Blog da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.
A importancia da fala e a ferramenta da norma son hoxe unha das claves que os nosos alumn@s de galego deben comprender.
Este proxecto de intercambio a través da Rede seguindo o camiño ou o camín de Sarmiento, o seu "modus operandi",é dicir, o seu modo de traballar coa lingua, foi un dos obxectivos que nos marcamos e da súa consecución estamos realmente moi satisfeitos.
Moitos ou muitos son os temas que se poderían seguir traballando conxuntamente para saber máis sobre a lingua que nos une e, á vez, coñecermos mellor a nós mesmos. Desde aquí agradecemos ás direcións ou direciois dos centros que colaboraron neste proxecto (o IES Padre Sarmiento de Vilafranca e CPR San Narciso de Marín) a súa disposición, pero especialmente temos que agradecer aos alumn@s que participaron o seu interese e esforzo por levar a cabo este proxecto que estamos seguros terá continuidade en próximos cursos.
Imos, pois, rematar esta serie de traballos compartidos entre alumn@s de 4º da Eso de Marín e do Bierzo por este curso con dúas tradicións(no Bierzo dise tradiciois) que están presentes nos dous lugares, o entroido e os maios.
Xosé Álvarez e Héctor Silveiro. profesores de galego no IES Padre Sarmiento e CPR San Narciso