carmela de Combarro

"Carmela de Combarro" é unha postal editada por P.P.K.O de Vigo propiedade do escritor e empresario galego José Cao Moure, resultante da fotomontaxe dunha modelo de triste face mariana con pano na cabeza e chal tradicional sobre unha imaxe do cruceiro da Praza da Fonte da autoría de Jaime Pacheco.
Dende o inicio da fotografía ata a actualidade os fotógrafos sempre retocaron as imaxes, coloreaban,iluminaban, facían desaparecer as engurras ou diminuír o perímetro abdominal das mesmas.Noutras ocasións utilízanse varias placas para facer realidade a montaxe fotográfica. A fotomontaxe utilizábase para incluír algún falecido, ou algún ausente pola emigración no retrato de familia. Tamén para crear retratos de vodas moi a posteriori das mesmas. En Galicia, a familia Pacheco, sobre todo Augusto Guedes, foi pioneira na creación da fotomontaxe, proba delo é que nos estudios de Pacheco en Vigo había retratos de noivas descabezadas con diferentes vestidos para que a cliente elixira a seu gusto.
Grete Stern, (1904-1999, deseñadora e fotógrafa xermana, nacionalizada arxentina) define fotomontaxe como a unión de diferentes fotografías xa existentes, ou tomadas con ese fin, para crear con elas unha nova composición fotográfica. Desta maneira urxen numerosas posibilidades para a composición, entre elas a de xuntar elementos inverosímiles.
A diferencia da "colaxe" que utiliza materiais de diferentes naturezas, a fotomontaxe utiliza fotografías coa mesma tipoloxía co obxectivo de xerar unha nova de aspecto similar.
A fotomontaxe analóxico realízase mediante técnicas que combinan diferentes negativos para a creación dunha imaxe única, o seu primeiro uso foi para resolver limitacións técnicas, mais pronto aparecen autores que ven nesta técnica unha forma de expresión como o fotógrafo sueco Oscar Gustave Rejlander ( 1813-1875)
A principios do século XX o mundo da arte rompe coas formas tradicionais e prodúcese unha revolución dos movementos vangardistas, ate o de agora a creatividade do fotógrafo dependía das súas cualidades, da luz e do encadre. Cos novos movementos, primeiro co Dadaísmo e posteriormente co Futurismo, Construtivismo e Surrealismo redúcese o espazo entre a fotografía e as formas pictóricas, grazas a montaxe e a "colaxe".
Roger Fenton (1819- 1869) foi un fotógrafo de guerra británico, que realizou o primeiro fotomontaxe coñecido da Historia chamado ? O val da sombra da morte? durante a guerra de Crimea en 1855.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-07-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0