Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
Traballo realizado para os INTERCAMBIOS MARTÍN SARMIENTO 2012 por alumnos/as de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES. BERGIDUM FLAVIUM de Cacabelos que coordinou María Novo Breijo.
Trátase dun traballo centrado na biografía e na obra de Morales como poeta referente do Rexurdimento no Bierzo. Incorporase nel aspectos da vida de Morales que foron dados a coñecer recentemente na 6ª Escola Fermín Penzol que se celebrou no mes de outubro pasado en Cacabelos e que entre outras cuestións deronse a coñecer por vez primeira varias fotografías do autor afincado nesta vila e onde tamén foi sepultado.
Os valores lingüísticos e a importancia da súa obra Ensaios Poéticos en Dialecto Berciano para a Literatura Galega foi outro dos elementos que vertebraron o noso labor. Como é lóxico puxemos especial atención nos versos que Morales dedicou a Cacabelos. Podedes ver unha reseña do noso traballo a continuación nesta presentación que fixemos para a posta en común con outros centros realizada o pasado día 9 de marzo en Vilafranca nas IV Xornadas Martín Sarmiento: