Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
POLÍTICA MUNICIPAL, EDUCACIÓN E LINGUA NO BIERZO |
|
 Na mesa sentados de esquerda a dereita: Luis Alberto Arias González,alcalde de Corullón, Héctor Silveiro Fdez, Coordinador da Comisión Cultural, Samuel Folgueral, alcalde de Ponferrada, Emilia Villanueva, Directora Provincial de Educación de León, Conchi López Blanco, alcaldesa de Vilafranca, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Jose M. Monteserín, ex-alcalde de Balboa e Marta González, xefa do departamento de galego do EOI de Ponferrada.
Crónica dunha mesa redonda con alcaldes, autoridades educativas e docentes sobre o galego no Bierzo.
Os alcaldes bercianos de Ponferrada, Vilafranca, Corullón e Balboa (este último J.M. Monteserín, acaba de deixar o cargo hai dous meses) invitados pola Comisión Cultural Martín Sarmiento xunto a unha representación de docentes do Programa de Promoción do Galego e representantes da Administración Educativa de Galicia e de Castilla y León, debateron na sesión inaugural das VII Xornadas Martín Sarmiento sobre a Política municipal, Educación e Lingua. Realizamos hoxe esta pequena crónica desa mesa redonda pois cremos que debería alimentar as propostas que aparecerán nos programas electorais que a nivel municipal se están pechando estes días. Trátase da necesaria e urxente planificación lingüística para o Bierzo como parte esencial dun dos seus patrimonios (o lingüístico e cultural) que é dos máis descoidados e faltos de atención como proba alarmante perda de falantes de lingua galega.
?Non se trata - como ben comentou o Alcalde de Ponferrada, Samuel Folgueral- dun debate de bandeiras e territorios, si un debate de reafirmación berciana?. A alcaldesa de Vilafranca, Conchi Blanco, resaltaba a semellanza que teñen para os bercianos, especialmente, para os villafranquinos a costumes e a fala de Galicia e a importancia do seu mantemento. Os alcaldes presentes, tras analizar a situación cultural e lingüística, a incidencia do Programa de Promoción do Galego no Bierzo entre os máis de mil matriculados en distintos centros educativos da comarca, coincidiron na necesidade de avanzar na Planificación Lingüística do Bierzo pois as boas cifras de matriculados non deben de ocultar outras problemáticas tanto nos centros como no conxunto da sociedade que se deben abordar. A propia Comisión Cultural Martín Sarmiento realizou unha invitación a concretar nun próximo Simposio esta cuestión. O Alcalde de Corullón manifestou a necesidade de ?amergullar? con maior profundidade na situación ante a ruptura da transmisión interxeracional ata agora viva.
Outramente foron tratados de xeito máis específico os claros-escuros do Programa de Promoción do Galego nos centros educativos do Bierzo, pois se ben se constata o éxito nas cifras de matriculados como destacaron as autoridades educativas e a posibilidade de lograr o título Celga para os alumnos/as que rematen a ESO e/ou Bacharelato cursando o Programa, tamén existen algúns problemas na aplicación do mesmo que non contentan a Comunidade educativa e se deben resolver. Como é o caso de que no centro da Veiga de Valcarce non se ofreza o galego como optativa, como sinalou o coordinador da Comisión, Héctor Silveiro. A este respecto, o ex-alcalde de Balboa, incidía na necesidade de que nun entorno onde o 90% das familias falan galego non pode haber centros escolares onde non se ofreza a posibilidade de estudar o idioma materno de xeito voluntario. Outra denuncia semellante realizou a xefa do Departamento de Galego do EOI de Ponferrada relativa aos problemas das matrículas do 1º no presente curso.
É importante lograr que a administración directamente implicada escoite, tome nota e intente resolver os problemas existentes, con esa intención foi convocada esta mesa, e a Dirección Provincial de León, Emilia Villanueva, en cumprimento do seu cargo explicou que para ampliar a oferta había que seguir o protocolo establecido e que se se seguían eses pasos non habería maior problema. Volveron a saír as discrepancias da discriminación positiva para o galego e a consideración do programa como un programa de Promoción, cuestións nas que se centraron algunhas das intervencións do público asistente. Pola súa parte, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, aceptou a invitación que se lle facía para asesorar nese simposio sobre a Planificación Lingüística do Bierzo, se así se estimaba conveniente, incidindo nas oportunidades que o galego ofrece.
O debate segue necesariamente aberto e, despois do novo panorama que se presente tras dos procesos electorais inminentes, será un bo momento para abordalo e amergullar.
A mesa tamén tivo o seu eco na prensa
no blog o recuncho das palabras |
|
|
|
AMPLA DIFUSIÓN DAS VII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO |
|
 - montaxe.JPG) As VII Xornadas Martín Sarmiento tiveron un importante eco nos medios de comunicación do Bierzo, especialmente a celebración dos Intercambios Escolares que contaron coa presenza da Directora Provincial de Educación, Emilia Villanueva e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García. Precisamente esta última, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, foi a que agasallou con unha actuación para os centros de Primaria e outra para os de Secundaria, escolares de toda a comarca reunidos en Vilafranca no Día escolar do Programa de Galego nos centros do Bierzo que se instarou ao ser o 9 de marzo o día en que naceu na vila do Burbia Martín Sarmiento.
A repercusión dos actos na prensa comarcal, na de Castela e León e na de Galicia foi importante como podemos apreciar nos distintos enlaces que colocamos a continuación:
bierzodiario
bierzotv
Bierzo noticias
El Bierzo Digital
Bierzo Diario
Bierzo noticias
Infobierzo
O Sil
Diario de León
Noticias de Castilla y León
E máis aló das nosas fronteiras:
la vanguardia
|
|
|
|
CONVOCADAS AS VII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO |
|
 VII XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO?
8 - 9 marzo/ 1 maio, Vilafranca do Bierzo.
Tras celebrar o curso pasado os 12 años da introdución do Programa de Promoción do Galego nos centros educativos do Bierzo e Sanabria, quixéramos que en el 2015 os Intercambios escolares faciliten nos máis de 1000 alumnos/as de galego esoutra mirada tan necesaria para actualizar e garantir a presenza desta lingua histórica e de cultura que trasfire identidade a nosa comarca e que Sarmiento tanto amou. De aí o lema da presente edición:
A RIQUEZA DA OUTRA MIRADA: Costumes, viaxes e paisaxes bercianas.
A Comisión Cultural ?Martín Sarmiento? aborda as VII Xornadas coa idea de realizar un repaso en galego do Bierzo aos costumes, ás viaxes e miradas que sobre a paisaxe berciana fixeron os nosos autores cun claro propósito de afondar nos valores do noso patrimonio entendido este sempre dunha maneira integral: historia, arte, natureza, cultura e lingua. Este repaso permitirá botar mao da figura de Sarmiento como primeira e fundamental referencia, pero tamén de autores diversos que garanten o contraste dese Bierzo que se expresa en castelán o de Gil y Carrasco, do que este ano celebramos o bicentenario, ou que o fai en galego, como Fernández Morales en el siglo XIX, e xa no XX con Carnicer e González-Alegre. Autores todos bercianos que utilizan distintas ópticas, prosa e verso para achegarse ao Bierzo patrimonial con outros ollos, como dicía Proust: «a verdadeira viaxe de descubrimento consiste non en buscar novos paisaxes, senón en mirar con novos ollos».
Contamos coa colaboración espléndida da Secretaría Xeral de Política de la Xunta de Galicia que trae a Vilafranca unas actuaciones didácticas de gran calidad para realizar o propio día en que naceu Sarmiento, afianzando así este encontro de escolares no ¨día do galego nos centros do Bierzo?. Este curso estos INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" contan ademais cunha segunda parte incorporando ao proxecto unha serie de concursos dos que no mes de maio se realizará a entrega de premios.
No apartado mesas redondas de debate que o ano pasado acordamos denominar ?os soños de Sarmiento? nesta edición realizaremos dous. Unha titulada: POLÍTICA LOCAL, DOCENCIA E LINGUA que se realizará o mesmo día 9 pola tarde e a outra: VILAFRANCA CAPITAL PATRIMONIAL, que se levará a cabo o día anterior. A primeira busca o eco que na administración local e comarcal ten a incorporación do programa de galego nos centros do Bierzo. A segunda ven sendo un intento de asentar un grupo de iniciativas de cara a poñer en valor o conxunto patrimonial da vila natal do Padre Sarmiento.
PROGRAMA DE ACTOS
Domingo 8 de marzo (Teatro de Vilafranca)
19.00: Mesa de debate: ?Os soños de Sarmiento? VILAFRANCA CAPITAL PATRIMONIAL: elaboración dunha proposta de recuperación patrimonial integral coa intervención dos colectivos culturais de Vilafranca e da comarca do Bierzo.
Agradecemos a colaboración dos Centros educativos onde se imparte Programa, dos colectivos e, especialmente, das autoridades locais e autonómicas que subvencionan as VII Xornadas Martín Sarmiento .
Luns 9 de marzo, TEATRO VILAFRANQUINO
SESIÓN DE MAÑÁ:
INTERCAMBIOS ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO?
9,30 h. APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE SECUNDARIA:
1ª SESIÓN: EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE SECUNDARIA: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo sobre A RIQUEZA DA OUTRA MIRADA que realiza cada centro que participa no Programa de galego no Bierzo. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego del EOI de Ponferrada.
10:00 h: SARMIENTO E A LINGUA: Brais Fernández de Xandobela. A actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
10,30 h.: Intervención das autoridades presentes da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León.
2ª SESIÓN:
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA. Presentación da iniciativa dos CONCURSOS ESCOLARES ?EN GALEGO NO BIERZO COMO MARTÍN SARMIENTO? .
11,15: ?MARIA FUMAÇA E ROSALÍA? de Uxía Senlle. A actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.
12,40 h.Breve intervención das Autoridades educativas presentes da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.
SESIÓN DE TARDE do Luns 9 de marzo,
TEATRO VILAFRANQUINO
16,30 h. MESA DE DEBATE: Os soños de Sarmiento.
Tema: POLÍTICA MUNICIPAL, EDUCACIÓN E LINGUA.
Presenta: Héctor M. Silveiro Fdez.
Modera: Ricardo López Témez, xornalista.
Interveñen:
- Representantes de Educación da Junta de Castilla y León e da Xunta de Galicia.
- Representantes do Consello Comarcal e alcaldes do Bierzo.
- Representantes da Comunidade Escolar Berciana: Un director, unha docente e un membro das ANPAS.
8 e 9 de marzo en Vilafranca do Bierzo
ITINERARIO SARMIENTO: Poderán visitarse os puntos QR para realizar un percorrido polos espazos biográficos de Sarmiento na súa vila natal.
1 de maio: TEATRO VILLAFRANQUINO
ENTREGA DO CONCURSO DE PREMIOS "EN GALEGO NO BIERZO, COMO MARTÍN SARMIENTO"
- Premio ao CARTEL DA FESTA DO MAIO 2015.
- Premios aos CALENDARIOS DAS TRADICIOIS, COSTUMES E PAISAXES DO BIERZO.
- Premios da campaña "FOTO CON SARMIENTO POLO GALEGO NO BIERZO".
|
|
|
|
|
|