O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Das pallozas nos lindeiros da galeguidade

PALLOZAS E TEITADORES

O Bierzo Oeste e as montañas de Galicia de xeito funcionan como un conxunto único de manifestaciois da cultura inmaterial. Trátase dun verdadeiro paraíso perdido se botamos a vista atrás e vemos fotos de hai unhas décadas como a de Paradaseca que encabeza esta entrada. Anos despois chegarían proxectos salvadores como os de Campo del Agua do que nos restan un teitador asentado en Burbia, que foi quen de facer varios proxectos para Prada no val do Bierzo en Cacabelos, imitados máis tarde en Balboa e Canteixeira (que tiñan e tein pallozas de vello) ou Carracedelo con fins turísticos e para albergar un restaurante. Pero en Canedo atopamos recentemente outros teitadores de Piornedo.











En 2005 fixemos unha pequena homenaxe en Vilafranca a este oficio tradicional do teitador na mostra sobre o noso patrimonio con motivo da candidatura do Patrimonio Inmaterial galaico-portugués á Unesco.

Podedes ver eiquí un pequeno documental do ano 1984

Como conservar casas con 2000 anos de historia (11/08/2019).Unha nova referencia a día de hoxe na Voz de Galicia

Máis de 40000 mollos nas maos

Teitar en Ibias
Teitar en Burbia
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO TRADICIONAL - Publicado o 17-08-2016 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Seguirá este próximo curso A Veiga de Valcarce sen ofertar galego?

Realizamos varias xestiois e nada sabemos sobre se o proximo curso 2016-17 o centro escolar CRA MARCIAL ALVAREZ CELA da Veiga de Valcare impartirá como optativa a materia de galego para os seus alumnos fillos/as e netos/as de familias galegofalantes.

Polo que temos sabido a Asociación de Pais e Nais do centro fixo saber do seu interese porque así sucedera (ademais das nosas xa reiteradas solicitudes en distintos eventos e ante diversas autoridades competentes). Non falta muito para saber se esta lóxica reivindicación ten un resultado positivo.

Por se hai algunha dúbida de que todo ou case todo está por facer poñan atención na cantidade de inercias que se poden apreciar nesta reportaxe sobre a Veiga de Valcarce e o galego en Castela e Léon que (a pesar de estar feita en Galicia) consolida un trato moi pouco axeitado cara a nosa lingua, a pesar de ser o tema central da reportaxe.


Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 17-08-2016 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Un breve apuntamento sobre as letras do 2017 e o galego do Bierzo

Como xa é ben sabido a candidatura berciana para o Día das Letras Galegas 2017 non acadou os apoios necesarios no seo da Academia para conformarse como o punto de partida da celebración do Bicentenario de Fernández Morales e a segunda ocasión na que o galego do Bierzo estaría na boca de todos os galegos. Lamentamos que Fernández Morales teña que esperar para ser recoñecido como autor de pleno dereito en Galicia e facémonos eco dun de artigo referente a este tema:Morales e o galego do Bierzo poden esperar?
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-08-2016 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0