Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un ano máis sen a súa casa, pero o Proxecto Sarmiento segue avanzando en Galicia |
|
Levamos anos reivindicando a recuperación da Casa Natal, mellor dito a construcción dun edificio no solar onde estaba a casa onde naceu Sarmiento en Vilafranca do Bierzo. Será algún día, iso esperamos, un lugar onde este personaxe fundamental das Letras Galegas e da Ilustración Europea, en pleno Camiño a Compostela teña unha referencia permanente para os milleiros de peregrinos que seguen pasando a Compostela que entran a Galicia pola Portaxe de Vilafranca e pasan sen saber que a poucos metros do río que cruzan naceu un insigne ilustrado, un mestre erudito que nos pode servir de magnífico guía por estas terras as do Bierzo e as de Galicia que tanto amaba, polas que el tamén foi viaxeiro incansable e das que elten escrito miles e miles de páxinas, de curiosidades e de tratados específicos, algúns moi importantes (como os referidos á súa lingua materna, o galego) outras máis anecdóticos e chocantes ( como o referido a un misterioso animal, exemplar cazado en San Pedro de Montes. Sarmiento segue a ser unha signatura pendente das Comunidades Autónomas de Castela e León e de Galicia, unha asignatura pendente do Xacobeo e o propio Concello de Vilafranca incapaces de comezar unha obra que contaba con informes e planos e á que só restaba poñer data para colocar a acostumada primeira pedra.
Namentres na súa vila natal nada se move, mesmo está gardada a Exposición que sobre Sarmiento e a Galicia do seu Tempo foi cedida ao Concello de Vilafranca polo Consello da Cultura Galega para a súa colocación na Casa Natal, cando o proxecto de rehabilitación do espazo estaba xa en trámites da aprobación definitiva e que segue sen atoparse para ela unha ubicación nos locais dos que o goberno municipal dispón.
No seu día o Congreso Internacional Sarmiento e o seu tempo realizado polo Consello da Cultura Galega foi un fito fundamental para realizar posteriormente outros poñer en marcha outras iniciativas como a que se denomina "Proxecto Sarmiento" unha das fontes máis completas para coñecer en profundidade a vida e mais a obra do erudito e ilustrado galego-berciano. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|