O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MORREU ELIXIO RIVAS QUINTAS, EMULADOR DE SARMIENTO

Tomando a Sarmiento como un modelo, Elixio Rivas Quintás realizou un labor inconmensurable co léxico galego en pleno século XX. Naceu un 31 de agosto de 1925 e acaba de morrer onte, 24 de setembro de 2022. Nos seus case que cen anos de vida dedicaou unha gran parte dela a estudar e investigar sobre o léxico do galego. Tivo unha especial querencia sempre pola toponimia e foi neste campo vangarda da edición con libros tan emblemáticos como Toponimia de Marín (cuxo traballo, por certo, requeriría unha nova edición pola súa funcionalidade). Son máis de vinte as publicaciois que sobre lexicografía galega deu á luz e, claro está, ese infatigable labor fixo del un home imprescindible para prestixiosos entes de estudo como a Comisión de Toponimia de Galicia, muitas tamén as homenaxes e recoñecementos que ten recibido nos últimos anos.

Foi recentemente cando tras doar ao Concello de Marín os autógrafos orixinais da súa Toponimia de Marín tivemos a sorte de recibir xenerosamente das súas maos un traballo espléndido sobre o Bierzo occidental centrado no concello de Corullón que el en persoa tivo ocasión de patear nos anos 80 (era mui bon camiñante) e do que gardaba gratos das paisaxes e sobre todo das xentes que coñecía e coas que conversara distendidamente. El residiu unha longa tempada en Vilafranca do Bierzo no Convento dos Padres Paúis. Editamos este libriño no ano 2019 grazas á boa disposición de Paco Macías da Editorial Positivas e, aínda que por achaques da súa avanzada idade, non puído estar na presentación que realizamos en Corullón, agradeceu e alegrouse de corazón que fose editado.

Emulou e seguiu os pasos de Martín Sarmiento, mesmo coa súa vida sinxela nunha cela dun convento. Elixio era, como xa saberán, irmao Paúl e morreu no Santuario que esta orde ten nos Milagres en Baños de Molgas(Ourense) onde será soterrado mañá. Os Milagres alberga un Museo Etnográfico Os Devanceiros que é fruito do seu labor de recolleita etnográfica, outra faceta da súa axitada vida. Neste Museo está unha parte do que a orde dos Paúis tiña en Vilafranca agora se garda eilí e que desde este blog animamos a visitar para coñecer parte do legado que nos deixou este sabio filólogo, un deses bos e xenerosos ao que hoxe despedimos con cariño e admiración.

Na prensa: Bierzodiario
Falando do cinematógrafo de Mariano Díez:
Comentarios (0) - Categoría: O CAMÍN DE SARMIENTO DE MARÍN AO BIERZO - Publicado o 25-09-2022 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
No 250 aniversario da morte de Sarmiento

Achégase o 250 aniversario da morte de Sarmiento e son varias as iniciativas en marcha a este respecto que homenaxearán ao noso ilustrado. Deixamos eiquí o enlace cun destes primeiros eventos unha exposición en Santiago de Compostela que se inaugurou no mes de marzo e permanecerá aberta ata o de decembro do 2022 que organiza o Instituto de Estudios Padre Sarmiento

No Correo Gallego
Comentarios (0) - Categoría: 250 ANIVERSARIO DA MORTE DE SARMIENTO - Publicado o 03-09-2022 07:35
# Ligazón permanente a este artigo
A ORIXE BERCIANA DA FAMILIA MATERNA DE SARMIENTO

No concello de Sarria, na aldea de Perros naceu a mai de Sarmiento, da que vai tomar o apelido que o identificará ao entrar no convento de San Martín en Madrid. Clara Balboa Sarmiento segundo parece está relacionada co Pazo-Torre de Perros

Apuntamos as palabras do Presidente da Academia Galega ditas en Vilafranca do Bierzo un 18 de maio de 2002 ante o plenario de académicos e o presidente da Xunta nun acto público celebrado no Teatro Vilafranquino:

"...Como Sarmiento abriu unha época e marcou unha liña intelectual na que os tópicos deben ser destituidos pola verdade unha e outra vez asediada, eu quixera agora presentar a Xosé Perucho, aquel meniño, coma berciano de estirpe por parte da súa nai e por Balboa dereito se cadra dos García Rodríguez de Valcarce Balboa que J:A. Balboa (tamén), historiador de Cacabelos, recorda orgullosos e poderosos pertigueiros, entre outras cousas, do mosteiro de Carracedo..."
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 03-09-2022 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0