O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Catro fotos da praia de Chousa

En apoio da reivindicación "CHOUSA É NOSA" da Asociación CulturaL Armadiña.


Catro fotos da praia de Chousa. Combarro.
1. Francisco Zagala 1890
2. Jaime Pacheco 1929
3. Joaquín Pintos 1932
4. Carlos Valcarcel. 1972
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-08-2018 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Espiritualidade dun pobo

Comezaba en Xullo de 2015 cun primeiro posteado de "Descricións combarresas" que Carlos Martínez Barbeito facia no libro Galicia (1957) de editorial Destino, ilustrada por Ramón Dimas. Logo, en Outubro do 17 en "O Combarro de Manuel" mostraba a reseña que do pobo facia Manuel Chamoso Lamas.
Esta "Espiritualidade dun pobo" recollida do libro "Rías Bajas de Galicia", 1ª edición 1953 con texto de Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón ( Compostela 1909 - Tirán, Moaña 1983 ) xornalista e escritor galego, é a continuación destas breves crónicas da nosa literatura, con Combarro como referente. O título "Espirutualidade dun pobo" alude a guia Galicia Espiritual de una Tierra, do mesmo autor. A foto superior "Praza de San Roque,Combarro" ilustra a portada da mesma guia,"Rías Bajas de Galicia" edición 1957 e posteriores.

Combarro é hoxe case un tópico, espléndido tópico, para tódolos pintores, fotógrafos e turistas que buscan o belo nas nosas rías. Realmente o encanto das súas vellas casas mariñeiras, seus hórreos, súas rúas empinadas de vellas pedras, cos seus carros do país e as súas embarcacións no arredor, logran a través da barroca paisaxe e da finísima luz da ría, efectos de marabilla.(traducido do orixonal en español).
O Combarro de Manuel
Descricións combarresas
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-05-2018 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Gravados e fotos 3

Foto do hórreo que ilustra a folla inicial de cortesía do libro "Galicia" Edicións Anaya do ano 1982 e gravado en augaforte do hórreo por Castro Gil do primeiro tercio do s.XX.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-04-2018 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro en mini-tv

Os mini-televisores foron uns dos souvenirs máis demandados, por nenos e adultos, nas tendas e quioscos turísticos durante os anos 60 e 70. Eran uns pequenos aparellos cuadrangulares, de pasta plástica, que tiñan un visor na parte posterior por onde se podían ollar sete ou oito diapositivas, do lugar visitado ou dalgúns dos seus monumentos, que ían cambiando e repetindo, premendo un botón na cara inferior do aparello.



Neste facsímile a modo de demostración, utilicei algunhas das postais de Combarro que Editorial Fama de Vigo difundiu nestes anos, que compartiron época con agasallos, de cando aínda o "Made in China" era impensable. Non lle demos ideas, non vaia a ser "revival next"
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 18-02-2018 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Gravados e fotos 2

Praza de San Roque.
A esquerda foto do ano 1935, asinada por Sayd de Juliis que fora pintor e debuxante italiano, aveciñado en Vigo. A dereira, debuxo a lapis do ano 1978 de Francisco Gonzalo Seijo Alonso, escritor ( Castrelos, Vigo 1925 - Alicante 2013 )
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-01-2018 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
De "Á LUS DO CANDIL" a " LUCE TEU POBO"

Funme á beiramar, terra leda, pra esquencer aquil amor disgraciado. A disgracia daquil amor non fai ó caso. Non tiña outra cousa que faguer. Había deixado os estudios. Despóis, iríame pra as Américas. Vendera unhas leiras, e díranme máis de vinte mil reás por ilas.Non voltaría para Ameixende hastra o outono. Tiña sempre diante min a cara de Rosario. ¿ Qué lle importa a naide quén era Rosario? Fun a Pontevedra, a Marín i a Combarro. Mais a comtempración do mar dábame unha gran tristura. Iba daquí pra aló buscando o que non atopaba en ningures: a calma do esprito.

Así comeza o conto "Aleluia" incluido no libro de Ánxel Fole "Á lus do candil" editado en 1953.

¡A UN CHISCO ESTAMOS DE QUE ESA LUZ SEXA MOITO MÁIS INTENSA!
¿ALGUNHA DÚBIDA PARA VOTAR?


Foto: "Combarro nocturno" Un lenzo do recentemente falecido Pedro Solveira
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 29-11-2017 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co Museo do Mar

Non farían falla moitos recursos económicos, para conservar permanentemente esas embarcacións de madeira, que día a día están condenadas ao abandono, o podrecer e á destrución. Sabemos que en canto desaparezan, xa non haberá carpinteiros de ribeira nin entidades dispostas a gastarse unha morea de cartos para construílas para mera exposición.
No entanto, unha man de patente e pintura periódica a cada unha deses botes e chalanas que están na cola do exterminio, permitiría telas en exposición permanente na rampla de Chousa, onde estiveron dende séculos pasados . Sería, esta actuación o inicio do futuro proxecto do " Museo do Mar de Combarro", que nun principio tería a característica de ser vivo,material e transformable pero que os poucos continuaría o súa andaina ata conquerir xunto co patrimonio inmaterial, contando sempre coa xente do mar, un conxunto que ademais de actuar como un gran atractivo turístico, recuperaría e exaltaría o noso patrimonio mariñeiro para xeracións vindeiras.

Outros enlaces sobre o tema:
O Combarro de Manuel
¿E por que non?
As chalanas
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 04-11-2017 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
O Combarro de Manuel

Combarro.1968.Foto de Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas ( La Habana , Cuba 1909 - A Coruña 1985 ) dende o seu cargo na Dirección Xeral de Belas Artes, foi o principal impulsor dos Museos de Artes e Costumes Populares. Sendo consciente da grave ameaza da desaparición do Patrimonio, proxecta a creación destes museos, a nivel estatal, para o mantemento e conservación dos bens patrimoniais, tanto materiais como inmateriais.
En Galicia, O Cebreiro, Ribadavia e Combarro serían os pobos escollidos nun principio para a consecución deste proxecto. Os dous primeiros teñen, hoxe en día, cada cal Museo Etnográfico pero en Combarro non se chegou a ultimar, pese a xa ter adquirido pola Deputación Provincial un edificio onde ubicalo, actual Ateneo Culltural. Manuel Chamoso Lamas fotografou rúas, hórreos e cruceiros de Combarro no 1968.

En palabras de Chamoso:"Combarro é o máis típico dos pobos mariñeiros de Galicia...pobo de longas e torcidos rueiros, de vellos empedrados e casas con populares solainas e soportais que alternan con outras de arquitectura señorial con innumerables e multicores embarcacións a sombra dos pétreos e gracies hórreos onde se tecen e armán os complicados artificios de pesca, dende o simple sedal e férreo anzol ata o aparello de arrastre de hábil manexo...
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-10-2017 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0