O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ALCALDESA DE VILAFRANCA NA CELEBRACIÓN DOS 50 ANOS DAS LETRAS
Onte na Coruña a Alcaldesa de Vilafranca, Concepción López, con outros 50 alcaldes e alcaldesas de Galicia celebrou o 50 aniversario do Día das Letras organizado pola Academia Galega. Podes ver enlaces na prensa:
a opinión da Coruña

diario de León

na páxina da Academia
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-06-2012 08:18
# Ligazón permanente a este artigo
50 anos de LETRAS GALEGAS
Unha análise desde o Bierzo dos 50 anos de Día das Letras Galegas.
Este ano o Día das Letras festéxase especialmente en Vigo por dedicarse a Valentín Paz Andrade, un home polifacético cuxa vida podería resumirse nesta frase ?Galicia como Tarefa?, que é precisamente o título dun dos seus ensaios económicos. Porque ademais dun gran poeta e ensaísta, Paz Andrade foi empresario fundador da multinacional galega Pescanova e un tamén un dos homes creadores nos anos 30 do Partido Galeguista de Castelao (amigo persoal de Valentín), ademais de sufrir a censura e o cárcere no Franquismo e ser un destacado motor na recuperación da democracia e na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.






Pero ademais este ano cúmprense 50 anos de celebracións do Día das Letras Galegas. O ano 1963 no que a Academia Galega comezara esta institucionalización da data escollendo un 17 de maio por coincidir co centenario da publicación dunha obra emblemática para a literatura galega como foi o libro de Rosalía de Castro ? Cantares Gallegos? (1863). Logo xa van 50 anos de celebración que serviron para homenaxear a autores, ben esquecidos ou que sendo relativamente coñecidos estaban parcialmente estudados, ou ben simplemente eran referentes dignos da difusión e popularización da súa obra.
Este vén sendo un dos maiores logros desta celebración en Galicia, mesmo tamén no Bierzo. Se lembramos o ano 2002 cando a Academia se trasladou a Vilafranca a honrar ao Padre Martín Sarmiento na súa vila natal, recordaremos que ese ano foi moi significativo para a historia do galego na comarca, a pesar de estar fóra da Galicia Administrativa, porque, entre outras cousas, o galego comezou a impartirse nas aulas dos centros de ensinanza bercianos. As Letras Galegas lograron ser un revulsivo mesmo para os galego-falantes e amigos desta lingua no Bierzo da que nos sentimos formando parte, pertencentes a esa cultura que usamos historicamente como propia. O galego forma parte da nosa identidade como podemos constatar nos escritos do autor Antonio Fernández Morales, o noso máis firme candidato para realizar unhas futuras Letras Galegas de novo no Bierzo, pero tamén polas 1000 familias que apostan a día de hoxe polo ensino do galego na nosa comarca e por aqueles miles de bercianos que o falamos a diario a pesar de ser un idioma pendente dun proceso de normalización do seu uso en muitos ámbitos da nosa vida.
Aínda que días de celebración como o presente son útiles e necesarios, son tan importantes para a conservación da lingua o seu emprego diario, a súa defensa cada vez que por descoido ou cerrazón alguén atente contra esa riqueza lingüística da que somos herdeiros e da que debemos saber ser defensores para poder ofrecerlle este valor patrimonial nas mellores condiciois posibles aos bercianos do século XXI.

Héctor M. Silveiro Fernández,
Membro correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega.

Podes consultar nesta páxina da Voz de Galicia o contido do seu suplemento Culturas do pasado 12 de maio dedicado aos 50 anos do Día das Letras Galegas cun pequeno texto dediccado a cada autor homenaxeado dende o ano 1963 ata o 2012 e diversas reportaxes adxuntas.

Esta iniciativa pode verse tamén diariamente na TVG, posto que se emite despois do telexornal do medio día. O programa chámase GALICIA LETRA A LETRA
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 05-06-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0