O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSOS DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES
A Comisión Cultural organizadora das VII Xornadas Martín Sarmiento e con motivo das mesmas propón como actividade de participación unha serie de concursos nos denominados Intercambios Escolares MARTÍN SARMIENTO do 2015, nos que se pretende dinamizar o uso da lingua materna do que é considerado pai das Letras Galegas entre os alumnos/as do Bierzo, especialmente entre os que están matriculados no Programa de Promoción do Galego. Este concurso conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Este curso invitamos a participar nuns concursos cos que buscamos a implicación maior de cada centro.
Unha participación maior ao abrir a campaña de promoción que dura toda a primavera.
Do 9 de marzo día de Sarmiento ao 1 de maio, Festa do Maio: dúas datas singulares do calendario do galego no Bierzo.

Un de carácter máis persoal: O CARTEL DA FESTA DO MAIO.
Outro de carácter máis colectivo: O CALENDARIO DE COSTUMES E PAISAXES DO BIERZO.
E un terceiro: unha FOTO CON SARMIENTO, POLA LINGUA GALEGA NO BIERZO. Deseñado para implicar na difusión do galego no Bierzo e compartir cos outros a experiencia de manifestar:
o orgullo de ser bercianos/as,
a riqueza que a lingua galega nos ofrece aos bercianos.

Do primeiro destes concursos xa temos un gañador que serviu de base para o cartel publicitario da Festa do Maio 2015, aínda que o xurado, que foron os organizadores da celebración, decidiron premiar ex-aequo a catro traballos presentados dos seguintes centros:

- CP. San Lorenzo De Brindis un dos traballos presentado dos alumnos Paula Yinió Vidal e Luis Antonio López (que é o que aparece no cartel).
Os outros tres son:
CRA de Ponte de Domingo Flórez (non figura nome)
Colexio Divina Pastora de Villafranca ( o traballo de Julieta Rodríguez)
Instituto Padre Sarmiento (non figura nome).






Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 28-04-2015 07:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0