O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Constituída a Comisión preparatoria da Mesa deTraballo das VIII Xornadas Martín Sarmiento.
Onte 30 de xaneiro quedou constituída a Comisión preparatoria para a realización dunha Mesa de Traballo que terá lugar o próximo 9 de marzo en Vilafranca do Bierzo con motivo da celebración das VIII Xornadas Martín Sarmiento (2016).

Ademais da celebración do Día Escolar do Programa do Galego no Bierzo, cos habituais intercambios de experiencias de centros de Primaria e Secundaria na presente edición tentarase darlle continuidade a unhas propostas de Dinamización Lingüística que nos comprometeramos a abordar en anteriores ediciois das Xornadas para o Bierzo que compaxinen a creación de novos espazos e a conservación dos usos tradicionais da fala galega na comarca.

A Comisión preparatoria, ademais de confirmar a data do 9 de marzo para a publicación dun primeiro Catálogo de propostas, acordou fixar unha nova data de reunión(a do 20 de febreiro) coa finalidade de ampliar a convocatoria dos participantes que logo intervirán no debates e concretar os contidos a debater nesa Mesa de Traballo das VIII Xornadas Martín Sarmiento para Novos espazos para o galego no Bierzo e que contaría en principio con cinco apartados:

1-Educación:Co obxectivo de mellorar o Programa de Promoción do Galego nos centros do Bierzo.

2-Cultura:Asentar circuitos culturais en galego con carácter descentralizado e permanente.

3- Literatura:Procurar a edición de novos materiais en galego.Preparación do Bicentenario do nacemento de Antonio Fernández Morales.

4- Medios de Comunicación:Procurar a presenza nos medios comarcais (radio, prensa,tv).

5- Administracióis locais, comarcais e autonómicas coas que concretar medidas específicas de planificación e dinamización lingüística no Bierzo.



Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 31-01-2016 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO INFORME DO COMITÉ DE EXPERTOS DO CONSELLO DE EUROPA
Galician in Castile and Leon:
Although the language has a certain presence in the education system, it needs to be strengthened. More measures are also needed to promote Galician in the media and in public life in general...The Committee of Experts urges the authorities to take resolute action to promote Galician in Castile and Leon.


A lingua galega en Castela e León:
Aínda que a lingua ten certa presenza no sistema educativo, ten que ser fortalecida. Máis medidas tamén son necesarias para promover o galego nos medios e na vida pública en xeral...O Comité de Expertos insta as autoridades a tomar accións decisivas para promover galega en Castela e León


Estas son algunhas das conclusiois que se derivan do novo informe elaborado polo Comité de Expertos do Consello de Europa que se realiza como revisión periódica do cumprimento por parte do Estado Español como asinante da denominada Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Trátase dunhas conclusiois esperables pois son obviedades que levamos reivindicando dende hai anos.

Entroutras informaciois que se solicitan están a de número de falantes cousa difícil de determinar. Parece ser que os datos con que se contan para o informe son do 2008 (Segundo o cuarto informe periódico, a partir dos datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística na súa "Levantamento das condicións de vida das familias. Ocio e hábitos culturais de 2008 ", preto de 50.000 persoas habitualmente falan galego nas áreas de lingua galega nas comunidades autónomas de Asturias e de Castela e León. O Comité de Expertos solicita información actualizada sobre o número de falantes galegos en Castela e León. (Na ilustración que acompaña a esta entrada presentamos un dos gráficos que entregamos en Compostela, xunto cun informe solicitado polo propio Comité de Expertos no transcurso da entrevista tida perante a súa última visita a Galicia).

Para consultar o informe enteiro e outros aspectos podes velo eiquí.

Reacción da Academia galega.
Comentarios (1) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 21-01-2016 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
NA VEIGA, UN CONCELLO DO GALEGO DE ASTURIAS
Acaba de saberse que nun concello do galego de Asturias, Veigadeo, veñen de facer unha proposta moi interesante, a de poder usar o galego da zona na administración do propio concello.

Podedes ver a nova eiquí ou máis ampla eiquí

Hai uns 70.000 galegofalantes en 51 concellos de Asturias, León, Zamora e Estremadura

Esta semana o concello asturiano da Veiga declaraba oficial o galego, recoñecendo así o dereito da súa veciñanza a empregalo nas mesmas condicións que o castelán. Un paso importante, pois era a primeira vez que un municipio da comarca de Navia declaraba o galego oficial no seu territorio. O galego ? tal e como lembra o portal lingua.gal- ten falantes en 15 concellos que fan parte do Principado de Asturias: Allande, Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Ibias, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión.

Mais non é A Veiga do Eo o primeiro concello fóra da Galiza administrativa en declarar oficial o galego. En 2006 declarou cooficial no seu territorio o galego o pequeno concello de Lubián (Zamora). E xa no Bierzo en 2001, A Veiga de Valcárce (León), mais poucos meses despois a alcaldesa decidiu retirar e anular o acordo de goberno que declaraba oficial o galego. En León son 25 os concellos con habitantes galego-falantes e en Zamora, cinco. Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-01-2016 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0