Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha nova reclamación da restauración da casa natal de Sarmiento |
|
Pasado o 9 de marzo coa entrada da primavera do 2016 salta na prensa esta inesperada aínda que xusta reclamación que o PSOE realiza nas Cortes de Castela e León sobre un compromiso asinado inicialmente tras do tricentenario do nacemento do ilustrado galego-berciano no ano 1995 e que aínda non se levou a cabo, alomenos pola parte que corresponde á Junta castelá-leonesa, segundo parece tamén aparece no convenio asinado en 2010 polos actuais presidentes de Feijóo e Herrera.
Varios medios publicaban a nova : diariodeleón, tamén no bierzodiario, ou no infobierzo
Varios días despois tamén se publicaba isto: bierzodiario |
|
|
|
Das VIII Xornadas Sarmiento á Comisión de Seguimento do Programa de Galego . |
|
Nesta entrada detallamos os contidos do debate da Sección de Educación da Mesa de traballo das VIII Xornadas Martín Sarmiento que elaborou unhas propostas coa intención de que as autoridades educativas de Galicia e de Castela e León, que se reunían precisamente ao día seguinte en Valladolid, melloren o Programa de Promoción do Galego xa no curso que vén.
O pasado 9 de marzo na sesión de tarde das Xornadas elaborouse, efectivamente, un catálogo de propostas para a normalización do galego no Bierzo. Nunha mesa na que estaban sentadas as autoridades educativas das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, docentes de galego, alumnos, membros da Academia Galega e membros da Comisión Cultural organizadora abordáronse cuestiois tan importantes como a mellora do Programa de Promoción de Galego nos centros de ensino do Bierzo. Púxose, así, enriba da mesa a cuestión da ampliación da oferta de galego para que chegue a centros como os da Veiga de Valcarce (unha vella reivindicación por parte dos colectivos pola defensa do galego na comarca), a adecuación dos contidos de Primaria ao nivel Celga I que permita, ademais dunha programación máis coordinada para todos os docentes de galego desta etapa, a realización dunha entrega deste título que visualice o interese en seguir no Programa na Secundaria no conxunto dos centros que participan no mesmo e ante as familias bercianas en xeral.
Neste sentido tamén se abordaron os problemas de matriculación no paso á Secundaria, denunciando que existen centros como o de Camponaraia nos que os rapaces non teñen oportunidade de seguir na Secundaria ao non ofertar o instituto máis próximo a optativa de galego na ESO.
A publicidade e difusión do Programa neste momento do paso á Secundaria foi tamén obxecto de debate para poder vertebrar unha proposta que sexa eficaz e que faga chegar de xeito claro ao conxunto da poboación a existencia desta oportunidade para alumnos/as e as súas familias e para que esta oferta estea plenamente incorporada ás matrículas e ao proceso de matriculación procurando unha absoluta obxectividade de cara a impedir calquera tipo de obstáculos para que a meirande parte dos alumnos/as de Primaria permanezan no Programa ao chegar á Secundaria.
Logo tratouse a polémicacuestión da aplicación da LOMCE e como consecuencia sacar fóra do horario lectivo as horas de Lingua e Cultura Galegas amosouse como unha causa clara da caída de matrícula no Bacharelato (23 alumnos neste 1º curso da dita lei). Solicitouse logo unha revisión para que o curso que vén non se lesionen os dereitos lingüísticos dos bercianos ao non facilitar aos alumnos/as que entran no Bacharelato, como demostrou o baixón da matrícula deste curso, a súa continuidade natural no Programa (creando verdadeiros problemas de transorte e horarios, ademais dunha carga de traballo maior a quen opta por seguir cursando a materia). Neste punto lembramos que o Consello Comarcal do Bierzo facéndose eco desta discriminación que dana os dereitos recoñecidos dos bercianos tomou cartas no asunto e fixo chegar no transcurso das Xornadas a resolución previa que van aprobar no Plenario do próximo día 17 de marzo sobre a negativa a manter esta fórmula para os próximos cursos como consecuencia da aplicación da LOMCE. Ademais o Consello Comarcal solicitou participar na Comisión de Seguimento do Programa para evitar na medida do posible a demora na solución deste tipo de atrancos, xa tradicionais no Programa, e a mellora substancial do mesmo.
Nun último punto tocáronse os problemas de matriculación que se deron na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada que provocaron a existencia dun curso sen alumnado, o do 1º o ano pasado e o de 2º o presente curso. Solicítase que se abra unha matrícula no próximo ano para o curso intermedio co obxectivo de que non exista ningún curso baleiro e dada a transcendencia da existencia de alumnos/as a esta altura do currículo.
Finalmente colgamos a nota de prensa que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre os resultados da reunión do día 10 de marzo en Valladolid da Comisión de Seguimento do Programa de Galego no Bierzo e Sanabria.
|
|
|
|
A XORNADA SARMIENTO: Un ano máis, un paso máis |
|
Onte celebrouse a VIII edición da Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo, coincidindo co día no que naceu nesta vila berciana, celebrouse un ano máis o Día do Galego nos centros escolares do Bierzo. Xuntáronse con ese motivo no Teatro de Vilafranca, en primeiro lugar, a totalidade dos alumnos/as de Secundaria do Bierzo e unha representación da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, para levar a cabo traducir e interpretar poemas de Antonio Pereira. Unha colaboración coa Fundación Antonio Pereira permitiu que cada un dos alumnos levase un exemplar do libro deste autor Contos da Cábila na súa versión en galego. Houbo tamén unha actuación teatral titulada Sarmiento no Día do galego nos centros escolares do Bierzo que representou o grupo de teatro vilafranquino "Voladores" baixo a dirección de Sara Ortiz.
A media mañá deu comezo unha segunda sesión coa representación dun numeroso grupos de alumnos/as de Primaria dos 12 centros deste nivel de ensino onde se imparte Programa de Promoción do Galego que asistiron a un evento lúdico con Pablo Díaz e a súa banda unha catividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Precisamente as autoridades educativas de Galicia e da Castela e León presentes durante toda a xornada fixeron fincapé na importancia de mellorar o Programa para lograr o seu asentamento e unha contribución a frear a perda de falantes de galego no Bierzo. Tamén se pronunciaron neste sentido o Alcalde de Vilafranca e o Presidente do Consello Comarcal do Bierzo presentes nos actos.
Durante a sesión da tarde, a Mesa de traballo que leva o nome: "as arelas de Sarmiento", propúxose realizar un catálogo de propostas para unha normalización do galego na comarca, potenciando os vellos e abrindo novos espazos para a lingua máis aló do eido da educación. Unha das propostas que maior ilusión e expectación está provocando é a da Candidatura para o Día das Letras Galegas do ano 2017 para Antonio Fernández Morales coincidindo co seu Bicentenario.
Imos ir deixando distintos enlaces coa repercusión mediática que estas Xornadas espertaron:
No bierzodiario que tamén informa sobre a candidatura de Morales
no Diario de León outra noticia
na nueva crónica
outra referencia
Infobierzo
en bierzonoticias, unha reportaxe sobre os intercambios escolares e tamén sobre a candidatura de Morales
na Voz de Galicia neste xornal xa aparecera o propio día 9 esta nova que saíu en todas as ediciois para toda Galicia.
tamén na voz de Galicia
elbierzodigital, tamén estoutra
bierzotv
en Galiciaconfidencial
en sermos
na rtvcyl
|
|
|
|
|
|