O MEGO DA ESCOLA


Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROGRAMA DAS XII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO HOMENAXE A GONZÁLEZ-ALEGRE

PROGRAMA DE ACTOS

NO CENTENARIO DE
RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE


En 1920 nacía en Vilafranca do Bierzo Ramón González-Alegre. Destacado poeta, crítico literario e dramaturgo. Na súa obra en galego emerxe recorrente o seu Bierzo natal. O río Burbia e o Valcarce serán constante fonte de inspiración ao igual que os seus veciños, os galego-falantes da comarca aos que lles dedica o seu teatro en lingua galega.

A Comisión Cultural ?Martín Sarmiento? de Vilafranca, os alumnos/as e docentes do Programa de Promoción do galego na comarca, coa participación da Real Academia Galega, as autoridades educativas autonómicas, alcaldes do Bierzo e o seu Consello Comarcal entre outros entes bercianos renderán homenaxe a súa figura nestas Xornadas, conscientes da necesidade de incorporar novas iniciativas, xunto ao importantísimo labor educativo, para fortalecer o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual Programa de Promoción nos centros escolares e seguir abrindo novos espazos para o galego no Bierzo.

CELEBRAMOS
O DÍA DO GALEGO NO BIERZO

Chegamos xa á doceava edición das Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca asentando, curso a curso, o Día do Galego nos Centros Docentes do Bierzo e sumando iniciativas e administraciois locais implicadas. Este día, 9 de marzo, centos de alumnos/as vidos de distintos puntos da comarca presumen de cultura e identidade. Temos a certeza de que máis aló das aulas este sentimento estámosllo a contaxiar a outros sectores da sociedade berciana que perciben que vai sendo hora de arroupar o acordo de Promoción da Lingua Galega que leva 18 anos aplicándose e reclama un novo pulo.


Luns 9 de marzo 2020, VILAFRANCA DO BIERZO.
1.ª SESIÓN: : TEATRO VILLAFRANQUINO
?ENRIQUE GIL Y CARRASCO?

9,30 APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA:
HOMENAXE A GONZÁLEZ-ALEGRE NO SEU CENTENARIO: Intercambio Escolar dos IES do Bierzo que representarán unhas escenas teatrais e recitarán poemas do autor. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a de Galego da EOI de Ponferrada.

11,00 h.: No monumento a González- Alegre Ofrenda floral e intervención das autoridades presentes do Concello de Vilafranca, Consello Comarcal do Bierzo, Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León, ante o alumnado de Primaria e Secundaria do Programa de Promoción do Galego no Bierzo. A continuación o alumnado de Secundaria, docentes e as autoridades realizan un pequeno itinerario ata a Casa Natal do autor homenaxeado.

2.ª SESIÓN: Teatro de Vilafranquino.

11,30 APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
- ENREDANDO CON PAKOLAS, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Merallo,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Cubillos do Sil,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora Vilafranca.

13,00 h. CACABELOS
(Salón de actos do MARCA)


CONVOCATORIA DA IIIª EDICIÓN DOS PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA
NO BIERZO E SANABRIA. Impulsados polo Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas no Bierzo coa colaboración das autoridades e entes que tamén contribúen á posta en marcha das presentes Xornadas

SESIÓN DE TARDE 9 de marzo
Teatro vilafranquino
?Enrique Gil y Carrasco?


16:30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
Trátase dun encontro de docentes, autoridades educativas, Real Academia Galega, administraciois e asociaciois culturais bercianas para realizar un seguimento das actividades levadas a cabo e concretar novos compromisos coa lingua galega no Bierzo, entre outros a elaboración dun borrador de convenio de colaboración entre a Real Academia Galega e o Consello Comarcal e outras entidades do Bierzo.

18.00 h. CORULLÓN
(Local Social de Corullón)


PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DE
MATERIAIS PARA O GALEGO NO BIERZO
DA COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO


?UNHA CALA NO BIERZO OCCIDENTAL (Corullón)?
de Elixio Rivas Quintás (Edicións Positivas)

Contaremos coa presenza do autor, da editorial e do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, entidade que subvenciona a edición. Trátase da primera publicación da Comisión Cultural Martín Sarmiento sobre aspectos culturais e lingüísticos localizados nestes caso en Corullón. Este acto servirá de Clausura das XII-Xornadas Martín Sarmiento no Día do Galego no Bierzo.

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS MARTÍN SARMIENTO - Publicado o 10-02-2020 05:43
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo toque de atención do Consello de Europa sobre o galego

De novo o Consello de Europa advirte que no tocante á promoción, ao uso e ao ensino en galego hai que abordar un cambio porque se considera insuficiente o que se está realizando ata o de agora.

Diversos medios analizan o recente estudo que levou a cabo o Comité de expertos do Consello de Europa tomando como referencia a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias asinada polo Estado Español en 2001.

Este informe provoca a disconformidade do goberno galego, namentres alimenta a crítica dos grupos da oposición e de entes como a RAG ou ILG ou a Mesa que reclaman un cambio.

Sobre o galego exterior ou estremeiro, o Comité sobrancea a escaseza ou ausencia de medidas efectivas no ensino e na administración en Asturias e Estremadura, mentres segue a considerar moi deficiente a oferta educativa en Castela-León.

As administracións asturiana, castelá-leonesa e estremeña ignoran na práctica o seu patrimonio lingüístico e permiten o esmorecemento do galego nestas zonas. O Comité recomenda o establecemento de contactos con comunidades onde se falen ?linguas semellantes ou idénticas?, algo ao que se negan repetidamente Asturias e Estremadura, ignorando deste xeito o mandato de Europa.


A Voz de Galicia

RAG

Sermos

Prolingua
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-12-2019 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
SARMIENTO na viaxe sobre a idea e a palabra Rexurdimento.

Organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo na Biblioteca da EMAO, onte día 3 de decembro presentouse o libro de Anxo Angueira recentemente editado en Xerais titulado: REXURDIMENTO, A IDEA E A PALABRA.

Manuel Forcadela e Méndez Ferrín acompañaron ao autor? Manuel Forcadela destacou que o Anxo Angueira que se presentaba non era nin o poeta, non o narrador senón o Angueira profesor, docente e investigador, crítico literario para poñer no centro do debate un concepto que se asenta no ano 1980: O Rexurdimento. Como logo dixo Ferrín efectivamente na Historia da literatura Galega podemos dicir que houbo moitos rexurdimentos, pero se cadra no sentido estrito da palabra e do concepto dependente do Renacimento, italiano ( ou a Renacenza en Calatunya) o que en Galicia hoxe se entende por Rexurdimento é máis ben a Renacenza e habería que situala, como puntualizou logo Angueira, no comezo do século XX coincidindo coas Irmandades da Fala e a Xeración Nós.

Outro dos eixes deste estudo pretende situar, despois de ler o contexto no que xorden as denominaciois do Renacemento na crítica literaria europea, un punto central da nosa Literatura Contemporánea na singular figura Sarmiento, poñendo de paso en solfa o perverso concepto de Séculos Escuros. Este autor do XVIII é referencia esencial para os autores que ben se podían denominar precursores no XIX.

A idea da Alba e o espertar ligado máis a un comezo que un rexurdir no que hai que tamén saber analizar textos que como En las Orillas del Sar, tan galegos como Cantares ou Follas Novas.

Ferrín comentou que a nosa Literatura Clásica está escrita en latín, no latín da Gallaecia romana de Prisciliano, Egeria ou Orosio e sinalou como a literatura feminina atópase poderosamente representada como nun continuum ao longo da historia da nosa literatura. Insistiu en que houbo un período anterior máis humilde e arcaico que o que logo será o esplendor da Lírica galaica medieval descoñecido, pero evidente. Denuncia que Carballo Calero non citase a Sarmiento porque as súas 1200 coplas lideradas por unha muller traballadora (outra de tantas nese continuum literario da muller nas nosas letras) non debeu consideralo representativo. Angueira confesou que o discurso de Méndez Ferrín en 2002 no Teatro de Vilafranca do Bierzo no Día das Letras Galegas dedicadas a Sarmiento cambiara a súa visión deste autor central e do seu Coloquio de 24 galegos rústicos. como precedente de X. M. Pintos en Pontevedra, de Morales no Bierzo, de Rosalía de tantos e tantos outros... e dunha literatura que non é romántica no sentido do Romantismo da literatura castelá, afirmou Ferrín ao que logo Angueira insistiu indicando que a literatura galega do XIX é realista non romántica.

Unha fortuna poder asistir a esta presentación dun libro que nos invita a repensar a nomenclatura coa que bautizamos aos períodos da Literatura Galega. Como reza no limiar do libro unha lectura que é unha viaxe enriquecedora e fértil sobre a idea e a palabra.
Comentarios (0) - Categoría: PUBLICACIOIS - Publicado o 04-12-2019 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
A Comisión Cultural promove a edición dunha Cala no Bierzo Occidental de Elixio Rivas.

Comentarios (0) - Categoría: PUBLICACIOIS - Publicado o 19-11-2019 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo curso para o galego no Bierzo
Un primeiro dato sobre a perspectiva do presente curso de galego nos centros escolares do Bierzo está na prensa, na que sae unha referencia ao aumento de alumnado matriculado en galego:

Galicia confidencial
Diario de León
sermos
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO NOS CENTROS DO BIERZO - Publicado o 17-11-2019 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
MESTRE, EMULA AO RISEIRO SARMIENTO


Nas primeiras liñas de 200 gramos de patacas tristes o autor cita ao seu conveciño, o riseiro Sarmiento, na cabeceira do seu primeiro libro en galego. O ilustrado de Vilafranca do Bierzo foi unha das referencias iniciais á hora de "volver á casa do ser", explica J. C. Mestre.
Mestre, ao igual que Sarmiento, volve a súa mirada cara a terra natal para, cavando na identidade, provocar un revulsivo entre bercianos e galegos de dimensiois futuras evidentes, fértiles e esperanzadoras. Esta aposta pola lingua, como a do erudito ilustrado considerado o pai dos seus estudos filolóxicos, é consecuencia dunha convicción rotunda: "hoxe ser cultos implica tamén falar galego".

Como Sarmiento nese pequeno gran libro cargado de ironía titulado "Coloquio dos 24 galegos rústicos" (tamén coñecido como Coloquio en 1200 coplas), Mestre levou ao título un número, 200 gramos, outorgándolle ademais aos textos un marcado e inegable ton irónico. Esta clave retranqueira, como dixo Anxo Angueira, é un recurso a todas vistas sarmentiano.

Na súa alocución no Teatro de Vilafranca na presentación no Bierzo da súa obra en galego, Mestre comezou nomeando ao seu conveciño Martín Sarmiento e realizou unha enumeración de oficios e persoas da súa infancia e adolescencia partindo da panadería familiar que lembran ás que o Pai das Letras introducira á hora de describir o mercado de Pontevedra. Como ben acertou a dicir X.L. Ferrín na valoración desta publicación histórica, Mestre manifesta "unha clara lealdade coa literatura escrita en galego no Bierzo."

A seguir deixamos un dos enlaces nos que se poden ler unha crónica do acontecido no Teatro Vilafranquino o pasado sábado 12 de outubro, en concreto a asinada por Suso Varela nas páxinas de cultura da Voz de Galicia.







Comentarios (0) - Categoría: AUTORES DO GALEGO DO BIERZO - Publicado o 16-10-2019 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
O Rexurdimento a partir de Sarmiento?

Anxo Angueira vén de publicar un tratado sobre o Rexurdimento no que se cuestiona o termo en base a impronta de Sarmiento no XIX como pode verse nesta reseña que saiu na prensa.
Comentarios (0) - Categoría: DE SARMIENTO A ROSALÍA - Publicado o 30-09-2019 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
AULA ACTIVA DA NATUREZA

O texto que colgamos a seguir é un dos primeiros documentos realizados pola Comisión Cultural Martín Sarmiento no seu primeiro ano de existencia realizado coa intención de desenvolver o que chamamos PROXECTO MARTÍN SARMIENTO PARA O BIERZO e que a figura do polifacético ilustrado aunase varias iniciativas co punto de mira posto no Patrimonio Cultural e Natural da súa vila natal e a contorna aproveitando varios espazos como eran a Casa Natal de Sarmiento, o Museo de Ciencias Naturais dos Padres Paúis (precisado daquela dunha recuperación) e as instalaciois da "Escuela Hogar" que permitirían poñer en marcha a primeira Aula da Natureza no Bierzo.

O documento apoiado polo Claustro do Colexio San Lorenzo de Brindis foi presentado tanto ao goberno municipal como ás autoridades educativas de León que nunca responderon a esta proposta cargada de futuro.

Texto en PDF da AULA ACTIVA DA NATUREZA "MARTÍN SARMIENTO" (versión en castelán enviada a Léon)
Comentarios (0) - Categoría: BIERZO NATURAL - Publicado o 25-08-2019 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
SARMIENTO E OS XIGANTES DE PONTEVEDRA

Onte presentouse en Pontevedra o libro "Los Gigantes de Pontevedra"de Leoncio Feijóo Lamas. Tiramos deste libro tres citas con palabras de Sarmiento sobre estes xigantes, o festexo que os fixo aparecer e o seu significado.

"Puedo decir que el primer objeto que se imprimió en mi memoria han sido unos gigantones que vi en la procesión del Corpus, acordándome al mismo tiempo de la casa, calle y celosía detrás de la cual la vi... Habiendo hecho el cálculo, los dichos gigantones de la dicha procesión del Corpus de Pontevedra hicieron la primitiva y primera impresión en mi memoria siendo yo de ventiséis meses y veintiún días. Antes de esa impresión, de nada de nada me acuerdo, ni siquiera confuso..." (referencia ao ano 1697)

"Sería cosa muy instructiva si se escribiera una colección de todos los diferentes modos que hay de celebrar la fiesta de Corpus y de todos los objetos que componen la procesión en cada país. A dos principales clases se podrán reducir todas las representaciones: unas a significar el Sacramento o cosas de Él, y otras a representar el Daiblo, Muerte y Pecado como cautivos que se llevan en triunfo para juguete y diversión de los niños y para escarnio de todos... (los gigantones) representan todo el infierno vencido y que por esto salen como en triunfo en la procesión de corpus y después, sin venir al caso, sacan en otras fiestas". (Escrito aproximadamente en 1750).

No Coloquio en 1200 coplas galegas (1746) Sarmiento deixou unha terceira referencia a estas figuras festivas:

" ¿ Non vistes na Vila
o ano postreiro
no día de Corpus
festiña de Deus
aqueles Xigantes
que van derradeiros
da Coca e da Nao
e fan novo gremio?
(coplas 532-533)
Comentarios (1) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 08-08-2019 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o Cebreiro e as cebras en Sarmiento

Sarmiento fixo unha disertación sobre o asno cebral e claro relacionouno co topónimo do Cebreiro. Son varias as publicaciois que se fan eco deste asunto. Imos deixar eiquí unha de tantas na web de Galiciencia: Pero había cebras no Cebreiro?
Comentarios (0) - Categoría: CURIOSIDADES SOBRE SARMIENTO - Publicado o 05-08-2019 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0