11 fotos Combarro 1930/1952 Emilio Camps Cazorla (Fuensanta de Martos, Jaen 1903-Madrid, 1952) foi arqueólogo, profesor universitario de historia do arte e conservador del Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. Licenciouse en ciencias históricas e doutorouse en filosofía e letras na Universidade Central de Madrid.
Emilio Camps ingresou no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos en 1930, comezando a traballar como conservador del Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. En 1951 optou por concurso á praza de Director, séndolle concedido dito posto o 12 de xaneiro de 1952, aínda que non chegou a tomar posesión pola súa repentina morte.
NON QUERO FOTOGRAFÍAS -DI- NON ME FAN FALTA.
Peirao de Combarro. 1972. Alvaro García-Pelayo
…Combarro debe ser o pobo máis fotografado de Galiza. Imaxino que tódolos veráns isto debe encherse de turistas que cámara ao ombro, intentan incluír o pintoresco de Combarro entre as súas lembranzas da viaxe en toda cor.
Tal vez por iso puido producirse una certa alerxia dos seus habitantes ao obxectivo que os enfoca. Esta muller, simpática e expresiva, que charla con nós increpándonos cando Garcia Pelayo encádraa mentres ela lava a súa roupa na beira mesmo do portiño pesqueiro. Di que por “quitarlle” una fotografía deberíamos darlle mil, dúas mil ou tres mil pesetas “como fan en Madrid”. A oscilante tarifa parécenos demasiado ambiciosa en todo caso. E o mesmo ocorre coa ancián que venda laranxas e chicle a beira dun dos moitos cruceiros da aldea. “Non quero fotografías – di – non me fan falta”, volve a cara e tápaa coas mans…
Traducido do artigo orixinal de Cayetano Luca de Tena na revista “Blanco y Negro” editada en Madrid o 22 de Xullo de 1972. Ver menos
O óleo de Francisco LLoréns que debería chamarse "O Cristo de Renda" en vez de "O Cristo de Rueda" atendendo a inscrición "A DOM DE RENDA AÑO 1727" que se atopa no cruceiro ao que fai referencia o cadro
Escolma dunha crónica de José Lesta Meis sobre o pintor Francisco Lloréns, o poeta da paisaxe.
...Dixérase que a Nosa Terra, celosa das súas marabillas, non as ensina máis que aos seus. Aos que en ela naceron e no seu regazo soñaron.
Por iso ten que ser galego ou vivir aquí moitos anos, queréndoa, o artista que desexa interpretala. A nosa Galiza hai que conquistala con amor, para que se entregue aos ollos forasteiros. Por iso, Sorolla e outros desesperaron da súa conquista. Non é para chegar, ver e facer. E para vivir nela, estudala e seguila nos seus caprichos. E para saír varios días co cabalete e os pinceis e volver sen facer nada. E para desfacer nunha hora o que era labor de varios días. E volta a comezar. Sempre con calma. Sempre con gusto. Sempre con amor. Isto só o pode facer quen leve na alma o sentimento íntimo de que chegará o momento de que a "gran coqueta", convencida que a queren e a buscan, entréguese.
A Francisco LLoréns, ofréceselle todo o seu esplendor emotivo, en toda a súa exaltación estética. Diante do seu cabalete insigne pon as súas mellores galas, gozando verse tan ben comprendida, tan ben interpretada, tan ben sentida...
Eco de Galicia : revista ilustrada e de información da colonia galega en Cuba: Ano VII Número 180 - 1922 decembro 3
Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.
As rúas e prazas das grandes cidades do mundo, móstranse baleiras no vídeo promocional "Living In A Ghost Town," a última composición de Mick Jagger e Keith Richard, creada nestes días. O novo éxito discográfico dos Rolling Stones emerxe inspirado na pandemia e o necesario confinamento. Tamén nos pobos pequenos vivimos coas pantasmas....Este é o tema...
A Praza da Fonte e A Rúa, imaxes de Combarro, incluídas entre as 2094 fotografías do álbum de cromos "España y la América Latina".
O álbum foi editado en Habana, Cuba, nos anos 30 pola empresa Henry Clay and Bock & Co, LTD, creada esta, da fusión das compañías americanas e inglesas de tabacos. A compañía trasladou a produción de cigarros de Cuba a Trenton (Nova Jersey) en 1932 despois dunha folga na fábrica cubana e para evitar aranceis elevados. As marcas producidas na planta incluíron a Henry Clay, Bock, La Corona e Village Brands, entre outras, e Winston Churchill era un dos seus clientes fieis. No seu apoxeo na década dos 30, a compañía produzo unha cuarta parte do mercado de cigarros finos nos Estados Unidos, con 3000 operarios na planta de Trenton. A fábrica pechou en 1967 e a produción trasladouse a Pensilvania. O edificio foi agregado ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos o 12 de xuño de 1979, convertíndose en apartamentos na década dos 1980.
"España y la América Latina" foi impreso por "Imp. Fernández Solana y CA., Mercaderes 22.- Habana". Ten unhas dimensións de 28 x 36 cm e en tódalas páxinas ten impresa a firma "Susini" e a frase "El cigarro sin rival". Contén 2094 cromos impresos en ocogravado de 48 x 65 mm de tamaño e en cada un, na parte traseira pódese ler o número de serie, e as frases, "postal para el álbum España y la América Latina" ademais de "Obsequio de Henry Clay and Bock & Co, LTD para sus favorecedores".
Esta idea de agasallar cromos aos seus "favorecedores", e dicir, os fumadores, foi de José Luis Susini, fabricante dos cigarros "La Honradez", iniciada no ano 1865 prolongaríase ata finais da segunda guerra mundial. A colección dos cromos en álbums converteuse nunha atractiva e tamén instrutiva moda que interesaban tanto os fumadores como os non fumadores, sobre todo as mulleres e os nenos que gozaban engadindo cromos a súa colección e trocándoos por outros, se os tiñan repetidos. Esta nova e popular propaganda foi imitada por outras fábricas cubanas e estranxeiras non só de cigarros se non tamén de chocolate, xabóns e outros produtos de consumo.