Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un paso máis para crear un centro na vila natal de Sarmiento? |
|
 Hoxe 25 de abril nas Cortes de Castela e León volveu a saír o asunto do Centro Martín Sarmiento que levou o grupo do PSOE e na Comisión da Presidencia acadou o respaldo á proposta por unanimidade.
Pódese ler a nova en infobierzo |
|
|
|
Unha nova un tanto vella!! |
|
 O Diario de León vén de publicar unha nova na que cae na conta, de xeito un tanto inxenuo e sensacionalista, de que Sarmiento está sen publicar e que ten unha gran parte da súa obra inédita.
Isto, non é novo, xa se sabe. Se ben a nova é certa, non é tan nova. De feito o Consello da Cultura Galega puxo anos en marcha o Proxecto Sarmiento coa intención de iren editando todo o que o noso convecín escribiu. Mais a cousa vaiche ben a modiño.
Non sabíamos nada desa alarmante desaparición de dous volumes que deberían ser localizados (se cadra son os que están a editar no Consello da Cultura Galega?) e desde logo ser devoltos aos seus custodios seculares. Este si que é un titular alarmante! A Casa de Medina Sidonia garda os vinte tomos con certa lexitimidade dado que o Duque, amigo persoal do padre Sarmiento, foi un dos seus protectores e quen mando facer copia dos escritos do sabio erudito. En gran medida, grazas a esta loable iniciativa pretérita hoxe podemos coñecer de primeira mao a inxente obra do ilustrado vilafranquino galego-berciano.
A publicación destes voluminosos traballos de toda unha vida dun dos máis senlleiros ilustrados do XVIII e pai das Letras Galegas, ademais de ser de gran interese para numerosísimos campos do saber, teñen o desgraciado inconveniente de ter un custe máis ou menos elevado, dependendo do quen a realice, claro. Pode ser difícil de asumir de golpe ao Consello da Cultura Galega, pero non o sería tanto para outras instituciois dun Estado que se permite desfalcos millonarios. Editar esta obra ben merecente cos medios que existen na actualidade pode resultar moi beneficiosa, a dixitalización dos orixinais facilitaría un acceso doado a través da rede para calquera investigador. Este recomendable método de difusión tamén ten un custe (non creo que sexa muito maior que a edición en papel), pero estamos seguros que máis se gasta en cousas de menor interese cultural.
Estaremos atentos á deriva desta vella nova porque dende o Bierzo e dende Vilafranca o legado de Sarmiento nos importa e promoveremos na medida dos nosas posibilidades a súa difusión e divulgación. |
|
|
|
|
|