O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro en "Vida Gallega"


Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.
Foi sobriño do tamén xornalista Luis Antonio Mestre e viviu no Grove na súa infancia. A súa nai foi herdeira dunha parte do Gran Hotel da Toxa en 1891.
Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Valladolid, pero profesionalmente dedicouse ao xornalismo. En 1903 mercou o xornal El Independiente de Vigo, que pasou a chamarse Noticiero de Vigo. Pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil.
A súa contribución máis importante foi a revista Vida Gallega, que dirixiu dende a súa creación en 1904 ata o final da súa segunda época en 1938. Desde as páxinas de Vida Gallega fixo unha clara promoción do complexo hoteleiro da Toxa, sendo accionista da sociedade anónima que o xestionaba. Tamén dirixiu o semanario satírico Don Verdades.
Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939. Wikipedia. Fotos de 1924 e 1930.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 24-06-2023 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Camps Cazorla

11 fotos Combarro 1930/1952
Emilio Camps Cazorla (Fuensanta de Martos, Jaen 1903-Madrid, 1952) foi arqueólogo, profesor universitario de historia do arte e conservador del Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. Licenciouse en ciencias históricas e doutorouse en filosofía e letras na Universidade Central de Madrid.
Emilio Camps ingresou no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos en 1930, comezando a traballar como conservador del Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. En 1951 optou por concurso á praza de Director, séndolle concedido dito posto o 12 de xaneiro de 1952, aínda que non chegou a tomar posesión pola súa repentina morte.

Publiquei en FB o 8 outubro 2021
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 18-10-2022 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no MoMa
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 20-04-2022 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Non quero fotografías- di- non me fan falta

NON QUERO FOTOGRAFÍAS -DI- NON ME FAN FALTA.
Peirao de Combarro. 1972. Alvaro García-Pelayo

…Combarro debe ser o pobo máis fotografado de Galiza. Imaxino que tódolos veráns isto debe encherse de turistas que cámara ao ombro, intentan incluír o pintoresco de Combarro entre as súas lembranzas da viaxe en toda cor.
Tal vez por iso puido producirse una certa alerxia dos seus habitantes ao obxectivo que os enfoca. Esta muller, simpática e expresiva, que charla con nós increpándonos cando Garcia Pelayo encádraa mentres ela lava a súa roupa na beira mesmo do portiño pesqueiro. Di que por “quitarlle” una fotografía deberíamos darlle mil, dúas mil ou tres mil pesetas “como fan en Madrid”. A oscilante tarifa parécenos demasiado ambiciosa en todo caso. E o mesmo ocorre coa ancián que vende laranxas e chicles á beira dun dos moitos cruceiros da aldea. “Non quero fotografías – di – non me fan falta”, volve a cara e tápaa coas mans…
Traducido do artigo orixinal de Cayetano Luca de Tena na revista “Blanco y Negro” editada en Madrid o 22 de Xullo de 1972. Ver menos
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 14-02-2022 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
OPEDAPORTA en FACEBOOK
ENLACES:

https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca/posts/3242826702670204

https://www.facebook.com/photo?fbid=1626945647591659&set=gm.1013251405359390

https://www.facebook.com/groups/864290496922149/posts/6543584958992646
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 28-01-2022 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Renda vs Rueda


O óleo de Francisco LLoréns que debería chamarse "O Cristo de Renda" en vez de "O Cristo de Rueda" atendendo a inscrición "A DOM DE RENDA AÑO 1727" que se atopa no cruceiro ao que fai referencia o cadro

Escolma dunha crónica de José Lesta Meis sobre o pintor Francisco Lloréns, o poeta da paisaxe.
...Dixérase que a Nosa Terra, celosa das súas marabillas, non as ensina máis que aos seus. Aos que en ela naceron e no seu regazo soñaron.
Por iso ten que ser galego ou vivir aquí moitos anos, queréndoa, o artista que desexa interpretala. A nosa Galiza hai que conquistala con amor, para que se entregue aos ollos forasteiros. Por iso, Sorolla e outros desesperaron da súa conquista. Non é para chegar, ver e facer. E para vivir nela, estudala e seguila nos seus caprichos. E para saír varios días co cabalete e os pinceis e volver sen facer nada. E para desfacer nunha hora o que era labor de varios días. E volta a comezar. Sempre con calma. Sempre con gusto. Sempre con amor. Isto só o pode facer quen leve na alma o sentimento íntimo de que chegará o momento de que a "gran coqueta", convencida que a queren e a buscan, entréguese.
A Francisco LLoréns, ofréceselle todo o seu esplendor emotivo, en toda a súa exaltación estética. Diante do seu cabalete insigne pon as súas mellores galas, gozando verse tan ben comprendida, tan ben interpretada, tan ben sentida...

Eco de Galicia : revista ilustrada e de información da colonia galega en Cuba: Ano VII Número 180 - 1922 decembro 3

Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.
Francisco LLoréns
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 21-08-2020 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fotogramas "Los Pueblos" 1995

Enlace a Facebook:

https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca/posts/2468161336803415
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 18-07-2020 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro, un pobo pantasma


As rúas e prazas das grandes cidades do mundo, móstranse baleiras no vídeo promocional "Living In A Ghost Town," a última composición de Mick Jagger e Keith Richard, creada nestes días. O novo éxito discográfico dos Rolling Stones emerxe inspirado na pandemia e o necesario confinamento. Tamén nos pobos pequenos vivimos coas pantasmas....Este é o tema...
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-05-2020 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0