Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
V XORNADAS ?MARTÍN SARMIENTO? 8 - 9 marzo, Vilafranca do Bierzo.
A Comisión Cultural ?Martín Sarmiento? aborda esta edición das Xornadas co título xenérico DAS LETRAS E DAS CIENCIAS CON SARMIENTO, por unha banda, coa intención de manter unha continuidade no seu traballo cos centros escolares á hora de afianzar a difusión da obra de Sarmiento e dar cabida a unha ampla participación no proxecto a través especialmente dos alumnos/as do Programa de Galego poñendo enriba da mesa un tríptico de autores e textos bercianos cos que traballar: Sarmiento, Morales e González-Alegre.
Por outra banda, desenvolvendo unha proposta de dinamización da oferta cultural da vila natal do erudito galego berciano con dúas mesas redondas de traballo unha sobre o Museo de Ciencias e Etnografía e outra arredor da cultura e Vilafranca.
PROGRAMA DE ACTOS 8 de marzo: Teatro de Vilafranca
11h: INAUGURACIÓN: Intervención da Alcaldesa e o Concelleiro de Cultura.
DAS LETRAS E DAS CIENCIAS
-Sarmiento: Na cela das letras e das ciencias por Héctor Silveiro Fernández.
11,30h. EXPOSICIÓN TRABALLOS DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES:
-Centros de Primaria e IES do Bierzo.
13h.: Intervención das autoridades educativas presentes. Entrega de Diplomas aos participantes.
Sábado 9 de marzo. DAS CIENCIAS E DAS LETRAS CON SARMIENTO
11h. ENCONTRO NO MUSEO DE CIENCIAS. Asociación Burval, A Morteira e Comisión Cultural Martín Sarmiento.
12,30h. ENCONTRO ABERTO SOBRE A DINAMIZACIÓN CULTURAL EN VILAFRANCA.
DO ENCONTRO ABERTO SOBRE A DINAMIZACIÓN CULTURAL EN VILAFRANCA.
As Xornadas Sarmiento tratan sempre de abrir portas, de poñer en marcha novas fórmulas de cara a mellorar o potencial cultura que Vilafranca, a capital histórica e cultural do Bierzo, ofrece. Convencidos de que a figura de Sarmiento debe ser un dos centros de interese a fomentar, conscientes de que este traballo en gran medida aínda está por deseñar e desenvolver insistimos no achegamento e na posta en común de puntos de encontro con outros colectivos culturais, coa administración local de cara a ir consolidando propostas e proxectos concretos cos que avanzar.
Esta mesa redonda esta aberta a participación de todas as asociacións e persoas interesadas na dimanización cultural coa idea de fortalecer proxectos en marcha como o da recuperación do Museo de Ciencias e favorecer todo tipo de iniciativas que poidan xurdir nesta posta en común.
SARMIENTO: NA CELA DAS LETRAS E DAS CIENCIAS.
Pedro Xosé García Balboa naceu en Vilafranca do Bierzo un 9 de marzo de 1695. Aos poucos meses trasladase coa súa familia a Pontevedra, onde pasará a súa infancia. Aos quince anos trasladouse a Madrid para ingresar no mosteiro bieito de San Martín.
Este será o lugar onde vivirá ata a morte, agás pequenos períodos de traballo en arquivos e bibliotecas e de docencia noutros mosteiros. Mais onde pasou a meirande parte da súa vida, o seu habitáculo de estudo e experimentación máis preciado era a súa cela. Unha cela de dimensiois maiores das que un monxe habitualmente usaba e que a mesma Orde lle ofrecera, como facía coa súa alta xerarquía, coa finalidade de rendabilizar a dedicación deste home sabio aos intereses da mesma. Só vai a abandonala para realizar unhas curtas viaxes a Galicia, pero que foron un revulsivo transcendental para o seus traballos.