Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FERNÁNDEZ MORALES, LETRAS GALEGAS 2011 |
|
Unha vez celebrado o Día das Letras do ano 2010 desde o Bierzo estamos solicitando á Academia Galega que sexa Fernández Morales, o poeta berciano escollido no 2011 como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas. Por este motivo invitamos a calquera alumn@ do Programa de Galego no Bierzo ( ou a calquera dos seus compañeir@s que se están de acordo remitan un email á secretaria@realacademiagalega.org antes do 25 de xuño, o texto que debería levar o nome de quen asine esta solicitude pode ser o que segue:
Proposta de carta Solicitude a RAG dos alumn@s dos centros de Ensino:
???????????????????.. alumno/a do IES / CEIP ????????????? matriculado no programa de Programa para a Promoción do Idioma Galego nos centros de ensino do Bierzo.
Retomando unha solicitude xa realizada ao anterior Presidente da Academia nun acto no Bierzo no ano 2007 no que se propoñía simplemente se considerase nunha data futura sen concretar a Antonio Fernández Morales como autor digno de ser tomado en conta para a celebración do Día das Letras Galegas, diríxome á institución que vostede preside co fin de solicitar que a RAG propoña ao este poeta berciano como figura para ser homenaxeada no próximo ano, 2011, no Día das Letras Galegas coincidindo co cento cincuenta aniversario da publicación do seu libro ?Ensayos poéticos en dialecto berciano? (1861), libro publicado dous anos antes dos ?Cantares gallegos? de Rosalía de Castro, obra de gran interese como precursor da escrita en galego do Rexurdimento, un importante aporte a este período realizado dende o Bierzo galegofalante.
Fernández Morales nado en Astorga, viviu dende pequeno e unha gran parte da súa vida en Cacabelos, onde aprendeu galego na convivencia diaria cos seus veciños, do mesmo xeito que hoxe facémolo nós voluntariamente na escola (como seguramente vostede sabe) para así formar parte do seu acervo cultural. Militar liberal e progresista (entre 1841 e 1845 estivo destinado en Tui), foi gobernador militar de varias provincias españolas e entre outros cargos políticos, foi Deputado Provincial por Vilafranca no ano 1872, lugar onde coñecera en 1847 ao filólogo Mariano Cubí, quen o animara a escribir en galego. A pesar dos distintos destinos e ascensos, sempre tivo casa no que consideraba a súa terra, en Cacabelos, onde tamén foi soterrado no cemiterio da Edrada o 16 de agosto do 1896.
Os alumnos/as de galego do Bierzo agradecémoslle pois que faga o posible para que esta solicitude humilde e sincera feita co mellor dos propósitos para o futuro da lingua galega no Bierzo sexa finalmente unha realidade o próximo maio do 2011.
En ?????????? a ???. de xuño 2010
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|