O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Viaxe a Nafarroa


Este ano fun de viaxe a Navarra. Saímos o día 2 ás 8:25 da mañá. A viaxe durou polo menos dez horas. Ao chegar montamos a tenda e ceamos pizza no restaurante do camping. Despois fomos ao parque e demos un paseo por Erratxu. Ao día seguinte marchamos para Elizondo para buscar información sobre rotas de sendeirismo. Logo visitamos o Parque natural do señorío de Bertiz onde pasamos o resto do día e onde vimos un xardín botánico con secuoia e todo! Ao día seguinte fomos ao Castelo de Olite. Era un castelo enorme e rehabilitado. Tamén vimos Ujué unha vila moi bonita nun monte. O xoves camiñamos arredor do encoro de Irabia e vimos a selva de Irati: o faial máis grande de Europa. E alí vimos un río que nos separaba de Francia. Despois visitamos Saint Jean Pied de Port unha vila francesa fortificada na que tomei crepes con chocolate. O venres fomos ao Castelo de Javier. Alí vin ballestas, canóns e un castelo molón. Despois fomos ao Mosteiro de Leire e vimos o mosteiro cunha visita guiada. Ese mesmo día visitamos a Foz de Lumbier por onde pasaba un tren. Facía moita calor pero pese a todo vin un boitre. Ao día seguinte fomos ás covas de Zugarramurdi e de Urdax. As de Zugarramurdi eran covas das bruxas. Tamén había a ponte do inferno e unhas rochas de cores. Había un camiño que rodeaba a cova e nós entramos pola entrada segreda. Nas covas de Urdax fixemos a visita guiada con luz e son. Descubrimos que a estalagmita máis pequena que medía sobre tres centímetros tiña oitenta anos e naceu nun escalón.Tamén que pode ser que a música nacera nas covas, posto que unhas estalactitas tiñan son. O domingo fomos a Don Esteban onde fixemos o recorrido do Tren Chiquito. Pasamos por dous túneles e nun case non se vía nada. O luns fomos a Pamplona. Vin a Praza dos Touros e un ascensor que baixaba e subía en vertical. Tamén vin un señor que estaba facendo o escudo do BARÇA! Visitamos a rúa da Estafeta e comín melón con xamón e carne. En Pamplona vin unha tenda con artículos do señor dos aneis e a tenda Kukuxumusu. O martes fun a La rhune en Francia. La rhune é unhua montaña que se pode subir andando ou nun tren cremalleira. Había unha cola enorme e para subir no tren esperamos dúas horas e dez minutos pero ao final subimos. Vin cabalos e boitres e logo baixamos andando. Paseino moi ben! Pero á volta averiousenos o coche en León e tivemos que volver en taxi.
Comentarios (6) - Categoría: Viaxes - Publicado o 16-08-2010 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Quen me dera ir aí.Pero eu vou a Santander o dia 24#blgtk08#.Puxen un meme no meu blog e gustariame que o viras
Comentario por Vi (18-08-2010 13:29)
2 Tamén podes contestalo no teu #blgtk08#blog se queres (e te atreves)
Comentario por Vi (18-08-2010 13:30)
3 Vaia viaxe! Non parastes. Quen #blgtk08#pediu as crepes con chocolate?
Comentario por Manuel (19-08-2010 14:15)
4 Gustoume como o contas. Me#blgtk08#nuda viaxe mais completa!
Comentario por Carmen (20-08-2010 15:31)
5 As crepes pediunas mamá#blgtk08# con xestos e falando.
Comentario por Bernal (20-08-2010 20:41)
6 Ai, Manuel! Acaso tiñas dúbidas? E con máis palabras que xestos, que cons#blgtk08#te!
Só lles demos opción de pedir creppes, claro.

Comentario por Cova (21-08-2010 10:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0