O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Preparando o programa das X XORNADAS SARMIENTO

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-02-2018 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO

Este martes, 21 de novembro xuntouse en Compostela a Comisión de seguimento do Programa de Promoción do Galego nos centros escolares de Castela e León do Bierzo e Seabra. Fixéronse públicos os datos das matrículas que volveron a medrar ao aumentar o número de centros de Primaria que imparten dito programa.

Podemos ver a nova en Bierzo Diario

Sabemos que cursar galego é un tanto un eufemismo, porque tanto en Primaria como nos primeiros cursos da ESO dáse en galego outra materia: Plástica na maioría dos centros de Primaria e unha hora semanal de Ciencias Sociais nas aulas da ESO. Cúrsase lingua galega como tal dende 4º da ESO e logo quen o desexa en Bacharelato, sempre que a LOMCE non o impida como así vén sendo nos cuatro últimos cursos nos que o posible alumnado da materia en bacharelato viuse mui reducida pola curiosa circunstancia de ter que asumir dar aulas de galego fóra do horario lectivo habitual no caso de escoller esta materia como optativa, cousa que a pesar dos mandatos unánimes do Parlamento Galego ou das protestas que chegaron tamén ao de Castilla e León, comeza un novo curso con esta clara discriminación. Habería muito logo que matizar sobre estes datos de 1001 alumnos/as de galego para o curso 2017/18. Benvido en todo caso este novo centro de Cubillos e o aumento de matrícula, mais debemos seguir pedindo unha ampliación do número de centros que impartan o Programa de Promoción do Galego no Bierzo como por exemplo: A Veiga de Valcarce, a Veiga de Espiñareda, Quilós, Viladepaus ou Carracedo.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 22-11-2017 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO NA EOI de PONFERRADA
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 05-10-2017 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DO SIMPOSIO DO BICENTENARIO DE MORALES

A Comisión Cultural Martín Sarmiento coorganiza xunto ao Instituto de Estudios Bercianos e a Real Academia Galega o Simposio do Bicentenario de Morales. Con este motivo presentouse o Programa previsto simultaneamente en Ponferrada e na sede da Academia na Coruña. A idea do Simposio que se asocia coas denominadas Xornadas de Autor, que tradicionalmente organiza o IEB, é poñer ao día as investigaciois que sobre Antonio Fernández Morales , o cantor do Bierzo en galego se veñen realizando nos últimos tempos e procurar unha maior proxección da súa obra máis singular: Ensayos poéticos en dialecto berciano .

PROGRAMA

15 de setembro
PONFERRADA
Lugar: Casa da Cultura

19.00 Inauguración da EXPOSICIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDIOS BERCIANOS : ANTONIO FERNÁNDEZ E MORALES.
19.30 Inauguración do Simposio do Bicentenario/ XI Xornadas de Autor: Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo.
19,45 Sesión sobre a BIOGRAFÍA DE MORALES: Conferencia inaugural ?Unha nova visión da vida de Antonio Fernández e Morales? polo profesor J.A. Balboa de Paz.
20,45 Actuación musical de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

16 de setembro
VILAFRANCA DO BIERZO

Lugar: Teatro vilafranquino Enrique Gil y Carrasco.
10.00 Sesión sobre a OBRA DE ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES: ?Ensayos poéticos en dialecto berciano?. Presidida polo Presidente da Real Academia Galega.
10.15 1. LINGUA: ?O dialecto do Bierzo, o galego no Bierzo? pola profesora Rosario Álvarez Blanco.
11.00 2. COSTUMES E TERRA: ?Tradiciois, terra e identidade na obra de Morales? polo profesor Héctor M. Silveiro Fernández.
11.45 3. LITERATURA: ?Morales no Rexurdimento? polo profesor Anxo Angueira Viturro.
13.00 Inauguración no Claustro de San Nicolás o Real da EXPOSICIÓN: ?ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES E O GALEGO NO BIERZO? DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Intervencións das autoridades presentes.
Lugar: Teatro vilafranquino Enrique Gil y Carrasco.
17.00 4.COMUNICACIÓNS:
- Unha achega ao léxico de Fernández Morales, Andrea Castelo Veiga.
-O redescubrimento de Fernández Morales, Xosé Henrique Costas.
- Rítmica e musicalidade nos poemas de Antonio Fernández Morales, Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

17 de setembro
CACABELOS
Lugar: Museo Arqueolóxico de Cacabelos (MARCA).

11.00 5. COMUNICACIÓNS:
- A poesía en Fernández e Morales, José Luis Puerto.
- Utensilios musicais, Héctor Luis Suárez.
- Cartas Inéditas de Antonio Fernández e Morales, Javier Fernández-Llamazares.
CLAUSURA:
- Recital poético por Anxo Angueira.
- Ofrenda floral no cemiterio da Edrada de Cacabelos ante a tumba de Antonio Fernández Morales coa intervención musical da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.


Colocamos a continuación algunhas das referencia sen prensa das presentaciois:
bierzodiario
Bierzo digital
Bierzocomarca
Diario de León
La Voz de Galicia
El Ideal gallego
Na sección de actualidade de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: AUTORES DO GALEGO DO BIERZO - Publicado o 12-09-2017 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
CARLOS CASARES NO DÍA DAS LETRAS DENDE O BIERZO

Cando o Bierzo se prepara para celebrar en próximas datas por todo o alto e como se merece no seu bicentenario a Antonio Fernández Morales, o seu cantor en galego, lembramos que foi o candidato que reclamamos á Academia Galega para homenaxear no Día das Letras Galegas do 2017. Mais hoxe 17 de maio, e como temos feito outros anos por esta data, quixéramos poñer en relación coa nosa comarca a Carlos Casares, á figura finalmente escollida e honrada neste día.

Hai tres momentos na vida de Carlos Casares nas que o Bierzo vai estar presente dun xeito singular. O primeiro lévanos ao Ourense da posguerra onde naceu. Carlos xa é todo un mozo e, tras dunha infancia na Limia, comezaba os seus estudos nun instituto da cidade e daba os seus primeiros pasos no que ía ser unha das súas facetas máis destacadas como autor, a de contador de historias. Os seus biógrafos sinalan na descuberta do creador de contos a presenza dun home que hoxe descansa no cemiterio de Vilafranca do Bierzo, Francisco Ogando Vázquez, un home con dúas paixóns a da docencia e a das letras galegas, ámbalas dúas querencias sóuboas contaxiar a aquel rapaz. Foi este docente quen o animou a presentar un conto a un concurso literario e quen o puxo en contacto co galeguismo e a intelectualidade ourensán. O propio Carlos Casares deixóunolo dito: ?O caso é que se convocou un concurso de contos e eu, que os escribía, pois mandei un par deles. Na clase de literatura, o meu profesor, que era Ogando Vázquez, dixo: ?Hoxe estamos de noraboa porque lle deron un premio a un alumno do instituto? E cando me felicitou, quedei atordado. Díxome que aquel día estaba convidado a tomar café co xurado, que estaba presidido por don Vicente Risco, así que imaxínate a emoción. Deste xeito foi como o coñecín.?

O segundo dos momentos que queremos subliñar é do seu labor como galeguista a carón de Ramón Piñeiro e ligado ao espertar da actividade política da Democracia recuperada tras da morte do ditador. Un Carlos Casares deputado independente nas listas do PSdeG ? PSOE que exerceu como un destacado promotor da Lei de Normalización Lingüística do 1983 da que foi redactor e na que no título V se inclúe a protección da lingua galega falada en territorios limítrofes con Galicia, como o Bierzo. Un primeiro paso para facer posible, anos máis tarde, o galego nos centros escolares da comarca. Por aqueles anos, Casares xa levaba escritas centos de columnas de opinión na prensa diaria, ingresara na Academia galega e publicara novelas de gran éxito editorial como Xoguetes para un tempo prohibido ou Os escuros soños de Clío ou inaugurar o teatro para público infantil coa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

Carlos Casares foi un home traballador, entregado á causa da literatura e da cultura galegas. Tras dos anos como Director de Galaxia acada novos éxitos como coa novela Ilustrísima, escrita no único idioma no que el escribiu e que nestes días vén de ser traducida ao inglés, aínda que xa, en vida de Casares, fora editada en castelán e francés. Verémolo moi preocupado porque no ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas ao Padre Sarmiento, o Bierzo estivese presente nos actos. A prensa deixou instantáneas daquel interese nunha entrevista co edil de Vilafranca do Bierzo xestionando a presenza do Consello da Cultura, institución que presidía dende o 1996. Mais a aqueles eventos lamentablemente non chegou ao morrer repentinamente no mesmo día no que nacera o seu admirado Sarmiento e do que acabara de editar pouco antes unha magnífica biografía. Era un 9 de marzo á mañanciña do 2002. O día anterior á súa morte entregara na editorial a versión definitiva da súa obra póstuma O sol de verán.

Un dato máis de última hora como epílogo. Nas librarías de toda Galicia este 17 de maio do 2017, os títulos de Carlos Casares, o homenaxeado, comparten o escaparate cos Ensayos poéticos en dialecto berciano do noso candidato Antonio Fernández Morales, unha nova edición de Positivas, unha editorial galego berciana dirixida por Paco Macías. Unha feliz coincidencia no Día das Letras.

Héctor M. Silveiro Fernández.

No Bierzodiario
e no bierzodigital

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-05-2017 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Galicia dos alumnos/as de galego do Bierzo

Onte volveron para o Bierzo os alumnos e alumnas do galego no Bierzo de Primaria e Secundaria que este curso , como en cursos pasados, realizaron esta viaxe de estudos por Galicia como complemento do seu achegamento ao galego e a súa cultura, unha iniciativa e todo un agasallo da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Na Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 13-05-2017 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
As familias bercianas apoian o Galego, agora no CRA DE CUBILLOS
A raíz das Xornadas Sarmiento deste ano saltou esta nova en prensa que segue xerando titulares. Esta apoio das familias a un programa de Promoción do galego vai medrando e temos que manifestar a nosa satisfación de colgar titulares que son positivos e que evidencian que os bercianos/as manteñan un interese claro pola fala e a cultura propias, sabendo que a súa introdución nos centros do ensino pode contribuír tamén a afianzar dereitos lingüísticos que temos e portas abertas ao futuro laboral dos seus fillos/as.

Titular de hoxe no Diario de León.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 03-04-2017 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Dignidade e identidade, á raíz das Xornadas
Sorprendeunos e conmoveunos gratamente un artigo de opinión que circula pola rede estes días, tras da celebración das IX Xornadas Sarmiento. Recomendamos encarecidamente a súa lectura e un pequeno exercicio de reflexión sobre o pasado, pero tamén sobre o futuro do galego no Bierzo que é inevitable tras ler o texto. Pedímoslle á autora, Raquel González Pol, de inmediato podelo reproducir neste blog e eiquí o deixamos: Chapurreando . Graciñas Raquel.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 29-03-2017 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRADAS AS IX XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Onte 14 de marzo foron realizadas as IX Xornadas Martín Sarmiento que inauguraban tamén as celebraciois do bicentenario de Antonio Fernández Morales. O Día do galego nos centros escolares do Bierzo volveu a ser un éxito en canto á participación.

O alumnado de Primaria de 13 centros bercianos onde se imparte o Programa de promoción do galego colgaron no teatro e nas rúas centrais de Vilafranca os seus traballos, unha interpretación plástica sobre os versos dos Ensaios poéticos en dialecto berciano. Serían os alumnos e alumnas de Secundaria os encargados de dramatizar distintos poemas: O Fiandón da aldea, Vilafranca e a Vendima, A Ponferrada,O Entroido...







mesmo alumnos da Escola Oficial de Idiomas realizaron unha lectura teatralizada do poema Na Volta da sega.


Podemos visualizar unha crónica na canle BIERZOTV

Logo chegaron os anuncios da realización dunha Exposición sobre o autor e o galego no Bierzo que percorrerá distintas vilas da comarca berciana e os discursos das autoridades educativas presentes Jesús Hurtado Olea da Consejería de Educación da Junta de Castilla y León e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que confirmaron a intención de ampliar a oferta do galego para o centro de Cubillos do Sil.

Así aparece recollido na propia páxina oficial da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta que subvencionou a actuación das Cantarolas para xente miúda de Senén Baamonde en Bierzo diario

Tamén se fixo eco do evento o diario La nueva Crónica
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 15-03-2017 06:13
# Ligazón permanente a este artigo
9 marzo do 2017 332 anos despois...
Hoxe fai 332 anos que nacía Pedro Joseph en Vilafranca do Bierzo, un meniño ao que a súa nai concedeulle un gran tesouro sen ela ser consciente daquel legado que lle ofrecía con cada cantiga de berce que lle cantaba, con cada palabra agarimosa co que acariñaba. Foi o seu idioma materno. A súa nai, posiblemente berciana, ou cando menos nativa e falante do galego oriental, chamaríao Perucho, mais, co tempo, recoñecido como un sabio erudito, foi Martín Sarmiento, hoxe considerado o pai das Letras Galegas.

Pois ben se este home é hoxe lembrado por nós, non o é polo seu lugar de nacemento, que con ser importante e logo de diversas controversias, ten singular transcendencia entre nosoutros porque nos permite incorporarnos a ese cúmulo de homenaxes e estudos que procuran difundir e popularizar o seu labor en campos non só relacionados coas Letras, senón tamén nos de diversas ciencias e coñecementos.

A nosa contribución á manter viva a súa memoria pasa por revitalizar constantemente o seu amor pola lingua materna que escuitou, por vez primeira no Bierzo un 9 de marzo, pero que non esqueceu e que defendeu ata a fin dos seus días sabendo legar unha chea de propostas e servindo de modelo mesmo para a escrita da literatura moderna en idioma galego. Precisamente un dos seus ávidos lectores, dos muitos que tivo no século XIX, foi Antonio Fdez Morales de quen celebramos o seu bicentenerio precisamente este ano. Este é, en definitiva, o motivo de que de novo xuntos, estes dous persoeiros das nosas letras comparezan da mao e sexa Sarmiento e as súas Xornadas en Vilafranca (que van pola IX edición) os que abran a porta dos actos do bicentenario do cantor do Bierzo en galego, autor dos Ensaios poéticos en dialecto berciano, o segundo libro do Rexurdimento galego, editado dous anos antes que esoutra obra considerada a máis emblemática deste movemento da literatura contemporánea galega, os Cantares de Rosalía.

Este ano as Xornadas, por cuestiois coxunturais, celébranse o próximo día 14 de marzo, pero é de xustiza que fagamos un pequeno recordatorio da data e que nos preparemos para afrontar no Bierzo un ano de gran importancia para o idioma que tanto amaba Perucho, amor que soubo comunicar e perpetuar en persoas como Antonio Fernández. Morales.
Comentarios (0) - Categoría: 300 anos con SARMIENTO 1695-1995 - Publicado o 09-03-2017 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0