A primeira vez que se publicou este artigo de Valentín Paz Andrade, foi na revista coruñesa "Vida" en agosto de 1920, cuxa redacción e administración atopábase na rúa Real 49 e Jacobo Casal era o director xerente. Posteriormente publicaríase no Diario de Pontevedra o 21 de setembro de 1920 e xa tres anos despois o 27 de setembro de 1923 no xornal "Galicia". Dato que non se recolle na propia web institucional que esquece esa primeira edición.
Este é o texto:
Combarro se asienta en una rada de la ría, sobre una suave jiba de la costa. Tiene un alma humildosa y sentimental, gemela del alma de Santillana del Mar. Combarro adormecido en un plácido quietismo, vive la añoranza ...de los tiempos dorados, cuando eran prodigamente fecundas las entrañas del oceano litoral y las levas emigratorias devolvían a la tierra, trocado en oro, el sudor que sus hijos destilaron en suelos transmarinos.
Combarro es acaso el pueblecito de pescadores más pintoresco e interesante, de más eficacia sugeridora, de más intenso colorido local del mundo. Apiñadas a uno y otro lado de las estrechas y sinuosas callejas -en las que sólo muy de tarde en tarde se siente el latido de la circulación humana,- casas envejecidas de un solo piso, abiertas en el frontal por un portón y dos o tres ventanales que dan a un ancho y franco balcón corrido, que vuela sobre un par de columnas formando soportal, siempre independiente de los de viviendas adyacentes. Acaso, para el acceso al piso, se adosa al muro jabelgado, ancha escalera de piedra, protegida, al igual que el patín, de robusta balaustrada tallada en granito.
Las rúas, reptantes, angulosas, accidentadas, parten de mezquimas plazuelas, donde un crucero se yergue solitario para confluir en el atrio parroquial. Las térreas llantas de los carros de bueyes en el ir y venir cargados a las leiras, cavaron en la roca viva hondos relejes, que canalizan el agua hacia la playa, los días en que el cielo llora.
En los breves saledizos, sin árboles, ni flores, los hórreos espatarrados sobre seis pies derechos, ?canastro? tejido de gruesas mimbres y tejado pajizo, con una cruz sobre el postigo por donde no entra la cosecha paniega sinó después de que las mazorcas desnudas de las blancas hojas que han de mullir las míseras yácijas, se secaron en grandes ristras, colgadas de una rama que fué promesa de pino, a lo largo de los aireados balcones. ¡Que visión más extraña y pintoresca ofrecen en la lejanía los blancos casetos de Combarro, cuando los rosarios de grandes espigas, como enormes collares de lunimoso ámbar, suspendidos bajo aleros, amarillan al sol de un lento atardecer! ¡Y que fantástico espectáculo, si en los días de grandes mareas, crece la pleamar hasta adentrarse en embarcaderos, callejones y ruas bajas, dando al villorio un sorprendente aspecto de poblado lacustre! Parecen entonces haber surgido del agua los caseríos, los hórreos, las seves, la ermita, los cruceros..., cuyas imágenes copia el movible cristal, vereado por el ámbar luninoso de las mazorcas.
Combarro pertenence enteramente al mundo del arte. El descubrimiento de Combarro se realizó hace pocos años. Desde esa fecha no hay artista que, a su paso por estas tierras, no lo visite y no se rinda a la tentación de trasladar al lienzo, a la prosa o a la ria un retazo, una descripción, un aspecto de este maravilloso puertecillo que surgirió a Anglada Camarasa la idea de cercarlo de una verja preservadora de toda humana irreverencia.
Diario de Pontevedra
21 de setembro de 1920
Copiado de: http://www.valentinpazandrade.es/gl/novas/por-tierras-de-galicia-combarro
Camila vendendo algún souvenir
Praza da Fonte. Combarro. 1977
Unha foto de Carlos Valcárcel
Carlos Varcálcel Gay ( Lugo 1929 ) é o fotógrafo lucense máis premiado da historia fotográfica en Lugo. Sesenta a anos de actividade e miles de negativos fan deste autor un imprescindible para a comprensión da evolución etnográfica e patrimonial de Galicia da segunda metade do século XX. Formou parte da Agrupación Fotográfica Lucense, fundada en 1958, xunto os seus grandes amigos Luís Rueda e Hipólito Galán, dende a cal desenvolvíanse neses anos numerosas actividades coma cursos, concursos, exposicións e faladoiros fotográficos na cidade de Lugo.
En 1998 formou parte da exposición colectiva "Da Agrupación Fotográfica ao Grupo Fonmiña" 1958-1998 (40 anos de Fotografía en Lugo). celebrada no Museo Provincial de Lugo. Patrocinada pola Fundación Caixa Galicia realiza unha exposición individual en 2003 da que se publica o catálogo. "Carlos Valcárcel Fotografías (1969-2001). Actualmente 70 imaxes da súa obra están expostas permanentemente na Facultade do Profesorado da U.S.C de Lugo.
En decembro de 2017 ano colabora con vinte e nove fotografías na ilustración do libro-cd " Terra e Alma " de Moisés Quintas Suárez de Editorial Canela. Dous meses antes recibiu o "Premio Fotógrafo Histórico" concedido pola Deputación da Coruña , como mérito a súa traxectoria profesional. «Eu só sei falar coas fotografías», dixo Valcárcel para aclarar a brevidade do seu discurso nese acto de recoñecemento.
Presentación de 13 fotografías datadas entre 1912 e 1930 que pertecen ao Arxiu Nacional de Catalunya. Fondo ANC1-23 de Josep Gaspar i Serra
Josep Gaspar i Serra ( Manresa , 1892 - Barcelona , 12 de xaneiro de 1970 ) foi un operador e director cinematográfico catalán.
O seu pai era o propietario dunha tenda de zapatos en Manresa. A familia mudouse a Barcelona e comezou os seus estudos en La Salle. Despois de completar os seus estudos, pasou a traballar como contable na casa de Gaumont, dedicada principalmente á venda de equipos de fotografía e películas por xunto. O seu adestramento na casa Gaumont de París supuxo un paso importante para a súa carreira.
Pronto comezou a colaborar coa prensa catalá ilustrada e publicouse nas principais revistas gráficas da súa época como Mundo Gráfico , Estadio , O Heraldo ou Imatges .
Ao mesmo tempo, formou parte do grupo coñecido como "os tres reis máxicos" xunto cos fotógrafos de Sagarra e Torrents. Como fotógrafo, foi un dos pioneiros da fotografía aérea catalá e tamén foi fotógrafo oficial do aeródromo de Canudas entre 1920 e 1933.
Non obstante, a súa carreira estivo sempre vinculada ao mundo do cine, polo que tamén é considerado un dos líderes da cinematografía catalá e desde 1933 dedícase exclusivamente a este campo. Como camarógrafo e posteriormente director de fotografía, produciu unha extensa filmografía ao longo da súa carreira (1908-1946), entre as que podemos destacar o documental Gent i paisatge de Catalunya .Tamén captou os acontecementos da Semana Tráxica no filme Os acontecementos de Barcelona (1909). En 1910 filmou a Revolución en Portugal e en 1919 varios curtametraxes documentais sobre industrias locais catalás expostas en Nova York. Tamén se dedicou ao xénero taurino ( Biografía e morte de Joselito , 1920; Pedrucho , 1925). Despois destacou como fotógrafo cinematográfico e dirixín sainets (1934).
En 1949 trasladouse a Montevideo contratado por Pau Lluís Torrents. Catro anos despois foi a Arxentina onde fixo estudos fotográficos.Poucos minutos despois sufriu un accidente que o deixou discapacitado laboralmente. Por esta razón, dada a súa idade, decidiu regresar a Barcelona, onde tamén lle era difícil atopar un emprego. En 1969 e na Semana do Cine de Molins de Rei recibiu un tributo para axudarlle a recoñecer os seus méritos. Gaspar morreu en Barcelona o 12 de xaneiro de 1970.
O seu historial persoal consérvase no Arquivo Nacional de Cataluña . O fondo proviña de dúas fontes diferentes. Por unha banda e por compra realizada polo Departamento de Cultura, o Sr. Luís Galán de Tierra, propietario dunha gran parte do fondo en Arxentina , asinado entre o ministro de Cultura Joan Guitart eo vendedor, o 9 de agosto de 1991. Un O segundo lote de 70 positivos foi doado polo señor Publio López Mondéjar asinado o 26 de outubro de 1995 entre el, por unha banda, e Josep Maria Sans i Travé como director do Arquivo Nacional de Cataluña. Está composto por 2.269 imaxes producidas por Gaspar e recuperadas do material que o autor tomou para América do Sur e alí mantivo ao seu amigo e asistente cinematográfico Luis Galan. Sobre todo, inclúe a etapa anterior da súa partida, cunha gran produción entre o final dos anos vinte e os anos trinta, pero tamén podemos atopar algunha imaxe tomada en América do Sur.
Fonte: Viquipédia
Conxunto de hórreos á beira do mar. Finais dos anos 60.
Edición García Garravella.
Luis García Garrabella ( San Juan de la Peña, Huesca 1907 - Zaragoza, 1977 ). Luis García discípulo de Juan Mora Insa, traballou como fotógrafo para Edicións Arribas, onde se iniciou no mundo da postal. A finais de 1939 xunto co seu irmán José como socio, instaláronse en Zaragoza como empresa García Garrabella.. Finalizada la guerra civil, Zaragoza convértese no centro da industria da tarxeta postal gracias á importancia que alcanzaron pola súa calidade e cantidade as tarxetas postais editadas alí.
A empresa chegou a ter máis de 40 operarios, e produzo gran cantidade de postais, folletos e libros de turismo. Durante os anos corenta e cincuenta do pasado século, reproduciron en tarxeta postal a maioría das cidades e pobos de España en tiradas, en algúns casos, máis cortas do que era habitual. Durante ese período vendéronse blocs de postais de cidades normalmente unidas ao modo de acordeón, que permitían a separación das tarxetas cortando a parte inferior dunha postal e a superior da seguinte A partir dos anos 60 comezaron a traballar con imaxes en cor. Chegados os anos 90 a súa actividade veuse reducida notablemente.
A Rualeira é unha das prazas máis emblemáticas de Combarro, foi pintada e fotografada por artistas dende principios do século pasado, para memoria do patrimonio arquitectónico galego. Na actualidade unha das casas que conforman a praza, integrada totalmente nela, típica con patín e imprescindible para o conxunto de A Rualeira, atópase no máis cru dos abandonos. Mais non foi sempre así, a casa da praza tivo os seus días de esplendor, de traballo e ocio, de cotiá e de festa. Na lembranza dela, O Pé da Porta ilustra este posteado cun óleo de Balbino Costa Candamo ( Vilagarcía de Arousa 1906-1970) pintor e fotógrafo e unha fotografía do lucense Carlos Valcarcel ( Lugo 1929 ) que nos agasallou coa súa visita a finais dos anos 70.
Vista aérea xeral do núcleo urbano e porto de Combarro xunto coas vivendas e campos da contorna.1958
A fotografía aérea inicia a súa andaina a principios do século XX, con fins fundamentalmente militares: detección de obxectivos, movemento de tropas, etc. Non é ata finais dos anos 50 cando se constitúen unhas poucas empresas privadas, nas que a súa razón social é a fotografía aérea para fins comerciais. Unhas dedícanse ao campo da fotogrametría ou fotografía vertical, utilizada para a confección dos primeiros catastros e a elaboración de mapas dos distintos territorios. Outras, como FOAT, basearon a súa actividade na fotografía oblicua máis próxima con perspectiva e con fins publicitarios. Naqueles inicios as fotografías realizábanse en branco e negro con cámaras KODAK americanas de gran formato (13x13 cm.) e obturador de cortinilla. Estas cámaras utilizaban película en rolos de 15m., que se procesaban nos laboratorios da empresa e posteriormente clasificábanse e referenciábanse para a súa posterior comercialización. A comezos dos anos 60 empezáronse a realizar as fotografías en cor e as empresas de fotografía conseguiron alcanzar cotas importantes de mercado. A súa clientela fundamental era a empresa privada, pero tamén as institucións públicas: Concellos, Deputacións, Goberno. Ao longo de 50 anos de actividade, conseguiron un dos arquivos fotográficos de maior contido no estado.
Fonte: www.europeana.eu
Outra mostra máis de patrimonio arquitectónico devastado. Na imaxe superior a fonte coma tal foi construida no ano 1915 e na inferior como hoxe existe, depois da mutilación que sufriu a finais dos anos 50, que ben parece que lle molesta ao "pau da luz".
Para ela, estes versos de Xerardo Álvarez Limeses
A fonte, fontiña,
inda naceu onte;
nos panos do ceo
os seos esconde
e a vela tan nova
a meiga do bosque
morre de carraxe,
e de envexa morre.
¡Fonte, fontiña,
bule e camiña!...
En apoio da reivindicación "CHOUSA É NOSA" da Asociación CulturaL Armadiña.
Foto de Chousa dende o peirao. Combarro 1970.
Foto Lavandeira.
Emilio Lavandeira Prieto é un fotógrafo galego nado en Ortigueira no 1934. Aos 8 anos trasladase a Santiago debido a profesión militar do seu pai. Tralo bacharelato, iniciou estudos de dereito pero sobre todo, descubriría a súa paixón pola fotografía. Abriu estudio no n.º 22 da Rúa Doutor Teixeiro. Comezou a traballar para os principais xornais galegos e en 1960 expuxo a súa obra na Sede Protectora de Artesáns na Rúa do Vilar. Traballou na revista Blanco y Negro, no xornal Arriba e posteriormente en Nuevo Diario. Comezou a estudar periodismo na Universidade Complutense de Madrid. En 1979 regresa a Santiago, onde funda a Sociedade Fotográfica Compostelá. Emilio é un home polifacético, tivo incursións no mundo da música, escribiu un par de libros sobre aforismos e realizou obra pictórica como caricaturista e acuarelista. Recibiu varios premios, entre eles o Premio Galicia de Comunicación e 1998 e o da Fundación Caixa Galicia - Unha vida en imaxes, polos 50 anos de traxectoria profesional como fotoxornalista. A Emilio Lavandeira gustaríalle ver feito realidade un Museo da Fotografía de Galicia que tivese como referencia a Ksado, ao que considera o mellor fotógrafo galego.