Os bancos de pedra
Laura cumpre hoxe noventa e sete anos, viviu en Combarro ata os vinte e dous, tempo no que emigrou a América como tantos galegos naquela época. Bos Aires foi a cidade que a recibiu, que lle permitiu o desenrolo como persoa e unha vida cos seus, imaxino, non con poucas dificultades. Laura deixou en Combarro o seu pelo para que a imaxe da Virxe das Dores sexa peiteada nos días de festa e levou con ela un feixe de sentimentos. Lembra a Peregrina quen fixo un vestido a Virxe, a casa da súa nai preto da igrexa de San Roque e os bancos de pedra onde tantas tardes de conversa pasou no seu pobo. Non retornou. Natalia adora a súa avoa, ri con ela, é cómplice das retrancas da galega e aproveita da internet para visualizar con ela imaxes que despertan recordos de fai setenta e cinco anos. Feliz cumpre anos.
Esta presentación sobre Combarro e os bancos de pedra é o meu agasallo para Laura e para todolos galegos bos e xenerosos que aquí e alá, no cruce de camiños, sufriron, ficaron ou non chegaron.
Contáronme que daquela, sen precisar os anos, os veciños de Combarro con propiedades nela ían camiñando a illa dende Chancelas aproveitando a caprichosidade da natureza na formación das laxes e dunhas pedras, chamadas pasales, que dispostas para tal fin polo enxenio dos antergos permitían o paso naquelas augas máis profundas. O devalar da seca marcaría o horario de ida e volta, por iso as veces había que sementar ou apañar as patacas coa luz da lúa.
Este camiño por riba do mar rematou, disque, co inicio da construción da Escola Naval Militar, despois da guerra civil, desgusto para os de San Fernando de Cádiz que perdían a ubicación de tan loable departamento e desgusto para nós, pois por este motivo foi dragado ese areal e Tambo deixou de ser península.
Certo é que os feitos e as datas non coinciden, pero como a palabra vai de boca en boca como o vento vai de folla en folla, pasamos páxina do libro, Colección de frases galegas vol.1 de Frei Martín Sarmiento (1665 ? 1771) edición do lingüista galego Xosé Luís Pensado, que di ?Tambo ten figura dun túmulo ou tumba con dúas puntas. Unha oriental, con unha boca con moita profundidade, que olla a batería do porto de Marín, por onde entran navíos de liña e si na illa houbera un só cañon nin unha mosca inimiga atreveríase a entrar en Marín. A outra punta case occidental olla O Xunqueiro entre Samieira e Combarro cunha boca de pouca auga e moita area, pola cal non pode entrar navío moi grande. E alí é tradición que por aquela parte xuntábase Tambo coa terra e que aínda hoxe vense alí os pasales nas mareas mortas e que no antiguisimo non era illa senón promontorio.?
Cruceiro de San Roque de Combarro incluido no libro ?As Cruces de Pedra na Galiza? (1949) de A.D.M.R.Castelao.
?falar de Castelao artista, político, home, e das
súas obras -o mesmo de "Os dous de sempre", das "Cruces", da súa
pintura, dos seus negros- fáisenos imposibel. Outros terán acerto.R.Otero Pedrayo
A S CRUCES DE P E D R A P o r XESÚS CARRO (fraccións da testemoña de dor pola morte de Castelao.)
O noso egrexio Castelao, alma de artista e
pensador, non veu a imaxen da nosa Galiza nas
sonatas dos marmurios das carballeiras, nen
nos seus ceos, nen nas augas, nen na sua paisaxe,
nen na gaita..., senon nisas cruces de pedra
que se erguen nos cruceiros e que se atopan nos
camiños, nas corredoiras e nas prazas das aldeas
e das vilas...
Só un galego, un verdadeiro galego, pode
comprender a importanza do cruceiro nunha
encrucillada, no adro da eirexa, no monte, no
campo, ou acarón dunha casa?.
Por iso Castelao, un xenio, douse conta que
a i-alma de Galiza estaba naquelas pedras de
pedra: detrás do drama, habia tamén unha
res u reizón. E adicouse de cheo ao estudo desas
cruces, dun fondo simbolismo galego, irmán
das cruces de Irlanda e da Bretaña. Puxo todo
seu esforzo nise formidabre traballo: As cruces
de pedra na Galiza . Foi a sua derradeira obra:
o mellor testamento e programa que poido deixar.
Nise estudo está todo: o seu valer de artista,
de literato, de investigador e de filósofo?
Aquelas cruces de pedra son fitos de redenzón .
Rafael Alonso Fernández. Pontevedra ( 1924 ? 1995 )
Pintor internacionalmente coñecido sobre todo na técnica da acuarela. A súa obra está inspirada no cubismo e movementos posteriores evolucionando a un concepto persoal de marcada elegancia. Representa excelentemente tanto paisaxes urbanas como rurais, mariñas, bodegóns e retratos. O Museo de Pontevedra e o de Vigo ademais de outros Centros Públicos conteñen a maioría das súas pinturas. Na presentación admirase os cadros relacionados co pobo de Combarro.
Comentario que sobre Combarro fai Anette M.B Meakin no libro Galicia, The Switzerland of Spain, editado en Londres no ano 1909.
A uns dous quilómetros de Pontevedra esta a fermosa vila de Combarro que ten uns catrocentos veciños. Creese que é moi antiga e que o seu nome ven da palabra grega ?χαµπτο??amputo?. Deixamos que o noso transporte baixara dando tombos polas rúas empinadas e estreitas de pedra coas súas casas de granito cos seus tellados de tellas roxas.
Algúns dos balcóns estaban pintados de verde, outros de azul, mentres que a maioría das paredes estaban pintadas con cal. O pobo cubre unha superficie escarpada que baixa ata o mar e a maioría da xente son mariñeiros. Os veciños de varias casas convidaronos a visitalas e todos eran moi probes. Na porta dunha das casas apareceu de súpeto unha muller duns 45 anos, deixaba ver fíos de prata no seu groso pelo negro, pero a súa cara, aínda que tiña unha ou dúas engurras, aínda era fermosa. Dirixíusenos en tons de apaisanado fervor, movía as mans e erguías ao ceo, balanceaba o seu corpo como un bambú axudado polo vento e o fin estalou a chorar. ¿Que é todo isto? Preguntei os meus amigos, porque a muller falaba en dialecto galego e tan rápido que eu so entendía unhas poucas palabras. ? Estanos a falar de tódalas durezas que ela e os seus veciños teñen que soportar? dixo un amigo. Di que todos están arruinados polos duros impostos que o goberno aplica os produtos da súa industria e as grandes rendas dos caseiros. ?Vivimos moi apertados e todo o que gañamos co suor do noso corpo váisenos en pagar impostos e rendas. Non podemos sequera comprar pan para os nosos fillos a causa da opresión dos ricos. Hai moito diñeiro nestas terras e moita comida, mais non para nos, estamos sendo asfixiados e asesiñados por duros e inxustos impostos e nada nos anima a traballar, non temos esperanzas para o futuro. Oh! é terrible, terrible. Un século despois en plena crise socioeconómica sabemos ou deberiamos que somos máis probes do que uns anos atrás pensabamos.
Praza da Fonte ( Combarro ). Unha das ilustracións que contén o libro Spain Revisited: A Summer Holiday in Galicia, editado en 1911, de Catherine Gasquoine Hartley. Catherine Gasquoine Hartley , escritora e periodista. Naceu en Antananarivo, Madagascar, foi a segunda filla do reverendo Richard Griffiths e de Catherine Hartley Gasquoine . Educada en Liverpool, traballa por primeira vez no ensino. En 1894 convirteuse en diretora na Babington House School en Kent, Inglaterra, un carrego que mantivo hasta aproximadamente 1903, cando comenzou a súa carreira como escritora en Londres. Despois de escribir unha novela, decidiu adicarse o periodismo e a investigación.
Hartley contribueu como analista de arte con varias revisions publicados en libros como: retratos na Galería Tate (1904),un rexistro de Pintura Española (1904), sobre Velázquez (1907) e o Greco (1908), As Catedrais do Sur De España (1913). Foi critica de arte de artistas británicos - como Charles Shannon, Sir Lawrence Alma Tadema, y John Collier. Posteriormente a partir do seu segundo matrimonio con Arthur D: Lewis troca o seu rumbo literario e escribe varios libros sobre a muller e a maternidade, o matrimonio, os nenos, a educación sexual etc.
Hai documentadas tres visitas de Hartley a Galiza, a primeira en 1902, e as outras en 1910 e 1911 tralas cales publicou os libros: Spain Revisited: A Summer Holiday in Galicia ( traducido en 1999 como Un verán en Galicia ) e The Story of Santiago de Compostela. Estas visitas foron promovidas pola Asociación londinese para o Fomento del Turismo en Galicia co obxeto de ver e coñecer o modo de vida adaptado a modernidade do século XIX nunha sociedade culturalmente tradicional.
A mesma foto tamén está incluida no libro de Anette M.B Meakin: Galicia, The Switzerland of Spain, editado este, no ano 1909.
É sempre ledicia que elixan como escenario un rincón de Combarro para facer cine, fotografía, pintura, etc. Neste caso, un spot publicitario na Praza da Fonte dos que tiven a oportunidade de recoller os últimos vinte segundos.