A exposición homenaxe a Luis Pintos Fonseca foi inaugurada o luns 17 de xullo do 1967 no Museo de Pontevedra, nela presentouse un total de noventa e dúas obras do crego e artista pontevedrés. O prólogo do catálogo da exposición inclúe dúas crónicas sobre a vida e obra do pintor, unha de José Filgueira Valverde, director do Museo, que fora escrito no ano 1959, ano da morte de Pintos Fonseca e outra asinada por Sánchez Cantón en Madrid no ano 1946. A exposición contou con practicamente o obra completa de Pintos, nela Combarro estivo representado con nove debuxos a lapis, dous óleos sobre cartón ( ambos sen sinatura) e unha acuarela titulada "Rincón de Combarro" do ano 1946. Na foto superior, do Faro de Vigo da época, aprécianse varios dos debuxos expostos de Combarro.
Tiña datada esta foto de Jaime Pacheco publicada no Heraldo Deportivo en 1928, cando atopei este gravado de Cortés (debuxante, do que non teño ningunha información) editada na Voz de Galicia no ano 1925. Conclusión a foto é anterior o 28.
Sayd de Juliis foi un pintor e debuxante italiano aveciñado en Vigo que dominando as técnicas de pluma, acuarela e óleos, prestábase a realizar toda clase de publicidade para empresas e particulares e tamén pinturas de retratos e paisaxes.
Colaborou coa RAIG ( Revista Artística Ilustrada de Galicia) revista editada en Vigo, fundada e editada por Carlos Bock Bremer que a vez era o propietario da mesma; de tirada mensual, tivo unha corta vida, dende xaneiro de 1935 ata o seu último número en xuño de 1936. Sayd de Juliis escribiría en italiano unha crónica de Vigo onde facía un gran enaltecemento da cidade.
Sayd tamén quiso deixar plasmada na súa obra motivos da arquitectura popular galega en Combarro. Nas RAIG foron publicadas estas imaxes, ademais dunha foto da Praza de San Roque asinada por el.
"Posta de sol en Combarro" obra o óleo, pintada sobre o ano 1940, elixida para ilustrar a portada do catálogo da Exposición realizada no Casino de Vigo en outubro do 1944 por Manuel Abelenda.Foi adquirida en Barcelona ao siguinte ano.
Ramón Sobrino Lorenzo- Ruza co seu axudante medindo o petroglifo. Combarro 1951.
O petroglifo situado no Outeiro do Xubiño (Combarro) é unha laxe alargada en dirección Norte-Sur, que combina unha forma circular de gran tamaño, da que se prolonga desde ela un reticulado. Os sucos do gravado están bastante erosionados. Hai outras representacións, na periferia deste, en pedras máis pequenas. Este ben patrimonial está catalogado no PXOM do concello de Poio do ano 2000, na sección de Arqueoloxía co nº 14.
O gravado rupestre do Xubiño, atópase no máis escuro abandono, sen sinalización,sen protección e no esquezemento da súa imperativa integración real na Area Arqueolóxica de Poio. Sen embargo non carece da importancia cara a súa ?recuperación? xa que foi debuxado por Enrique Campo e fotografado e estudado por Ramón Sobrino pai e fillo.
Ramón Sobrino Lorenzo- Ruza naceu en Poio o 3 de marzo de 1915, de profesión aparellador, foi un arqueólogo fillo do tamén arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas ( Pontevedra 1888 - Valladolid 1946 ), publicou a obra magna da arte rupestre " Corpus Petroglyphorum Gallaeciae" editada polo Seminarío de Estudos Galegos en Compostela no 1935. Era irmán este, do famoso pintor Carlos Sobrino Buhígas e curmán de Enrique Campo Sobrino ( Pontevedra 1890 ? 1911 ) pintor e debuxante pertencente a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, sendo o primeiro que comezou a rexistrar petroglifos nos montes da provincia de Pontevedra.
Ramón, profesor de debuxo da Escola de Artes e Oficios de Santiago e membro da Real Academia Galega, foi continuador dos traballos comezados por seu pai sobre a Arte Rupestre Prehistórica Galega. Rexistrou coa súa cámara máis de 2.500 imaxes, labor que tamén facía seu pai, ademais de gran cantidade de debuxos cos que contribuíu a enriquecer os Arquivos da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Anotacións da axenda de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
O 24 e 25 de agosto de 1951.
? para ir a Combarro. Ida 11,30h, 13h, 15,30h, 17,00. Vuelta 15,00h y 19,00h. Voy a Xubiño. Teixugueiras. ¡ hay ciervos! Saco foto del laberinto. Al regreso saco foto al hórreo de rama de Salgueiro, lugar de A Seca, Poio grande, finca llamada Candido.? de Cándido Couselo Bermudez, hórreo de rama de salgueiro,
pilares de piedra, techo de paja de centeno, renovado todos los años, sobre la armadura de pino del país. Entramado (de) piso de castaño. Lo hizo un tal José do Ache, carpintero, de
S. Martín, un lugar cercano, en donde hizo otros; algunos hay conservados. Hace más de
150 años ò dos siglos. Antes de hacerse la carretera, hecho uno redondo al otro lado. Hay
otros dos (de) Cándido Couselo. Uno en Poio. Otro en Combarro».
« El 25-VIII-51 visto por 2ª vez este petroglifo. Obtengo dos
fotos al natural, un sol poniente. El diámetro en el círculo más extenso es de 1,00 mts. El
centro está exactamente a los 0,50 mts. A la izda. en una peña más alta, restos de un círculo
pequeño. Sobre los que aparecen en este dibujo. A unos 10 mts. a la derecha (según
posición dibujo) otra circular. No hay sol y no obtengo de ninguno de ellos fotos. En otras
pequeñas «laxes» diseminadas en la ladera de donde se extrae piedra, señales y huellas de otros motivos. Lo mismo en piedras de muros de la aldea de «Xuviño. S. Roque de Combarro». ( Petroglifo de Xuviño).
Fontes: Wikipedia. Anotacións da axenda de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza extraido de: El trayecto vocacional dun arqueólogo de Angel Nuñez Sobrino. Foto copiada dos paneis do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro, presumiblemente, a imaxe orixinal, está gardada no Museo de Pontevedra.
"Los ribereños de las Rías Bajas son gente alegre, generosa y cordial. Son aficionados a los vinos de Cambados, del Condado, del Rosal y del Ribeiro y amigos de la canción y del baile. Gente, en suma, sencilla y dionisíaca, hospitalaria , y dada, por lo general, a los placeres naturales". Texto do libro: Todo Pontevedra, Vigo y Rías Bajas.Editorial Escudo de Oro. 1980
Non, non somos todos listos nin parvos; nin estamos tódolos días cantando e bailando, nin chorando e podemos gustar do viño pero tampouco adouramos a Baco; nin mesmo nos vestimos con traxes folclóricos para ir a unha romaría a xantar unha empanada ou unha tapa de polbo e non é certo que as centolas gabean pola ribeira ata a Torre de Hércules e atopen alí a unha bela moza disposta a compartilo con nós.
A mediados dos anos 60 durante o auxe do turismo, as editoriais adicadas a impresión de tarxetas postais adquiren unha gran demanda dos seus produtos. Estas editoras , algunhas con fotógrafos propios, solicitan e compran fotos de fotógrafos locais e de outros de renome que viaxan fora do seu localismo para vender o seu traballo. O patrimonio arquitectónico e das labores de cotián, plasmado nestas imaxes, vai ser utilizado para a resaltación de obxectos de agasallo como chaveiros, bandeiríns, pratos de colgar, aparellos olleadores...aceitáraa, mais sobre todo para a impresións de tarxetas postais. Estas tarxetas que serían mercadas polos turistas como lembranza da súa visita á localidade en particular e a Galicia en xeral, terían como obxecto informar os familiares e amigos das características e beleza do que eles están a desfroitar e en menos medida terían tamén a singularidade do colecciónesmo.
Dentro de todo este negocio turístico as editoriais tiveron a ben, mais con moi mal gusto, editar series de postais que posteriormente adquirirían o adxectivo de "folclóricas". Son referentes as que nelas reproducían sitios típicos con persoas vestidas con "traxe rexional" , nada semellante o traxe tradicional galego, patrimonio cultural recuperado do século pasado, e tamén imaxes de paisanos portando aparellos de traballo cunhas mans que moito menos tiñan que ver coas das que por necesidade facían uso delas.
Estas editoriais representaban con imaxes o mesmo que directores como Ramón Torrado expresaron con películas tales como Mar Abierto (1946) ou Botón de ancla (1947), e dicir, a "Galicia de gaita e pandeireta" , inexistente e surrealista, que nos propagándezou durante o franquismo, co agravante de ser editadas vinte anos despois das películas de Torrado, adquirindo así continuidade desa irrealidade que promovida polo Ministerio de Información e Turismo da época deu a coñecer pobos e vilas de Galicia ao resto do mundo.
No caso de Combarro, non ía ser menos. Editoriais como Arribas ou Fotocolor Valman solicitaron dos seus fotógrafos estas imaxes con modelos disfrazados con traxes tricolores, utilizando en segundo plano os hórreos, os cruceiros e as fontes do pobo. Son as fotos deste vídeo que intercalei tamén coas que representan infindas mariscadas. Para compensar o "mal gusto" musiqueino cun dos temas máis populares do noso patrimonio musical, a "Muiñeira de Chantada" interpretada polo mestre gaiteiro Ricardo Portela.